CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Continúan as mobilizacións dos e das traballadoras de ASFEDRO

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

As e os traballadores seguen a mobilizarse para demandar e exixir unha solución de viabilidade para a asociación e o pagamento dos seus salarios adebedados. Hoxe pola mañá realizouse unha concentración as portas do local da asociación no barrio de Caranza. As mobilizacións continuarán durante os vindeiros días. 

 

p080313_11.08

 

CIG Saúde Ferrol convoca unha xuntanza informativa para as e os traballadores de ASFEDRO o vindeiro día 11 de marzo ás 19 horas no local comarcal da CIG onde se tratará a situación actual da asociación e das e dos traballadores.

Sen acordo entre a traballadora despedida e a empresa FERROSER

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Hoxe pola mañá no SMAC(Servizo de mediación, arbitraxe e conciliación) non houbo acordo entre a traballadora e a empresa FERROSER, encargada do servizo de limpeza dos Hospitais que se aproveitou da nova reforma laboral do Partido Popular para despedir a nosa compañeira. Así pois, as dúas partes irán a xuízo nos vindeiros días. 

 

Mentres se celebraba a xuntaza, nas portas do SMAC, realizouse unha concentración en apoio á compañeira despedida.

 

 

 

 

 

 

A SOLUCIÓN É A READMISIÓN

 

NON Á REFORMA LABORAL DO PARTIDO POPULAR

 

CIG-SAÚDE DENUNCIA A CAÓTICA SITUACIÓN DE COLAPSO QUE SE ESTÁ A EVIDENCIAR NO SERVIZO DE URXENCIAS DO CHUF DENDE FAI MESES

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Son diversas e variadas as situacións que de forma reiterada se están a evidenciar no servizo de urxencias no Hospital Arquitecto Marcide en Ferrol.

 

Amoreamento de pacientes e familiares nas salas e pasillos do servizo. Falla de espazo físico e espazos inadecuados e insuficientes para pacientes e traballadoras/es.

 

As diminutas salas de espera sen ventilación están cheas de pacientes amoreados que se atopan en condicións indignas, xunto con profesionais que teñen que facer a súa labor en condicións, cómo pouco, infrahumanas para eles e os seus pacientes; xa que a capacidade do servizo está máis que sobrepasada.

 

As salas asistidas están infradotadas a nivel de recursos humanos e os pacientes que requiren de especial atención e vixiancia atópanse, moitos días en situación de amoreamento, en salas nas que se supera a capacidade física e o que resulta todavía máis grave se sobrepasa a capacidade de traballo dos profesionais o que pon en risco a seguridade de pacientes e traballadoras/es.

 

O amoreamento no servizo de urxencias de pacientes que deberan estar en servizos de hospitalización, (p.ex…. o pasado luns día 4 de marzo, mais de 40 pacientes permanecían no servizo de urxencias á espera de ser trasladados a unha planta) trae consigo situacións de colapso que son xa unha situación do máis habitual, unha norma, no canto de ser excepcionais ou mal chamadas situación puntuais.

 

Carecer dunha simple camilla ou de sillas para tumbar ou sentar a un paciente, carecer de profesionais suficientes que teñan unha mínima posibilidade de proporcionar unha atención digna e cun mínimo de calidade, carecer de espazo físico para o volumen de pacientes que se atopan no servizo e en resumo carecer dos medios físicos, materiais e humanos para unha prestación de atención urxente adecuada as necesidades e dereitos de pacientes e profesionais.

 

Por moito que a Xerencia a través do seu gabinete de prensa informe que o que está a ocurrir no servizo de urxencias é algo puntual propio da estación….queremos e debemos desmentir esta afirmación, polo ben de usuarios e das/os traballadoras/es.

 

As situacións nas que numerosos pacientes permanecen horas no servizo de urxencias é habitual, o amoreamento é habitual, a falla de profesionais nestas situacións é habitual, a falla de medios físicos e materiais é habitual. Negar esta situación é negar a realidade porque cando se fala de colapso no servizo de urxencias as variables para que esta situación se produza son múltiples, e non achacables tan só ao nº de urxencias que acoden ao servizo, senón a calidade das urxencias, medios físicos e humanos para atendelas, tempos de espera e permanencia no servizo... Debemos saber que a atención no servizo depende tamén de outros servizos…laboratorio…radioloxía….plantas de hospitalización….se a Xerencia non habilita as camas necesarias de hospitalización ou estes servizos están infradotados de recursos humanos….os pacientes se amorean en urxencias. Se os servizos antes mencionados son incapaces de asumir máis carga de traballo por infradotación de recursos humanos…os pacientes se amorean en urxencias. Se a política da Xerencia se basea en “altas precoces” os pacientes retornan ao hospital a través do servizo de urxencias.

 

As/os profesionais atopanse realizando a súa labor en condicións miserables de enorme estrés laboral físico e emocional, as posibilidades de erros nesta situación, multiplícanse e tanto a Xerencia como o SERGAS lavanse as máns depositando toda a responsabilidade nuns profesionais que se atopan sufrindo e asumindo as consecuencias das políticas de recortes, cargando con toda a responsabilidade ao seu lombo pois a Xerencia e o SERGAS non se sentan no banquillo dos acusados, cando ocurre algo que nunca debera ter ocurrido, todo o contrario, os seus ingresos/retribucións aumentan directamente proporcional ao aforro que realizan a conta de traballadoras/es e usuarias/os, retribucións que permanecen ocultas aos ollos do público.

 

E os doentes ¡!!!!!!!!!!!!!!! principais afectados e victimas de toda esta situación.

 

Non debemos permitir nin aturar por máis tempo o que está acontecendo, mermando a calidade asistencial de forma intencionada e maltratando a persoal e usuarias/os.

 

Ferrol 6 de marzo 2013.

 

CIG Saúde Ferrol

Axenda de actos convocados pola CIG durante os vindeiros días

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter


7 DE MARZO DE 2013

 

  • Concentración contra o despedimento dunha compañeira do servizo de limpeza do Hospital Arquitecto Marcide. De 12 a 13 horas na entrada do Hospital.

 

 

 

  

8 DE MARZO DE 2013


DÍA DA MULLER TRABALLADORA 

 

  • Concentración diante do CC Odeón ás 12 horas.
  • Concentración ás 20 horas no Cantón de Molíns(Marcha Mundial das Mulleres).

 

 

9 DE MARZO DE 2013


  • Mobilización nacional en Santiago de Compostela "Mulleres Galegas en loita polos nosos dereitos" con saída ás 12:30 horas da Estación de Tren.


 

 

 

 

 

 

 

10 DE MARZO DE 2013, DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA 

 

  • Manifestación comarcal “Contra a pobreza e a explotación. Salvemos os nosos convenios” con saída ás 12:30 horas de diante do local comarcal.

 

 

Banner_10marzo_1

Cursos de Formación do Gabinete de Saúde Laboral 2013

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Podedes realizar xa, a preinscrición para calquera das actividades formativas do ano en curso. Formación dirixida a todo o persoal, tanto en activo como en situación de desemprego. Achegade esta folla de preinscrición  por correo interno ou ben en persoa ao local do sindicato no Arquitecto Marcide coa seguinte documentación:

 

  • Fotocopia Documento de Identidade
  • Fotocopia Tarxeta Sanitaria

 

Teléfono de contacto da responsable de formación: 672.197.387(Julia)



Cursos 2013:


1º.- A PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS EN SITUACIÓN DE EMERXENCIA HOSPITALARIA (10 horas)
Datas: A primeiros de maio
Horario: 16:15 / 21:15
Docente: Juan Couce
Colaboración: Protección Civil e Cruz Vermella

 

2º.-PREPARACIÓN FÍSICA E PREVENCIÓNS DE LESIONS DE ORIXE LABORAL NO EIDO SANITARIO (10 horas)
Días: 15, 16 e 23 abril
Docente: Daniel Rodríguez Pereiro (Fisioterapeuta)
Horario: 16:30 / 19:50

 

3º.-CURSO MONOGRÁFICO: ILLAMENTOS DE DOENTES (10 horas)

Días: 9, 10 e 11 abril
Horario: 16:30 / 19:50
Docente: Juan Couce


Continúan as mobilizacións en contra do despedimento dunha compañeira do servizo de limpeza

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

De novo hoxe, concentraronse un bo número de traballadores e traballadoras das distintas empresas que traballan no Hospital Arquitecto Marcide como do propio SERGAS, xunto cos representantes das organizacións sindicais que conforman o comité de empresa do que forma parte a CIG, para exixirlle á empresa Ferroser, adxudicataria do contrato de limpeza dos hospitais de Ferrol, a readmisión da traballadora despedida.

 

Tamén houbo berros contra o Xerente da Área Sanitaria de Ferrol que a día de hoxe aínda non recibiu aos representantes/as dos/as traballadoras que fai uns días solicitaron entrevistarse con el para explicarlle cal era a situación do despedimento. Antes de rematar a concentración, o persoal levou as súas protetas diante do despacho do xerente.

 

As mobilizacións continuarán ata que a empresa readmita a traballadora. A seguinte concentración será o vindeiro xoves 7 de marzo entre as doce e a unha na entrada do Hospital Arquitecto Marcide.

 

 

A SOLUCIÓN É A READMISIÓN

CIG Saúde gaña as eleccións sindicais no Hospital Xeral "Juan Cardona"

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter


O martes día 26 celebraronse as eleccións sindicais no Hospital Xeral “Juan Cardona” en Caranza(Ferrol).


Elixíanse 13 membros do Comité de Empresa: 7 no colexio de Técnicos e Administrativos é 6 no colexio de Especialistas e Non cualificados.

 

O resultado das eleccións foi o seguinte:

  • CIG-SAÚDE: 5     (3 en técnicos + 2 en especialistas)
  • UGT:              4      (3 en técnicos + 1 en especialistas)
  • USTG:              (1 en técnicos + 1 en especialistas)
  • CC.OO:          2    (                              2 en especialistas)

 

A participación do persoal do centro hospitalario foi moi considerable:

  • No colexio de técnicos: 60,25% (97 votos dun censo de 161)
  • No colexio de especialistas: 80,00% (120 votos dun censo de 150)

Sendo a participación media total do 69,80% (217 votos dun censo total de 311)

 

A xornada electoral celebrouse sen ninguna incidencia e dende CIG Saúde queremos agradecer e darlle as grazas a todo o persoal que participou democraticamente na elección dos compañeiros e compañeiras que os representarán no Comité de Empresa, votando as diferentes candidaturas.

Concentración polo despedimento dunha compañeira do servizo de limpeza do Marcide

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter


CONCENTRACIÓN DO PERSOAL DA LIMPEZA

 


 

 REXEITANDO Ó DESPEDIMENTO DUNHA COMPAÑEIRA

 

MÉRCORES DÍA 27 AS 12:30HORAS

 

NA ENTRADA DO HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE

 

NON AO DESPEDIMENTO!!!!!!

 


ACUDE!!!!!

DEFENDE AS COMPAÑEIRAS/OS!!!!!

 

Nova Apertura listas de contratación

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Informamos que o vindeiro luns día 25 de Febreiro está prevista a publicación no DOG da Resolución de 15 de febreiro de 2013, da Dirección de Recursos Humanos pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes nas seguintes categorías: 

 

Técnica/o superior de sistemas e tecnoloxías da información.

 

Técnica/o de xestión de sistemas e tecnoloxías da información.

 

Técnica/o especialista de sistemas e tecnoloxías da información.

 

Cociñeira/o.

 

Pinche.

 

 

 

O prazo de inscripción se iniciará o 26/02/2013 e rematará o 25/03/2013.

Concentración contra a corrupción e a destrucción social e cultural.

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

 

CONCENTRACIÓN EN FERROL

 

 VENRES 22 DE FEBREIRO ÁS 20 HORAS 

 

DIANTE DA SEDE DO PARTIDO POPULAR


 

 

Organizacións sindicais, políticas e estudantís lanzan unha campaña de mobilizacións en defensa dos dereitos sociais e nacionais


MANIFA

Mirian Rodríguez, Xulio Vicente e Laura Arjonilla presentaron esta mañá en rolda de prensa, en representación do BNG, o CCPI, a CIG, COG, FRUGA, MPB, Nós-UP, AGIR, AMI, BRIGA, os Comités, Galiza Nova, ISCA! e a Liga Estudantil Galega unha campaña de mobilizacións que comezará mañá venres, día 22 de febreiro, con concentracións nas cidades de Galiza, ás 20:00 horas, e que confluirá nunha manifestación nacional o vindeiro día 3 de marzo, en Compostela, con saída ás 12:00 horas da Alameda.
Máis...

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48