Expedient-e: Solicitude de asesoramento

Venres, 05 Agosto 2011 11:50
Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Para calquera dúbida respecto ao Expedient-e, a Área Sanitaria dispón dun Punto de Apoio ó Expedient-e, que se ocupa da xestión da información e asesoramento en relación con este novo expediente electrónico.

No caso de precisar asesoramento na xestión do expedient-e, podedes solicitar unha CITA PREVIA co Formulario de petición de Cita Previa  que se vos adxunta e que está tamén á vosa disposición tanto na Intranet como no PAT. Debedes facer chegar esta solicitude cuberta ó PAT, ben persoalmente ou ben a través do enderezo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo . A Área porase en contacto para darvos unha cita para acudir ó Punto de Apoio ó Expedient-e, que é onde se facilita o asesoramento na xestión.

Este Punto de Apoio, atópase no andar baixo do Hospital Arquitecto Marcide, ó carón da Dirección de Área, preto do Punto de Atención ó Traballador (PAT) que está no mesmo corredor.  Se tedes algunha dúbida cando o actualicedes, podedes poñervos en contacto co Punto de Apoio ó Expedient-e chamando á Centraliña da Área (981334000) e pedindo que vos pasen coa extensión 267152. En todo caso, se tedes algunha dúbida, podedes poñervos en contacto con nos chamando aos nosos teléfonos do Sindicato.

Descargar formulario de cita previa co PAE

kaz-news.ru | ekhut.ru | omsk-media.ru | samara-press.ru | ufa-press.ru