CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Denuncia

Traballor despedido por ASFEDRO comeza unha folga de fame e unha acampada para protestar e denunciar os feitos acaecidos ata a data de hoxe

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Cheto Rico Prieto traballador de ASFEDRO (Asociación Ferrolana  de Drogodependencias) foi despedido no mes de setembro de 2011 argumentando motivos económicos; o despido foi demandado e a sentencia xudicial ditaminou a improcedencia do mesmo. Dous días despois de ser readmitido, foi novamente despedido (4 abril 2012).

 

Hoxe, como acción de protesta e denuncia de todos os feitos acaecidos ata hoxe comezou unha folga de fame indefinida e unha acampada diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galiza en Ferrol. Desde CIG Saúde amosamos a nosa máxima solidariedade co traballador.

 

 

 

Nota Informativa para a cidadanía


En meses anteriores celebráronse dous xuizos por despedimento de dous profesionais traballadoras/es de ASFEDRO. En ambos casos as sentenzas dictaminaron a improcedencia dos despedimentos. Estes dous profesionais foron readmitidos, unha profesional continúa a día de hoxe en ASFEDRO e curiosamente o outro profesional que foi readmitido o 2 de abril e despedido novamente con data do día 4 de abril.


A CIG denunciamos os despedimentos fai meses e hoxe novamente voltamos a mobilizarnos para reivindicar, informar e denunciar estes feitos. É o noso desexo dar a coñecer á sociedade: A Xunta Directiva argumenta repetidamente que trata de fomentar e potenciar a prevención en drogodependencias, mais non sabemos que se fixo estes últimos 3 anos, pois estes traballadores/as despedidas/os non tiveron prácticamente ninguna tarefa, sufrindo actos hostís por parte da Xunta Directiva como represalia as súas lexítimas demandas, solicitando una maior transparencia nas contas da entidade, no emprego do diñeiro publico e de respeto dos seus dereitos profesionais e laborais. Parece claro, que a Xunta Directiva de Asfedro non está polo labor de corrixir as liñas de actuación que está a desenvolver, respecto a este despedimento que non se sustenta no recorte de orzamentos...


Esiximos e debemos velar pola transparencia na xestión dunha entidade que presta servizos sociosanitarios con cartos públicos, que debería cumplir escrupulosamente coas súas propias normas estatutarias, co gallo de democratizar as decisións da asociación a través da participación asamblearia dos seus socios e socias; xestionando as situacións conflictivas e evitando o gasto de cartos públicos, en asesoramento xurídico, para despedimentos que respostan a políticas represivas e non a motivos económicos. Unha vez máis, pedimos a aclaración destas cuestión esixindo a obrigada transparencia na xestión da entidade a nivel de servizos e investimento de cartos públicos, coa publicidade debida ‐dunha necesaria Auditoría‐ aos entes públicos que subvencionan a entidade e a tódolos socios e socias da mesma.


Por todo o anteriromente reflectido.... nos facemos e lles facemos unha serie de preguntas á cidadanía:


Coñece vostede o que está a acontecer con algún/algunha dos/as traballadoras/es de ASFEDRO?


Sabe vostede, que os motivos económicos non son a razón pola que se producen os despedimentos?


Ten vostede, como cidadán, información do uso que se fai dos cartos (máis de 1.000.000  €anuais) que a entidade recibe de fondos públicos?


Sabe vostede si a calidade dos servizos prestados, pola entidade, se veu mermada e si esta merma, estivo fundamentada polos recortes ou pola mala xestión e falla de profesionalidade?


Sabe vostede que as actividades, que realizaban as dúas persoas, que foronobxeto de despido estaban subcontratadas a unha empresa privada (SERVISOL)? E a merma que poido sufrir a calidade do servizo por este motivo? Sabe si a subcontratación coa empresa privada segue existindo  a día de hoxe?


Sabe vostede que experiencia e titulacións profesionais se esixen nesta empresa privada? Sabe que experiencia ten esta empresa privada en prevención e tratamento das drogodependencias? Sabe si teñen máis experiencia que o profesional despedido con 24 anos de traballo en ASFEDRO?


Sabe vostede que entre traballadores hay unha diferencia de salarios de hasta 25.000 €?

 

CIG SAÚDE.

11 de xullo de 2012.


Noticias relacionadas:

Mobilizacións desta semana

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

 

 

  • Xoves 10 de maio: Concentración ás 11 horas no H. Arquitecto Marcide contra os recortes na Sanidade Pública. Convoca a Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Ferrol

 

  • Xoves 10 de maio: Folga no Ensino Medio e Universitario. A CIG convoca unha asemblea de delegados e delegadas ás 10 horas no Local Comarcal. Posteriormente, ás 12 horas, haberá unha concentración en apoio ao estudantado no monumento ao 10 de marzo.

Recollida de sinaturas a prol da ILP en defensa da Sanidade Pública

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Durante toda a mañá de hoxe, CIG Saúde Ferrol como membros da Xunta de Persoal estará recollendo sinaturas en prol da ILP en defensa da Sanidade Pública que leva adiante a Plataforma S.O.S. Sanidade Pública.

 

Moitos foron xa os pacientes e compañeiros e compañeiras que se achegaron pola mesa que está situada no Hall de entrada ao Hospital Arquitecto Marcide.

 

 

Aínda estás a tempo! Pasa e asina en prol da Sanidade Pública!

@s CIGarróns de Ferrol contra a reforma laboral e o proxecto de medidas de reforma da administración publica galega - Fotos e Vídeos

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

Hoxe ao mediodía a comparsa @s CIGarróns paseou polas dependencias da Subdelegación Comarcal da Xunta de Galicia en Ferrol, chamando ao enterro da (contra)reforma Laboral do dereitista Rajoi e da farsa do Proxecto de medidas de reforma da Administración pública. No acto o Excmo. Sr. Presidente Frijolito acompañado de varios asesores intentou vender as (contra)reformas ás traballadoras e traballadores concentrados que en todo momento abuchearon ao presidente, ao final queimaron a nefasta reforma nun "aquelarre" purificador.


Ver o video desde a web de youtube

 


Enlace: Galería Fotográfica do Acto
Fotos: Susete'70

Artigo extraído da web do Colectivo Artabra21

CIG-Saúde denuncia a non cobertura de postos estruturais e o incremento da contratación a xornada parcial na área de Ferrol

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
A Federación lembra ao Goberno galego que a calidade e sustentabilidade da sanidade pública non pasa pola privatización nin o aumento dos concertos.

 

CIG-Saúde de Ferrol acaba de denunciar a diminución do cadro de persoal da Área Sanitaria, xa que administración non está a cubrir postos estruturais, mais pola contra está a incrementar o número de contratacións de xornada parcial en vez de cubrir os servizos a tempo completo. Isto supón, matizan, unha precarización das condicións laborais e unha diminución da calidade na prestación dos servizos sanitarios.

A principios desta semana, denuncian, non existía compromiso de cobertura do persoal mínimo dos puntos de urxencias extrahospitalarias para o día da xornada electoral. Neste senso, matizan, a Xerencia comprometeuse verbalmente a cubrir o persoal habitual nos servizos de urxencia de Atención Primaria “que é o mesmo que está marcado como mínimo legal para un día de xornada de folga”.

 

Este recorte vénse sumar á privatización do Servizo de Mantemento no Hospital Naval ou á publicación  da privatización do Servizo de Subministros da Área Sanitaria, a pesar que este servizo, sinala a Secretaria comarcal da CIG-Saúde, Ana María Arto, “claramente demostrou a eficacia e eficiencia a nivel de gasto e servizo. Despois de serlle negado un merecido recoñecemento neste senso, será aniquilado para beneficio da empresa privada”.

 

Dende a Federación de Saúde denuncian a redución na cobertura de ausencias, que ten chegado ao 50% en moitos Centros de Saúde, que hai que engadir ao incremento de contratacións de xornada parcial no canto dunha cobertura dos servizos a tempo completo.

 

Así mesmo, criticouse a cobertura deficiente nos servizos hospitalarios, plantas de hospitalización ou servizos especiais como a unidade de coidados intensivos, diminuíndo así as garantías duns coidados de calidade para as/os usuarios/as.

 

“A aposta pola Sanidade Pública implica, certamente, non endebedar o sistema como se está a facer a través de privatizacións; construtoras que na busca do beneficio supoñen un custo insoportábel para a sanidade galega. Implica un control dos custos de alta tecnoloxía a través do seguimento e control por parte da administración pública e non deixando en mans de dito mercado a imposición de prezos e necesidades ao sistema sanitario”, subliñan.

 

A redución, nos orzamentos do ano 2.012, en 16 millóns de euros destinados á Sanidade Pública (os orzamentos do SERGAS diminuíron 245 millóns de euros desde a chegada no ano 2009 do Partido Popular), mentres se incrementa o gasto en concertos sanitarios co sector privado, que pasa de 204 a 207 millóns de euros, “leva a concluír que o que pretende o Partido Popular é desmantelar o sistema, dificultando “a prestación dunha sanidade pública e de calidade” e utilizando a “austeridade” e “sustentabilidade” como xustificación para cargarse “os alicerces desta sociedade, que son a Sanidade,Ensino e Servizos Sociais””, aseveran.


Noticia publicada en Avantar. Tamén podedes ler a noticia no Diario de Ferrol.

Solicitude de información á Xerencia sobre a posta en marcha da Plataforma Loxística

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

O pasado día 8 de novembro presentámoslle desde CIG Saúde Ferrol á Xerencia de Xestión Integrada a seguinte solicitude de información en referencia á nova Plataforma de Loxística:

 

Ana María Arto Blanco, Secretaria Comarcal da Federación de Saúde da CIG, e delegada electa da Xunta de Persoal en representación da CIG-SAÚDE, SOLICITO:

 

Información de cómo vai afectar na Área de Xestión Integrada de Ferrol a posta en marcha da Plataforma Loxística, é dicir:

 

  • Qué vai pasar co almacén da Área de Xestión Integrada de Ferrol, vaise manter, reducir, eliminar?
  • Que vai pasar co persoal destinado a ese servizo?
  • Que prazos de execución se manexan?
  • Cómo vai ser a nova organización de subministros?

 

Agardando unha pronta resposta, atentamente,

 

Ana María Arto Blanco

Secretaria Comarcal CIG-Saúde Ferrol.

 

En Ferrol a 8 de novembro de 2011

Hoxe, concentración ás 20 horas na Praza de Armas

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Concentracion27102011

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48