CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Denuncia

Concentración polo despedimento dunha compañeira do servizo de limpeza do Marcide

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

Importante participación de traballadores e traballadoras hoxe na entrada do Hospital Arquitecto Marcide na concentración convocada polo Comité de Empresa(do que forma parte a CIG) de Ferroser,  empresa que ten adxudicada o servizo de limpeza nos hospitais, para demandar a readmisión dunha compañeira despedida aproveitandose a empresa da nova reforma laboral ao licitar un prezo máis baixo co que  tiña o ano anterior.

 

 

O mércores da semana que ven, 27 de febreiro de 2013 ás 12:30 horas, haberá unha nova concentración na entrada do Hospital Arquitecto Marcide para exixirlle á empresa a readmisión da traballadora.

 

A SOLUCIÓN É A READMISIÓN 

Peche en Ferrol

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

Ás dez da mañá de hoxe rematou o peche en Ferrol. 24 horas onde o persoal e usuarios e usuarias do sistema de saúde pública fixeron público o seu rexeitamento ás medidas antitraballadores impostas pola Xunta de Galicia e a súa aposta en firme pola defensa dunha Sanidade Pública e de calidade.

 

Desde CIG Saúde queremos agredecer a participación nesta mobilización a todos e todas as compañeiras e usuarios e usuarias que se achegaron ao peche.

 

Maís info en Avantar.

Importante participación na xornada de protesta na nosa Área

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter


Imaxes da merenda de resistencia

 

Ás dez da mañá de hoxe comezou o peche de 24 horas no Hospital Arquitecto Marcide en protesta das medidas antitraballadores/as que está a exercer durante os últimos tres anos o Partido Popular e da conducta adoptada polos nosos "dirixentes" na pasada reunión da mesa sectorial así como en defensa da Sanidade Pública; medidas todas estas que repercuten directamente na calidade asistencial prestada os usuarios e usuarias.

 

Ás once horas realizouse unha concentración na entrada do Hospital onde se xuntou un importante número de traballadores/as e usuarios/as. Unha vez rematada a concentración, os e as traballadoras levaron as súas protestas diante do despacho do Xerenta da Área.

 

Pola tarde seguirán as protestas; ás 17 horas está prevista unha merenda de resistencia e unha asemblea informativa aberta a participación de todos e todas as traballadoras así como dos e das usuarias. Ademais, están previstas outras accións de protesta sorpresa. O peche non rematará ata as 10 horas do venres. 

 

Desde CIG Saúde chamamos a todos e todas as compañeiras, así como os usuarios e usuarias, a participar nesta xornada de protesta achegándose ao peche e participando del.

 

 

PÉCHATE CON NÓS!!!


24 horas de peche


 

 


MOBILÍZATE


CCOO CIG UGT CSIF CESM OMEGA SAE SATSE

Xoves 17 de xaneiro ás 19 horas: concentración en contra das medidas do goberno

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

A totalidade das Organizacións Sindicais con representación no Sector Público convocan concentracións nas principais cidades, o próximo xoves 17 de Xanerio, as 19 horas, rexeitando as medidas do Goberno contra as traballadoras e traballadores públicos.

 

 

FERROL: concentración ás 19:00 h

 

 


diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galiza

 


Manifesto da Convocatoria.

As Organizacións Sindicais con representación no Sector Público autonómico rexeitan as medidas do Goberno.

 

Dende o inicio da crise económica, no ano 2009, os Servizos Públicos e empregados/as Públicos, vivimos un permanente acoso que pretende a fin do Estado de Benestar que construímos con permanentes loitas e conquistas que fomos conseguindo ao longo de moitos anos.

 

Esta agresión que os Empregados/as Públicos sufrimos pódese resumir nun case estado de excepción, no que se nos nega a negociación das relacións laborais sendo sometidos a un agresivo frenesí normativo que dita por decreto as nosas condicións de traballo, reducindo progresivamente os dereitos adquiridos ao longo de décadas.

 

A salientar:

  1. Rebaixa salarial anual nunha media do 5%, en determinadas categorías de ata o 9%, no 2010 (RD Lei 8/2010), cun IPC do 2,9%. Ao tempo utilizábase como coartada que a porcentaxe de empregados/as públicos, dun 9,5%, era elevada obviando que a media da UE era do 16%, cun altísimo crecemento do emprego público dun 1% na última década, para unha poboación que medraba en 6 millóns de persoas. Tamén se esquecen que somos o país da UE que en termos porcentuais menos investimento efectúa no emprego público tal e como reflicte o elevado número de traballadores e traballadoras que son mileuristas.
  2. Conxelación salarial no 2011, que levou aparellada a conxelación de Ofertas de Emprego Público (Lei 39/2010, de Orzamentos Xerais do Estado), cun IPC do 2,4%.
  3. Supresión de dereitos e acordos sobre xornada laboral (RDL 20/2011), e outros dereitos como as achegas aos plans de pensións.
  4. Implantación da xornada mínima anual de 37,5 horas en todas as Administracións, (Lei 2/2012, de Orzamentos Xerais do Estado), nova conxelación salarial, mantendo pagas extraordinarias reducidas e abundando na imposibilidade de incrementar as taxas normais de reposición de efectivos.
  5. Reforma Laboral, RD Lei 3/2012, que introduce o despedimento colectivo e individual do persoal laboral do sector público, por causas económicas, técnicas e organizativas. Expedientes que soamente poden ser de extinción de posto de traballo, non de redución de xornada ou suspensión temporal de contrato.
  6. Supresión de días adicionais de vacacións. Reducen os días de asuntos propios (APs) que pasan a ser unicamente 3 ao ano. Supresión da paga extraordinaria do Nadal (o que significa un 7% de redución salarial anual). Supresión dos acordos e pactos de dereitos sindicais. Anúlase a posibilidade de xubilación parcial dos funcionarios, así como as melloras económicas en IT, RD Lei 20/2012, e Lei 1/2012 Galicia.

 

Como novo ataque aos empregados/as públicos elabórase un anteproxecto de Lei que reduce o salario o 4% para o ano 2013, minorando as pagas extraordinarias nun 40%.

 

Por iso, dicimos basta, xa abonda, e rexeitamos esta nova medida en contra dos empregados/as públicos de Galicia, que sumará unha perda en tres anos de máis do 20% de salario, e convocamos mobilizacións que terán, como primeira medida, concentracións nas sete comarcas o día 17 de xaneiro as 19:00 horas.

 

CIG; CCOO; UGT; CSI·F; CESM; OMEGA; SATSE; USAE; STEG; ANPE; USO; USTG; CGT; STAJ; SIAT; ACAIP.

Concentracións nas cidades galegas, o 16 de xaneiro, en denuncia da situación de paro da mocidade galega e a lacra da emigración

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Ferrol, 16 de xaneiro de 2013

 

ás 12h diante do Edificio da Xunta

A CIG vén de convocar unha xornada de loita nacional en todas as comarcas do país para denunciar a sangría demográfica que está a sufrir o noso país e que afecta especialmente á mocidade. A situación é de tal gravidade que dos 166.800 postos de traballo destruídos nestes 4 anos, 149.100 estaban ocupados por menores de 35 anos; destes, máis de 77.164 optaron por emigrar, neste período, en busca dunha alternativa laboral que non atoparon en Galiza e o paro medrou case un 123% desde o estoupido da crise entre os menores de 25 anos. Uns datos demoledores tirados do informe elaborado polo Gabinete Confederal de Economía da CIG. Dos 166.800 portos de traballo destruídos en Galiza nestes catro anos, 149.100 foron de menores de 35 anos e destes, 77.164 emigraron.

Máis...

Concentración en apoio e solidariedade cos desempregad@s denunciados no MaxiDía

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
599260_136219429848666_284019358_n
 
VENRES 14 DE SETEMBRO
CONCENTRACIÓN ÁS 11:30 NA PORTA
DO XULGADO DE FERROL
EN APOIO E SOLIDARIEDADE
COAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS 
DENUNCIADOS POR UNHA ENCARGADA
DO SUPERMERCADO MAXIDIA.
 
NON FICAMOS PARAD@S,
A LUITA CONTINUA
 

ASEMBLEA DE DESEMPREGAD@S DA CIG

Concentración contra os recortes

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

Xoves 6 de setembro ás 11 horas

 

Entrada do Hospital Arquitecto Marcide

 

COA SANIDADE NON SE XOGA !!!

 

 CCOO, CIG, UGT, CSIF, SAE, SATSE, CESM, OMEGA

[URXENTE] Concentración en Santiago

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

ANTE A CONVOCATORIA DE SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PARLAMENTO GALEGO, CON PREMEDITACIÓN E ALEVOSIA DO GOBERNO GALEGO, PARA O XOVES DÍA 2 PARA  APROBAR URXENTEMENTE A LEI DE ADAPTACIÓN EN GALIZA DO DECRETO DE RECORTES DE RAJOY  NAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

 

CIG , xunto con todas as organizacións sindicais actuantes na plataforma Galega en defensa dos Servizos Públicos,

 

CONVOCA:

 

CONCENTRACIÓN  DIANTE DO PARLAMENTO GALEGO 

MAÑA DÍA 2 DE AGOSTO ás 16 HORAS

 

ACUDE E MANIFESTA O TEU REXEITAMENTO!!

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48