CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Denuncia

Adhírete ao manifesto de SOS Sanidade Pública

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

manifestacionjpgA CIG-SAÚDE está integrada na Plataforma Galega SOS Sanidade Pública, convocante dunha manifestación, que terá lugar en Compostela o vindeiro domingo 21 de Novembro con saída ás 12 do mediodía da Alameda, convocada baixo o lema contra a privatización e na defensa e mellora da Sanidade Pública.

 

Na páxina www.sos-sanidadepublica.org tedes o manifesto, ou ben podédelo ler premendo no botón "ler máis" desta noticia e tamén, podedes adherirvos a el, tanto a nivel individual como colectivo, enviando un mail ao Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo solicitando a vosa adhesión ao manifesto.

 
Haberá servizo de autobuses desde distintos puntos da comarca. Nuns días colgaremos nesta web os teléfonos para anotarse a eles.













Máis...

Comunicado da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol sobor das listas de espera

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
Segundo os últimos datos oficiais feito públicos polo Servizo Galego de Saúde o pasado venres se confirma o que desde esta Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol viñamos denunciando:

Traumatoloxía pasa de 3281 pacientes en lista de espera cirúrxica no ano 2009 a 4097 pacientes no 2010. Ademais os días de espera no 2009 eran de 74 días e no 2010 é de 88 días co que a espera cirúrxica en Traumatoloxía se incrementa en 14 días.

Temos que engadirlle a que a lista de espera en consultas para Traumatoloxía está entre os 180 e os 210 días como consta en diferentes reclamación formuladas por pacientes da Área Sanitaria tanto no Servizo de Atención ó Doente como a través do Rexistro do Complexo Hospitalario.
Máis...

Dous delegados da CIG en folga de fame para esixir unha reunión co Ministerio de Industria e tratar as consecuencias do decreto do carbón

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
Fernando Branco e Alberte Amado manteñen a súa protesta nunha caravana instalada diante do Concello de As Pontes
 
O pasado sábado 16 de outubro, o delegado da CIG en Endesa, Fernando Branco, e o responsábel da Unión Local da CIG de As Pontes, Alberte Amado, iniciaban unha folga de fame para demandar unha reunión urxente co Ministro de Industria, co obxecto de analizar as consecuencias para Galiza da aplicación do Decreto do Carbón, así como reclamar unha modificación do mesmo que evite o total paralización das centrais de Meirama e As Pontes. A decisión de incrementar as medidas de presións chegou logo de que o goberno estatal non respondese a petición da CIG e ante a previsíbel entrada en vigor do decreto en tan só uns días. Non obstante, dende a central sindical advírtese que as accións reivindicativas non cesarán “porque a CIG non vai permitir un novo Astano”.
Máis...

24 de outubro, manifestación comarcal contra o decreto do carbón

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

MANIFESTACIÓN COMARCAL

CONTRA O DECRETO DO CARBÓN

 

Polo dereito a producir,

polo dereito ao traballo na nosa terra!!

 

DOMINGO 24 DE OUTUBRO ÁS 12 HORAS

(con saída de diante do Centro de Saúde Fontenla Maristany)

 

convocatoria_manifa_decreto_carvom 

O DECRETO DE PROVISIÓN DE PRAZAS AO LIXO

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

     

O DECRETO DE PROVISIÓN DE PRAZAS AO LIXO: aplicación da mobilidade forzosa sen consulta previa aos órganos de representación dos/as traballadores/as da ASF 

 

O Decreto 206/2005, de 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, no seu Capítulo IV, Sección 2ª, Art. 31, expón: “Excepcionalmente os directores ou xerentes dos centros e establecementos sanitarios do Servizo Galego de Saúde, ou, de ser o caso, os directores das áreas sanitarias, poderán cambiar, temporal ou definitivamente, o persoal de posto de traballo, localidade ou centro, dentro da mesma área sanitaria, sempre que a medida estea xustificada por razóns imperativas da organización sanitaria. A resolución do órgano directivo motivará as ditas razóns, xustificando o carácter individual da medida adoptada e as propiedades específicas que reúne o destinatario en relación co resto do colectivo de persoal. Esta medida adoptarase respectando as condicións laborais e económicas do profesional e logo do informe dos órganos de representación do persoal. Cando esta medida veña imposta por unha reordenación de carácter colectivo, a mobilidade forzosa executarase en atención á voluntariedade do persoal afectado, e, subsidiariamente, de acordo cun procedemento suxeito a baremo, logo de tratamento no seo dos órganos de representación do persoal”

 

Pois ben, a consulta e información aos órganos de representación do persoal da ASF, no referente ao traslado das unidades do Novoa Santos para o Hospital Naval, foi a seguinte:

 

- Xuntanza da Dirección da Área Sanitaria coa Xunta de Persoal,  25 de xuño de 2010: infórmase do traslado da Unidade de Coidados Paliativos e a Unidade de Medicina Interna do Hospital Novoa Santos ao Hospital Naval.

- 20 de setembro de 2010: a Dirección de Área informa á Xunta de Persoal que o traslado da Unidade de Coidados Paliativos se fará efectivo o 27 de setembro de 2010, e o traslado da Unidade de Medicina Interna (con operatividade completa no Hospital Naval) a partires do 4 de Outubro de 2010.

- Xuntanza da Dirección da Área coa Xunta de Persoal, 24 de setembro de 2010: a Dirección informa que é un traslado “en espello” (mesmos medios e mesmos recursos humanos que se cambian de centro) e que farase efectivo utilizando medios propios, sendo coñecedores os órganos de representación do número de profesionais de cada categoría que serían obxecto de mobilidade forzosa. Nesta xuntanza, a Xunta de Persoal expón que é coñecedora, e non por medio da Dirección de Área, do número de profesionais obxecto de traslado forzoso.  Denuncia perante a Dirección que o apartado regulado no Decreto 206/2005 de provisión de prazas, onde di que a mobilidade forzosa adoptarase logo do informe dos órganos de representación do persoal, así como baixo un procedemento suxeito a baremo logo do tratamento no seo dos órganos de representación do persoal, non foi respectado neste proceso, xa que foi executado de forma totalmente allea a este órgano de representación, tal e como demostra o feito de que algún traballador xa recibira a orde escrita de mobilidade forzosa.

 

 

Por todo o anterior, CIG-saúde abandonou a xuntanza do 24 de setembro e DENUNCIA:

 

  • O traslado da Unidade de Coidados Paliativos e a Unidade de Medicina Interna do Hospital Novoa Santos ao Hospital Naval, ambos Hospitais pertencentes a Área Sanitaria de Ferrol, CONLEVA O TRASLADO FORZOSO DO 50% DA PLANTILLA DE CELADORES

 

  • A Dirección de Área decidiu os criterios para aplicar a mobilidade forzosa (que profesionais deben marchar e cales non) sen ter requirido o posicionamento dos órganos de representación neste senso. Este posicionamento é requisito previo á adopción das medidas colectivas de mobilidade forzosa, pois así o lexitima claramente o Decreto 206/2005. Requisito que esta central solicita, lexitimamente, sexa respectado pola Dirección de Área.

 

  • Non é xustificable e carece de calquera amparo legal que a Dirección utilice un criterio froito doutros procesos de mobilidade no Área de hai varios anos (anterior ao mandato da Xunta de Persoal actual e desta Dirección de Área) sen comunicar e solicitar previamente ratificación ou valoración do mesmo polo órgano de representación actual, cando ademais esta Xerencia incumpre e non asume acordos acadados  e asinados pola Xunta de Persoal actual coas xerencias precedentes

 

  • Non é xustificable que os órganos de representación descoñezan se as resolucións de mobilidade forzosa teñen carácter definitivo ou temporal.

 

Unha vez mais a lexislación que garante os dereitos das e dos traballadores acaba no lixo para esta Dirección de Área, afeita xa en demasiadas ocasións a seguir estratexias que perseguen anular a capacidade dos órganos de  representación das traballadoras e traballadores, nas decisións que a empresa adopta. A reiteración nestas estratexias da mostra da escura intencionalidade nas actuacións desta administración sanitaria.

 

É evidente que adoptaremos actuacións e iniciativas que leven á empresa a un maior respecto pola clase traballadora e a unha maior seriedade no tratamento de temas tan importantes cómo é o da “mobilidade forzosa dos profesionais”.

 

 


Nova concentración polos dereitos laborais

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

CONCENTRACIÓN POLOS DEREITOS LABORAIS

 

 

XOVES DÍA 9 DE SETEMBRO DE 2010

 

 

ÁS 11:15 HORAS

 

 

NA ENTRADA DO HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE

 

CCOO CIG CSIF CIAS SAE SATSE UGT

 

 

¡PAREMOS ESTAS AGRESIÓNS!

  

XUNTAS/OS PODEMOS 

 

NON Á REFORMA LABORAL!

 

Máis...

ARTIGO SOBRE AS PEONADAS EN FERROL

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Xa vai para un ano (agosto de 2009) que a Consellería de Sanidade anunciou a supresión das peonadas. Esta medida levantou voces de alarma en tódolos sectores (asociacións de pacientes, organizacións sindicais, grupos políticos...), xa que a supresión desta actividade extraordinaria sin outro modelo alternativo, só ía redundar nun maior engrosamento das listas de espera e unha maior actividade concertada cos centros privados.

 

Para apagar a polémica, días despois ao anuncio desta decisión, dende a Xunta de Galiza (foi necesaria a intervención do propio Núñez Feijóo) aclaran que a medida non suprime as “peonadas”, senón que só se realizarán cando non se poida acadar unha maior eficiencia na xornada cirúrxica das mañás. Engaden que prevén implantar a xornada ordinaria de tarde. 

 

Pois ben, un ano despois (agosto de 2010) as peonadas síguense a realizar nos hospitais galegos (bó exemplo temos na Área de Ferrol) e seguimos sen saber qué modelo está a usar o SERGAS para aumentar a eficiencia da xornada de mañás ou qué modelo pretende implantar para a xornada ordinaria de tarde. E non será porque non o pidamos aquí unha vez máis.

 

Nova concentración polos dereitos laborais

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

CONCENTRACIÓN POLOS DEREITOS LABORAIS

 

XOVES DÍA 12 DE AGOSTO DE 2010

 

 

 

ÁS 11:15 HORAS

 

 

NA ENTRADA DO HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE

 

CCOO CIG CSIF CIAS SAE SATSE UGT

 

¡PAREMOS ESTAS AGRESIÓNS!

 

XUNTAS/OS PODEMOS 

 

Podedes ver as declaracións da representación da Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Ferrol na Ferrol TV - Canal 31 aquí

 

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48