CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Denuncia

Comunicado da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol sobre as listas de espera

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Segundo os datos facilitados polo Servizo Galego de Saúde o pasado venres se confirma o que desde a Pdspf vimos denunciando.
Segue a ser Traumatoloxía, o que rexistran unha maior pacientes en lista de espera para cirurxía sen que desde a Xerencia se teña tomado ningún tipo de medida.

Se en xeral se diminúe a espera cirúrxica é grazas á incorporación do Hospital Naval con maior número de quirófanos e de persoal en funcionamento, o que fai diminuír as listas de espera. Se transmiten datos enganosos como no caso de Oftalmoloxía que é a que ten un tempo de espera en cirurxía máis baixo, pero é o que ten maior espera en consultas, polo que os doentes agardan máis tempo para chegar a un proceso cirúrxico se fose o caso. Ten 12 días de espera máis que a media.

En consultas de Traumatoloxía hai 83 días de lista de espera, 18 máis que a media, segundo datos oficiais do Sergas.

Esta Plataforma temos constancia, por reclamacións formuladas por doentes, de tempos de espera en Traumatoloxía de entre 180 e 210 días. Hai que ter en conta que a espera en Rehabilitación e de 90 día, segundo datos oficiais, ó que temos que sumar probas diagnósticas entre a consulta e a cirurxía e posteriormente, en moitos casos, rehabilitación polo que unha persoa que é remitida polo médico de familia a Traumatoloxía, botará máis de dous anos en completar o ciclo.

Tamén hai que ter en conta que hai especialidades, cirurxía cardíaca, cirurxía vascular, neurocirurxía, estudos hemodinámicos, cirurxía plástica, etc, onde hai que derivar ós doentes a outros centros de referencia como ó CHUAC co que as esperas son aínda moito maiores.

Se pretende enganar á cidadanía falando de diminución de listas de espera en consultas, sen dicir que moitas desas listas de espera están pechadas polo que non se inclúen centos de doentes nelas. Séguese a facer unha utilización política das listas de espera.
Tampouco se fala das listas de espera en probas funcionais. Canto tempo ten que agardar un doentes por unha resonancia magnética ? E por unha mamografía?.

Demandamos a aplicación da Lei de Incompatibilidades que impide que persoal do Sergas traballe en Centros Privados Concertados atendendo a doentes do Sergas .

Facemos un chamamento ó conxunto de usuarios e usuarias a que sigan a presentar reclamacións ás listas de espera, tanto no Rexistro Xeral do Hospital como a través do Servizo de Atención ó Doente.

Por último queremos DENUNCIAR a intención da Xerencia do Complexo de, nos vindeiros días, reducir o número de camas de Medicina Interna no Hospital Naval. Neste momento o Complexo está ateigado de doentes de Medicina Interna, que están diseminados por diferentes servizos do Hospital, e reducir camas no Hospital Naval o que vai a facer que se incremente a derivación de doentes a Centros Privados Concertados, especialmente os de maior idade e maior estancia hospitalaria, que é a política pola que aposta a actual Xunta de Galicia.

24 de xaneiro de 2011.

Outra reforma máis do sistema de pensións ... por Lois Méndez

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
Dende 1985 xá se levan aplicado varias reformas do sistema de Pensións, e todas ás reformas persiguen un único obxetivo: reducir o importe da contía retributiva a percibir por xubilación da pensión contributiva. A pensión media na actualidade é de 876€/mes. En Galiza, de 728€.

Agora o goberno do estado quere impoñer unha nova reforma do sistema de pensións: ampliar a idade de xubilación os 67 anos. Ademais, aposta por establecer diferenzas en función dos anos cotizados –co que quen teña un historial de 41 ou máis anos póidase seguir retirando aos 65–ou os oficios realizados, xa que naqueles sectores especialmente penosos tamén se poderán xubilar aos 65 anos, aínda que está pendente de concretar na lei.

Ademáis, pretende ampliar o período mínimo necesario para ter dereito a pensión de 15 a 17 anos, progresivamente, ata chegar os 25, ampliar o número de anos para calcular a base reguladora da pensión a 25 e ampliar o número de anos para acadar o cen por cen da pensión de 35 a 40 (a última proposta coñecida é situala en 37 anos e ir progresivamente incrementándoa).

Máis...

Concentración en apoio aos dous compañeiros da CIG detidos durante a xornada de folga do pasado 29 de setembro

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
Mañá, 21 de xaneiro, ás 9:30 horas e ás portas do Xulgado de Ferrol, haberá unha concentración en apoio e en solidariedade cos dous traballadores e sindicalistas da CIG, Francisco e Sergio, detidos durante a xornada de folga do pasado 29 de setembro e acusados de "Desordes Públicos".

Concentración, 20 de xaneiro, Precisamos emprego para termos futuro

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

MANIFESTATE COA CIG O XOVES 20 DE XANEIRO. PRECISAMOS EMPREGO, PARA TERMOS FUTURO!

Participa na xornada nacional de loita da cig-mocidade baixo o lema: Precisamos emprego, para termos futuro,  que vai ter lugar o xoves 20 de xaneiro diante das delegacións do goberno, edificios da xunta e inem en todo o país! Participa nas mobilizacións que a CIG ten convocadas en defensa do emprego, como resposta á reforma das pensións e que culminarán coa folga xeral o día 27 de xaneiro!

Desde a CIG, reclamamos o dereito da mocidade galega a un posto de traballo digno, rexeitamos a reforma do sistema de pensións que nos impón o Goberno español, porque alongar a idade de xubilación dificulta aínda máis a incorporación da mocidade ao mundo laboral e ao mesmo tempo que poidamos acceder a pensións dignas. Por iso, máis que nunca, a mocidade galega non pode ficar calada, temos que saír á rúa e reclamar que PRECISAMOS EMPREGO, PARA TERMOS FUTURO!


20 de xaneiro ás 20:00 horas

diante do edificio da Xunta de Galiza en Ferrol

 (Praza Amada García s/n)

Colabora para facermos un Nadal 2010 máis verde e bio-diverso

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter


Compostela, Nadal de 2010. O 2010 foi o ano da biodiversidade e da crise económica e ambiental. Dende hai algún anos, ADEGA desenvolve nestas datas campañas relacionadas con diversos aspectos do Nadal: “Neste Nadal... os meus agasallos sen pilas”, “Carta das raíñas magas” ou "Por un Nadal máis ecolóxico" foron algunhas das iniciativas que invitaban a reflexionar sobre a importancia da contención do consumo no Nadal. Animamos á cidadanía neste 2010 a afrontar as festas e o vindeiro ano con espírito ecoloxista. Malia á crise, as previsións de consumo nestas datas non son moi diferentes ás de outros anos. Mais o realmente certo é que o ecosistema Terra si está en crise dende hai tempo. Non podemos sacrificar o ambiente en prol dun progreso consumista e espoliador. Outra maneira de vivir é precisa se queremos conservar a riqueza común que é a biodiversidade. Eis algúns consellos para que o noso comportamento nestas festas non contribúa a deteriorar o noso patrimonio natural.


A celebración do solsticio de inverno ou da festa relixiosa converteuse para a maioría nunha festa do consumismo. Na sociedade actual somos representados como cidadáns consumistas, que en decembro exaltamos esta faceta de xeito que este podería ser tamén o "mes do orgullo consumista”. No entanto, cada vez somos máis o que opoñémonos a esta esquizofrenia das compras superfluas.


É probable a crise económica contribúa a reducir o impacto, pero o ambiente leva décadas clamando por unha redución no ritmo de consumo de recursos naturais. Constátase un gasto de enerxía superior ao necesario, unha produción de residuos esaxerada, o aumento do uso do transporte privado, o incremento de emisións de efecto invernadoiro e da contaminación en xeral… Son estes os síntomas de unha sociedade en perigo.


A conservación da natureza e da súa diversidade, precisamente neste Ano Internacional da Biodiversidade, pasa polo seu coñecemento e respecto, tamén en épocas festivas. Velaquí algúns consellos para que durante estas festas, os nosos comportamentos non contribúan aínda máis a degreadar o noso patrimonio natural:


-De agasallar mascotas (millor en adopción procedente dun refuxio de animais) ou plantas, hai que ter en conta que a persoa á que vai destinada será a responsábel de coidala axeitadamente todo o ano. Poderá?...  Con todo, procurar evitar agasallos de animais ou plantas exóticas porque poden provir de ecosistemas en perigo. Ademais,  a súa liberación fortuita ou benintencionada no noso ambiente pode causar graves danos á biodiversidade autóctona.


-Na nosa mesa mellor produtos locais e de tempada, sen esaxerar en cantidade para non ter que tirar despois a comida. Evita aqueles alimentos que percorreron moitos Kms até o noso prato procedentes de monocultivos en zonas taladas de bosque tropical, como son as ananas, ou ben de ecosistemas fráxiles, como o caso da cría de lagostinos nos manglesais. Innova este ano e muda de menú, compra produtos ecolóxicos e de comercio xusto.


-Non espolies o monte, evita arrincar seres vivos para os adornos naturais. Especies como o acivro ou a xilbardeira (ruscus) foron comunmente arrincados para este fin. Mellor que eles fiquen no medio natural e nós botémoslle imaxinación á hora de engalanar a casa.


Máis información

Contacto: 981570099; Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

www.adega.info

: María Xosé Castro Fernández, Vogal de Consumo Responsable

Cea solidaria do PP no Pazo Libunca, propiedade dunha deputada do PP, onde os seus traballadores/as levan meses sen cobrar

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
libuncaEste venres 17 de decembro, o Partido Popular celebrará unha cea “solidaria” no hotel Pazo Libunca, coa que pretende destinarán o 50% da recadación á Cociña Económica e a Cáritas. A Federación de Servizos da CIG de Ferrol vén de solicitar ao PP que destine o 50% restante da recadación desta cea “solidaria” aos traballadores/as deste establecemento, para pagar os salarios que adebeda a propietaria do hotel. Dende a CIG-Servizos de Ferrol explicaron que o Pazo Libunca adebeda aos  seus traballadores/as os salarios dende outubro, e nalgúns casos, se adebedan conceptos salariais dende abril.

Este hotel vén de presentar un ERE, rexeitado por parte dos traballadores/as, pendente de resolver nestes intres. “Agardamos que a cea “solidaria” non  determine a sorte do ERE, pois a esta cea promovida polo PP, asistirán os responsábeis da decisión unilateral de promover este ERE, e todos ou algún, dos encargados de resolvelo”, sinala Cristina Martínez Padín, da Executiva da CIG-Servizos.

Así mesmo, Martínez Padín puxo de manifesto as contrariedades existentes entre as declaracións do presidente da Xunta (que acudirá á cea) e á propietaria da empresa Pazo Libunca, deputada do PP, a respecto dos beneficios do turismo. Pois mentres o titular do goberno galego cualifica o 2010 de ano histórico, para a súa compañeira de filas resultou “calamitoso”. “Mentres un di que o turismo medrou en Galiza o dobre que en España, a outra di que mesmo se reduciu ao Xacobeo de 2004”, asevera Padín. “Que se poñan todos de acordo na cea “solidaria” na que uns (os do PP comen) e outros (os traballadores/as do Pazo Libunca) traballan sen cobrar, agardando a que os subordinados de Feijoo resolvan o ERE (agardamos que inspirados na “solidariedade” da cea)”, sentenza.

Persoal de Correos de Ferrol mobilízase contra os ataques aos empregados/as da administración e aos servizos públicos

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
Correos_1_grandeTraballadores e traballadoras da Oficina de Correos de Ferrol concentráronse o xoves na defensa do emprego público e contra dos ataques aos servizos públicos, incrementados baixo a escusa da crise económica. O persoal censurou a utilización interesada dos medios de comunicación, por parte dos poderes, para descualificar a actividade dos funcionarios e funcionarias diante da opinión pública, dentro dunha campaña que só busca a privatización de todos os servizos públicos.
 
Máis...

25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
ProbaA4_2010_11_ViolenciaMuller_grande


25 de novembro, Día Internacional para a eliminación
da violencia contra as mulleres

CONCENTRACIÓN ÁS 12:30
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA


Recortar recursos é atentar contra a igualdade


Descargar cartaz
Descargar presentacón da campaña
Descargar díptico informativo



 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48