CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Denuncia

Nota de prensa da Xunta de Persoal da Área

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

No día de hoxe celebramos unha nova concentración na entrada do Hospital Arquitecto Marcide, continuando coas reivindicacións da Xunta de Persoal para esta área sanitaria.

 

Hoxe quixemos facer fincapé nas penosas condicións de traballo que está a padecer o persoal da Lavandería deste hospital. O informe de Saúde Laboral ven de confirmar o que xa era un clamor(as condicións de temperatura e ruido están por riba dos parámetros marcados pola Lei) a pesar de que por fin temos un informe que avala as denuncias feitas polo persoal e os seus representantes, a Dirección de Área nada ten feiro por mitigar as mesmas.

 

Teremos que agardar a que algunha compañeira/o sofra un accidente mortal para que a Dirección tome medidas?

 

A lavandería foi o primeiro servizo da área en obter o certificado ISO de calidade(con todo o merecemento); e todo o persoal e usuarias/os notamos a calidade no seu traballo diariamente, cando poñemos a uniformidade ou ingresamos, e moito máis o notamos cando temos que acudir a outros hospitais onde este servizo está privatizado e non dispoñemos da cantidade e calidade da uniformidade e servizo de habitación.

 

Por elo, queremos suliñar o esforzo deste persoal que a pesar das condicións infrahumanas que diariamente padecen e que se agravan no período estival, consiguen ofrecer un servizo eficaz e de calidade.

 

Continuaremos coas concentracións os xoves reinvindicando os nosos dereitos, e tratando de denunciar cada semana un servizo ou unidade onde as condicións de traballo son máis penosas ou lesionan os dereitos do persoal.

 

Ferrol a 8 de xullo de 2010.

 

!PAREMOS ESTAS AGRESIÓNS!

 

NON Á PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE

 

A SANIDADE NON É UN NEGOCIO

 

 

Asdo: María Mercedes Díaz López. Presidenta da Xunta de Persoal.

 

Descargar nota de prensa

Nova concentración polos dereitos laborais

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

CONCENTRACIÓN POLOS DEREITOS LABORAIS

 

XOVES DÍA 8 DE XULLO DE 2010


 

ÁS 11:15 HORAS


 

NA ENTRADA DO HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE

 

CCOO CIG CSIF CIAS SAE SATSE UGT
 
 

¡PAREMOS ESTAS AGRESIÓNS!

  

XUNTAS/OS PODEMOS 

Delegados/as da CIG de Ferrol péchanse nunha oficina do Santander para esixir que esta crise a pague o capital e a prol da folga xeral

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
15062010Delegados e delegadas da CIG de Ferrol levaron a cabo esta mañá un peche na oficina central do Banco Santander na cidade para denunciar a hipocrisía dunha banca que está a recibir inxentes cantidades de cartos públicos mentres reclama que se recorten os salarios dos traballadores/as e se precaricen aínda máis ás condicións laborais.

A protesta, que se prolongou durante dúas horas, enmárcase nos actos que a Unión Comarcal está a desenvolver de cara ás mobilizacións que a CIG ten organizadas o xoves 17 de xuño en todo o País e continuarán nas vindeiras horas cunha intensa actividade de concienciación nos centros de traballo.

Contra da Xerencia Única ... por Pablo Vaamonde

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
Achegámosvos este artigo de opinión, extraído de GaliciaConfidencial.com, de Pablo Vaamonde, médico do C.S. de Labañou sobre a Xerencia Única

Traballo na sanidade pública como médico de familia desde hai tres décadas. Desde os inicios escoito voces, da dereita económica e política, que anuncian a inviabilidade do sistema público, proclaman a necesidade urxente de cambios no financiamento e prestación de servizos e promoven novos modelos de xestión. O tempo amosa que a ameaza non é tan inminente. Outros expertos, menos alarmistas, destacan a eficiencia do noso modelo, que acada bos indicadores de saúde cun baixo investimento do PIB, en comparación cos países do contorno (Vicenç Navarro).

Máis...

Nota de prensa da CIG Saúde Ferrol por mor da xornada de folga

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Nota de prensa enviada aos medios de comunicación:

 

Unha vez máis a Administración Sanitaria nos impuxo uns servizos mínimos abusivos que coartan o dereito das traballadoras e traballadores a ir á folga, pois nun dia coma hoxe o número de profesionais en servizos mínimos foi moi superior aos que teñen que traballar durante unha fin de semana ou dun  festivo.


Asimesmo denunciamos a mobilidade forzosa de profesionais duns servizos a outros co único obxectivo de boicotear a folga.

 

Ler máis 

 

08062010

 

08062010_2

Seguimento da folga

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

Datos de seguimento da folga que nos pasou a Xerencia ás 15:30 horas, nestes datos faltan por contabilizar a xente que sendo mínimo pasou a liberar un máximo.


- Quenda de tarde:

- ATENCIÓN PRIMARIA:

- Persoal licenciado sanitario: 60%

- Persoal sanitario non facultativo: 79%

- Persoal de xestión e servizos: 75%

- TOTAL 70%

- ATENCIÓN ESPECIALIZADA:

- Persoal licenciado sanitario: 73%

- Persoal sanitario non facultativo: 85%

- Persoal de xestión e servizos: 77%

- TOTAL 80%

 

Datos de seguimento da folga que nos pasou a Xerencia ás 11 horas.

 

- Quenda de noite: 100%

 

- Quenda de mañá:

- ATENCIÓN PRIMARIA:

- Persoal licenciado sanitario: 60%

- Persoal sanitario non facultativo: 53%

- Persoal de xestión e servizos: 68%

- TOTAL 60%

- ATENCIÓN ESPECIALIZADA:

- Persoal licenciado sanitario: 34%

- Persoal sanitario non facultativo: 68%

- Persoal de xestión e servizos: 54%

- TOTAL 58%

 

MOITAS GRAZAS AO TODO O PERSOAL QUE APOIA A FOLGA EN BENEFICIO DE TÓDALAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES!!!!!!!!!!!!

 

EN DEFENSA DOS SALARIOS, DO EMPREGO E DOS SERVIZOS PÚBLICOS!!!!

 

A crise mundial, que a pague o capital!!!!

 

O público = servizo

 

O privado = beneficio

 

Tamén, desde CIG Saúde Ferrol queremos agredacer aos centos de traballadores e traballadoras que participaron da manifestación que partiu ás doce do mediodía do local comarcal en defensa dos salarios, do emprego e dos servizos públicos.


CIG Saúde rexeita os mínimos impostos polo SERGAS

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

tou_folgaCIG-SAÚDE comunica que os mínimos impostos polo SERGAS son moi superiores ás presenzas que hai nos centros un domingo ou festivo. CIG-SAÚDE rexeita os mínimos impostos pola Administración por ser abusivos. Este mínimos decrétanse coa intención de minimizar a paticipación das traballadoras e traballadores na folga.

 

No caso específico da comarca de Ferrol, CIG-SAÚDE FERROL DENUNCIA a actuación da Dirección de RRHH da Área Sanitaria, xa que os servizos mínimos foron entregados ás 14 horas do dia 7 de xuño e ás 15 horas do mesmo dia aínda non facilitaron a actividade cirúrxica programada para o dia de folga.

 

Ademáis, hoxe remitímoslle á prensa un comunicado explicando o porqué da folga e denunciando a actuación do SERGAS e da Dirección da Área Sanitaria de Ferrol co respecto dos mínimos para a folga. Podédelo ler premendo aquí.

8 de xuño, folga e manifestación

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

FOLGA DÍA 8 DE XUÑO

 

MANIFESTACIÓN ÁS 12H

 

CON SAÍDA DO LOCAL COMARCAL DA CIG

 

(Rúa Eduardo Pondal Esteiro 41-43, Ver GoogleMaps)

 

 

Deixámosvos para que descarguedes, imprimades e repartades no voso centro de traballo as pegatinas "Eu tamén apoio a folga. Son Servizo Mínimo". Tamén axuntamos o documento  a asinar para que un máximo libere a un mínimo que queira apoiar a folga, ante o feito de que a Dirección de RRHH non facilitou dito impreso a tódolos servizos/unidades.

 

Os teléfonos de contacto para calquera incidencia ou dúbida que poidades ter no dia de FOLGA son: 
  • 630594691
  • 670264501
  • 647938026

 

Os servizos que queiran organizar unha caixa de resistencia(facer un fondo para repartir os descontos por seguimento da folga entre todo o persoal do servizo/unidade) que se poñan en contacto nos teléfonos antes indicados.

 

 

PARTICIPA!!!!

 

EN DEFENSA DOS SALARIOS

 

DO EMPREGO

 

E DOS SERVIZOS PÚBLICOS!!!!!!!!!!!!!

 

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48