Mobilizacións polos compañeiros despedidos en ASFEDRO

Venres, 03 Febreiro 2012 13:44
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
No mes de outubro tivo lugar o despedimento en ASFEDRO (Asociación Ferrolá Drogodependencias) de dous compañeiros. A traballadora, unha mestra, gañou en primeira instancia o xuízo. Lembrámosvos que estes despedimentos déronse despois de moito tempo de ter a estes traballadoras/es sen carga de traballo e feitos a un lado.
  
A Directiva de ASFEDRO decide facer os despedimentos no mes de Outubro, amparada nos recortes orzamentarios, que son certos, pero que non xustifican unha saida tan indigna das/os compañeiros con 20 anos de prestación de axuda á nosa mocidade. Os despedimentos tiveron outros motivos que nada tiñan que ver cos económicos ainda que se aproveitase a ocasión como se desprende da primeira sentencia.
  
FIXEMOS CONCENTRACIÓNS NO MES DE XANEIRO, CÓMO PROTESTA E EN APOIO DA COMPAÑEIRA DESPEDIDA; NO MESMO SENSO FAREMOS VARIAS CONCENTRACIÓNS EN PROTESTA POLO DESPEDIMENTO DO OUTRO COMPAÑEIRO EDUCADOR SOCIAL.
 Pedimos a vosa colaboración, en apoio do compañeiro e denuncia dun inxusto despedimento.
kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru