CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Denuncia

Concentracións en defensa dos Servizos Públicos

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter


Martes, 17 de de decembro ás 12 horas diante do Parlamento Galego en Compostela. Convoca a Plataforma Galega de Servizos Públicos, da que forma parte a CIG, como protesta e rexeitamento aos orzamentos galegos para o ano 2014 e que está previsto que se aproben ese día. 

 

Xoves, 19 de decembro ás 12 horas diante da Delegación do Goberno na Coruña. Convoca a Plataforma Galega de Servizos Públicos para manifestar o rexeitamento á reforma da administración local que está a debate no Parlamento Español.  

plataformagalegaservizospublicos

 

 ACODE !!!


 

NON Á PRIVATIZACIÓN DOS SERVIZOS PÚBLICOS !!!

CIG-Saúde alerta da posíbel privatización do servizo de esterilización dos centros hospitalarios

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

A CIG-Saúde manifesta a súa preocupación pola información que circula polos centros hospitalarios do SERGAS segundo a que, neste mesmo mes de decembro, se procedería á publicación do concurso para a privatización do servizo de esterilización dos centros hospitalarios. Segundo esa información trataríase dun contrato de 132 millóns de euros por un período de 12 anos.

 

A CIG-Saúde explica que os hospitais públicos do SERGAS contan cos certificados de calidade ISO 9001 que garante a excelencia e calidade do traballo. Este control dos estándares de calidade tamén se fai polos servizos de medicina preventiva dos hospitais. O conxunto do traballo e do control de calidade é prestado por persoal sanitario (TCAEs, enfermiras/os e médicas/os) e se isto pasa a mans dunha empresa privada "estariamos a falar da privatización da 'bata branca', esa que di a conselleira que non se vai producir", di María Xosé Abuín.

 

A CIG-Saúde advirte do encarecemento de todo o proceso se realmente se chega a efectivizar, xa que o material tería que ser trasladado en camións blindados, con sistemas que preserven un determinado nivel de humidade. De non ser así, o traslado deste material contaminado, en medios de transporte convencionais sería un risco para a poboación.

 

Con data de 4 de decembro, a CIG-Saúde remitiu un escrito solicitando do SERGAS unha aclaración a respecto deste asunto sen que a esta altura se teña recibido unha resposta. O escrito foi enviado á Directora de Recursos Humanos do SERGAS, ao Director Asistencial e ao Director de Recursos Económicos, Pablo Torres, que é o encargado de publicar os concursos.

 

A CIG-Saúde solicita que en aras á transparencia da que o PP presume se lle proporcione información a respecto desta inminente privatización ou que, senón se proceda ao seu desmentido.

9 e 10 de decembo, Folga Xeral na Sanidade Pública Galega

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

HORARIO DA FOLGA

Para o persoal do SERGAS(estaturario, funcionario, laboral, en formación e residentes en formación) o horario da folga comeza ás 22 horas do 8 de decembro e remata ás 22 horas do día 10 de decembro de 2013. 

 

TELÉFONOS DE INCIDENCIA

Durante toda a xornada de folga poderédesvos poñer en contacto para todo aquelo que necesitedes nos números:

  • Vicky: 628109130
  • Sandra: 630594691
  • Merche: 670264501
  • Elena: 630257250

CONCENTRACIÓNS

Durante as mañás e as tardes dos días 9 e 10 diante do Hospital Arquitecto Marcide.

 

MANIFESTACIÓN COMARCAL UNITARIA

10 de decembro, con saída ás 18:00 horas de diante do Centro de Saúde Fontenla Maristany en Ferrol.


DESCARGA:

 



CONVOCAN

 

CIG - CCOO

Visita da Conselleira de Sanidade ao Marcide

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

Hoxe, antes das doce da mañá facía presenza no Hospital Arquitecto Marcide a Conselleira de Sanidade. O motivo? Descoñecémolo. A Xerencia da EOXIF non comunicou nin informou desta presenza nin ás traballadoras nin ás súas representates, agora ben, informou puntualmente a prensa que estaba toda agardando a súa chegada no Halll do Hospital.

 

A súa chegada, un grupo de traballadoras recibiunas a berros de "Non ás privatizacións". Posteriormente, un bo grupo de traballadoras levaron a súa protestas á Sala de Xuntas do hospital onde a Conselleira e a Xerencia estiveron tomando o café e uns pinchos durante máis de unha hora ben escoltados pola Policía Autonómica. 

 

 

NON ÁS PRIVATIZACIÓNS

 

 

 

 

O PÚBLICO É SERVIZO O PRIVADO BENEFICIO

 

Arquitecto Marcide, onde todo o ano é verán !!

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

amrcide2

20 de xuño en Compostela, Concentración en fila...

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

AS LISTAS DE CONTRATACIÓN:

 

A COLA DO PARO DO SERGAS

 

CONCENTRACIÓN EN COMPOSTELA


XOVES 20 DE XUÑO ÁS 11 HORAS

 

ENTRADA DO EDIFICIO DO SERGAS



Descarga, imprime e reparte o cartaz da concentración no teu centro de traballo

Milleiros de persoas confirman nas rúas o éxito rotundo da Folga Xeral Comarcal de Ferrolterra

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Desde CIG Saúde Ferrol queremos agredecer o seu esforzo a todos e a todas as traballadoras da comarca que no día de onte apoiaron e secundaron a folga xeral comarcal así como aqueles que viñeron desde outras comarcas a apoiarnos e participar nos piquetes informativos e na manifestación, así como a todos aqueles traballadores e traballadoras que en solidariedade coa nosa comarca e a nosa loita e en defensa das súas propias comarcas se manifestaron en Santiago, Pontevedra, Vigo ou Ribeira.

 

 13-06-12_FolgaComarcalFerrol_0029a.grande

Unha maré humana –arredor de 120.000 persoas, segundo os cálculos das organizacións sindicais- recorreron onte as rúas de Ferrol, nunha das manifestacións máis multitudinarias que se lembran na comarca nos últimos tempos. A reivindicación: solucións urxentes que poñan freo á sangría de destrución de emprego, de desmantelamento dos sectores produtivos básicos, de recorte de servizos públicos, do despoboamento imparábel que sufre Ferrolterra. Demandas plasmadas no marco da convocatoria dunha exitosa xornada de Folga Xeral, que tivo un seguimento de practicamente o 100% na maioría dos sectores e paralizou a toda a comarca.

Mércores 12 de xuño, FOLGA XERAL COMARCAL

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter


HORARIO DA FOLGA

Para o conxunto do persoal do SERGAS o horario da folga comeza ás 22 horas do 11 de xuño e remata ás 8 horas do día 13 de xuño.

 

TELÉFONOS DE INCIDENCIA

Durante toda a xornada de folga poderédesvos poñer en contacto para todo aquelo que necesitedes nos números 630.594.691, 647.938.026 ou 670.264.501.

 

MANIFESTACIÓN COMARCAL UNITARIA

Con saída ás 12:00 horas da Praza do Inferniño en Ferrol.


DESCARGA:

 



FERROLTERRA ESIXE SOLUCIÓNS

 

Nas comarcas de Ferrolterra o desemprego medra por enriba do resto do Estado e de Galiza, un 16% no último ano, a perda de poboación nos últimos anos supera as 12.000 persoas e a media de idade en Ferrol xa supera a do resto das cidades galegas.

 

Tódolos planos postos en marcha polas distintas administracións non foron quen de paliar este drama, bascamente por non ter afrontado unha verdadeira diversificación industrial.

 

As nosas comarcas están a padecer un illamento en canto a infraestruturas que supón un enorme lastre para o seu desenrolo.

 

O sector máis importante da comarca, do cal dependen 17.000 familias, o naval, segue sen ter contratos e está abocado a paralización absoluta.

 

Os nosos sectores produtivos básicos esmorecen e mesmo algún deles morre, como o marisqueiro, pola dilación no cumprimento de normativas da UE en canto a saneamento da ría.

 

ÚNETE Á FOLGA XERAL COMARCAL



 

Comunicado da Xunta de Persoal diante da convocatoria Folga Xeral na comarca de ferrolterra do dia 12 de xuño de 2013.

 

Nas comarcas de Ferrolterra o desemprego medra por enriba do resto do Estado e de Galiza, un 16% no último ano, a perda de poboación nos últimos anos supera as 12.000 persoas e a media de idade en Ferrol xa supera a do resto das cidades galegas.


Tódolos planos postos en marcha polas distintas administracións  non foron quen de paliar este drama, básicamente por non ter afrontado unha verdadeira diversificación industrial.


As nosas Comarcas están a padecer un illamento en canto a infraestructuras que supón un enorme lastre para o seu desenrolo.


O único e máis importante sector económico da comarca do cal dependen 17.000 familias, o naval, segue sen ter contratos e está abocado a paralización absoluta. Os nosos sectores produtivos básicos esmorecen e mesmo algún deles como o marisqueiro, pola dilación no cumprimento de normativas da EU, en canto o saneamento da Ría.


O desmantelamento das Administracións  Públicas na nosa comarca e evidente, coa  conseguinte perda de postos de traballo .No sector sociosanitario as empresas que prestan servizos básicos a persoas con problemas de integración social, están abocadas a desaparición.


Diante desta situación de drama social que están a vivir as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, demandados das institucións da Xunta de Galiza e do estado Español  a posta en marcha de políticas activas de emprego, que poidan paliar esta situación que se está a converter en irreversible.


QUEREMOS AMOSAR O NOSO APOIO Á XORNADA DE FOLGA ASÍ CÓMO TAMÉN FACEMOS UN CHAMAMENTO AS/OS TRABALLADORAS/ES DA COMARCA A SECUNDAR E APOIAR A XORNADA DE FOLGA  DO VINDEIRO 12 DE XUÑO.

 

Ferrol, a 7 de xuño de 2013.


 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48