CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Formación

Aberto o prazo de matrícula na Escola Oficial de Idiomas para os exames libres

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Xa está aberto o prazo de matrícula para facer os exames "libres" para obter os certificados da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol. Tedes toda a información na páxina web www.eoiferrol.org 

Dito prazo de matrícula estará aberto ata o 28 deste mes.

Para todos os inscritos nos cursos do ano 2010

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
Todos aqueles que fixestes a inscrición para os cursos ofertados para este ano 2010, deberedes pasar á máxima brevidade posible, ben polo local do sindicato no Hospital A. Marcide ou ben polo local de FORGA (Poligono do Río do Pozo, rúa dos Ferreiros 173/174) para cubrir un novo modelo de solicitude que ten que ir asinado polo solicitante.

Tamén podedes descargar o modelo de solicitude da páxina FORGA.ORG e envialo ao fax 981386400, cuberto só cós vosos datos persoais e asinado. O enlace á ficha que tedes que cubrir é: http://forga.info/forga/Ficha.pdf

 

Cursos presenciais do Gabinete de Saúde Laboral da CIG Saúde 2010

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

Proposta do Gabinete Saúde Laboral da CIG-Saúde Ferrol para afiliados a CIG-Saúde para o ano 2010:

a) Curso básico en Prevención de Riscos Laborais(55 horas):
2 edicións(marzo/novembro)

b) Xornada de "Mobilización e traslado de doentes": 2 edicións(abril/outubro)

c) Xornada de "Comunicación de Accidentes de Traballo na Área Sanitaria de Ferrol". Para todo o persoal.

c) Xornada de Riscos no Hospital(Biolóxicos, químicos, etc)

 

Se estades interesados en facer algún destes cursos, podédesvos preinscribir. Achegádenos ao local sindical no A. Marcide a seguinte folla de preinscrición cumprimentada(descargar folla preinscrición para cursos GSL) ou enviádea ao email Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Cursos FEGAS 2010

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

Publicada a convocatoria de cursos FEGAS para o ano 2010. Os prazos de inscrición son:

-nas actividades a celebrar no 1º semestre do 5 ao 20 de febreiro
-nas actividades do 2º semestre é do 5 ao 20 de xuño

Coma no ano anterior as inscricións serán só vía web e contades con toda a información na dirección http://www.fegas.es/

Descarga a relación de cursos FEGAS na Área Sanitaria de Ferrol

Cursos FORGA presenciais 2010

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

Os seguintes cursos serán organizados no ano 2010 pola FORGA GALIZA: Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galicia (FORGA)

Proposta 2010 para traballadores en activo:

a) Informática Básica. 25 horas.

b) Dereitos e deberes do Empregado Público. 20 horas.

c) Lexislación laboral Sanitaria. 25 horas.

d) Mobilización e traslado de doentes. 20 horas. 2 edicións.

Se estades interesados en facer algún destes cursos, podédesvos preinscribir. Achegádenos ao local sindical no A. Marcide a seguinte folla de preinscrición cumprimentada(descargar folla preinscrición para cursos FORGA) ou enviádea ao email Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Cursos de formación online da FORGA

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

CURSOS DE FORMACIÓN DA FORGA ON LINE: Entra na web da formación on line da CIG.

FORGA loita polo emprego e pola mellora das condicións de traballo é consubstancial coa Confederación Intersindical Galega. A formación é unha ferramenta máis para acadar estes obxectivos.

Con esta vontade nace o 3 de Outubro de 1996 a Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galicia (FORGA) para constituirse nunha ferramenta eficaz, áxil e útil que incremente a cualificación profesional dos/as traballadores/as, aumentando nuns casos as posibilidades de atopar traballo, e noutros posibilitando a promoción profesional dos/as traballadores/as en activo.

ACTIVIDADES
- Cursos para traballadores/as en Paro
- Cursos para traballores/as ocupados/as
- Cursos para traballores/as das Administracións Públicas
- Técnicas de Procura de Emprego
- Organización de Congresos e Xornadas Técnicas para Mellora dos Métodos de Formación
- Edición e Publicación de Estudios Relacionados coa Formación, Orientación e Inserción Laboral

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48