CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Mércores 12 de xuño, FOLGA XERAL COMARCAL

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter


HORARIO DA FOLGA

Para o conxunto do persoal do SERGAS o horario da folga comeza ás 22 horas do 11 de xuño e remata ás 8 horas do día 13 de xuño.

 

TELÉFONOS DE INCIDENCIA

Durante toda a xornada de folga poderédesvos poñer en contacto para todo aquelo que necesitedes nos números 630.594.691, 647.938.026 ou 670.264.501.

 

MANIFESTACIÓN COMARCAL UNITARIA

Con saída ás 12:00 horas da Praza do Inferniño en Ferrol.


DESCARGA:

 



FERROLTERRA ESIXE SOLUCIÓNS

 

Nas comarcas de Ferrolterra o desemprego medra por enriba do resto do Estado e de Galiza, un 16% no último ano, a perda de poboación nos últimos anos supera as 12.000 persoas e a media de idade en Ferrol xa supera a do resto das cidades galegas.

 

Tódolos planos postos en marcha polas distintas administracións non foron quen de paliar este drama, bascamente por non ter afrontado unha verdadeira diversificación industrial.

 

As nosas comarcas están a padecer un illamento en canto a infraestruturas que supón un enorme lastre para o seu desenrolo.

 

O sector máis importante da comarca, do cal dependen 17.000 familias, o naval, segue sen ter contratos e está abocado a paralización absoluta.

 

Os nosos sectores produtivos básicos esmorecen e mesmo algún deles morre, como o marisqueiro, pola dilación no cumprimento de normativas da UE en canto a saneamento da ría.

 

ÚNETE Á FOLGA XERAL COMARCAL



 

Comunicado da Xunta de Persoal diante da convocatoria Folga Xeral na comarca de ferrolterra do dia 12 de xuño de 2013.

 

Nas comarcas de Ferrolterra o desemprego medra por enriba do resto do Estado e de Galiza, un 16% no último ano, a perda de poboación nos últimos anos supera as 12.000 persoas e a media de idade en Ferrol xa supera a do resto das cidades galegas.


Tódolos planos postos en marcha polas distintas administracións  non foron quen de paliar este drama, básicamente por non ter afrontado unha verdadeira diversificación industrial.


As nosas Comarcas están a padecer un illamento en canto a infraestructuras que supón un enorme lastre para o seu desenrolo.


O único e máis importante sector económico da comarca do cal dependen 17.000 familias, o naval, segue sen ter contratos e está abocado a paralización absoluta. Os nosos sectores produtivos básicos esmorecen e mesmo algún deles como o marisqueiro, pola dilación no cumprimento de normativas da EU, en canto o saneamento da Ría.


O desmantelamento das Administracións  Públicas na nosa comarca e evidente, coa  conseguinte perda de postos de traballo .No sector sociosanitario as empresas que prestan servizos básicos a persoas con problemas de integración social, están abocadas a desaparición.


Diante desta situación de drama social que están a vivir as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, demandados das institucións da Xunta de Galiza e do estado Español  a posta en marcha de políticas activas de emprego, que poidan paliar esta situación que se está a converter en irreversible.


QUEREMOS AMOSAR O NOSO APOIO Á XORNADA DE FOLGA ASÍ CÓMO TAMÉN FACEMOS UN CHAMAMENTO AS/OS TRABALLADORAS/ES DA COMARCA A SECUNDAR E APOIAR A XORNADA DE FOLGA  DO VINDEIRO 12 DE XUÑO.

 

Ferrol, a 7 de xuño de 2013.


Asemblea Informativa sobre a Folga Xeral Comarcal

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

ASEMBLEA INFORMATIVA

SOBRE A FOLGA XERAL COMARCAL

 

10 DE XUÑO DE 2013

 

 

ÁS 11 HORAS NO SALÓN DE ACTOS DO HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE

 

ÁS 14 HORAS NO SALÓN DE ACTOS DO HOSPITAL NAVAL 

 

asembleas

 

 

 

Importante mobilización de traballadores e traballadoras contra as privatizacións do Partido Popular

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Importante mobilización de traballadores e traballadoras hoxe na entrada do Hospital Arquitecto Marcide contra as privatizacións e as políticas anti traballadores do Partido Popular. Dar as grazas a todo o persoal que acudiu e as alumnas de enfermaría do IES de Leixa. Á mesma hora, realizábanse concentracións na maioría de centros de traballo do SERGAS en toda Galiza.

 

Preme aquí para saber máis....

 

100_0877

Domingo 2 de xuño, Carga de Dignidade !!!

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
 
carga
 
2 de xuño de 2013, de 11 a 14 horas
 
CARGA  DE DIGNIDADE PARA A NOSA COMARCA
 
 
Trae a túa peza de roupa para pendurar na reixa de Navantia
 
 
PARTICIPA!!!!!
 
U.C. da CIG de Ferrol
 
 

Concentracións en contra das privatizacións

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

MARTES 4 DE XUÑO DE 2013

 

 

ÁS 11 HORAS

 

EN TODOS OS CENTROS DO SERGAS

 

 

CCOO CIG UGT CSIF

 

PAREMOS AS PRIVATIZACIÓNS

ESTÁN EN XOGO OS NOSOS POSTOS DE TRABALLO

ESTÁ EN XOGO A SANIDADE PÚBLICA

Asemblea informativa sobre as privatizacións e o noso futuro

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

ASEMBLEA INFORMATIVA SOBRE AS PRIVATIZACIÓNS

 

Mércores 29 de maio ás 11 horas

 

Salón de Actos do Hospital Arquitecto Marcide

 

CCOO CIG CSIF UGT

 

PAREMOS AS PRIVATIZACIÓNS !!!

 

ESTÁN EN XOGO OS POSTOS DE TRABALLO !!!

 

ESTÁ EN XOGO A SANIDADE PÚBLICA !!!

12 de xuño, FOLGA COMARCAL, Ferrolterra esixe SOLUCIÓNS

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Cartaz_Folga_Comarcal_12-06-13.grande

 

 

As organizacións sindicais CIG, CCOO, UGT e USTG de Ferrol veñen de anunciar a convocatoria de Folga Xeral Comarcal para o mércores 12 de xuño, ante a situación de “emerxencia total” que sufre Ferrolterra. Con motivo do paro xeral, que as centrais sindicais agardan sexa un éxito en contra das "nefastas políticas do goberno estatal e da Xunta", está convocada tamén unha manifestación que partirá ás 12:00 horas dende o Inferniño e rematará na Praza do Concello.

 

A convocatoria foi feita pública este luns en rolda de prensa polos responsábeis comarcais de cada unha das centrais sindicais, que avanzaron que o paro xeral se desenvolverá baixo o lema “Ferrol esixe solucións”.  A este respecto,  o co-voceiro da CIG-Ferrol, Xesús Anxo López Pintos, apuntou que dende hai dous meses as catro organizacións sindicais veñen mantendo contactos co obxectivo de artellar unha resposta conxunta ante a alarmante situación socio-económica que arrastra a comarca dende a mal chamada reconversión do naval, agudizada agora polo actual contexto de crise global.

 

“Ferrol presenta as peores cifras de desemprego, no último ano pasamos dunha taxa de paro do 16% até o 22%; a maioría das empresas da comarca están afectadas por expediente de regulación de emprego, entraron en concurso de acredores ou directamente botaron o peche; os nosos sectores pesqueiros e agro-gandeiros están en claro retroceso e desaparición; non hai investimento público nin desenvolvemento das infraestruturas; e aínda por riba o naval,  sector estratéxico para a comarca, atópase na situación máis complicada da súa historia”, aseguraba López Pintos.

 

En canto á grave crise do naval, o co-responsábel comarcal da CIG, lembrou que, fronte as promesas electoralistas e os anuncios de supostos pedidos para os estaleiros por parte da Xunta do PP, nos últimos dous anos xa se perderon máis de 2.000 empregos na industria auxiliar,  nestes momentos non hai nova carga de traballo en carteira e nin sequera dende o Goberno español e galego se aposta pola construción do dique flotante como ferramenta de futuro e solución urxente á falta de actividade.

 

As centrais sindicais xa están a traballar para que a folga do próximo 12 de xuño sexa todo  un éxito. Para iso, teñen previsto iniciar unha rolda de contactos con representantes do movemento asociativo, o comercio e empresarios locais, co obxectivo de solicitar o apio á convocatoria. Así mesmo, celebraranse asembleas nos centros de traballo e accións de cara a concienciar á cidadanía das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal da necesidade de dar unha resposta contundente contra “as políticas nefastas do estado e a Xunta, que actúan contra o desenvolvemento de Ferrolterra”, aseveraba Pintos.

 

“Non nos queda máis que enfrontarnos contra estas políticas e esixir un cambio de rumbo a través da confrontación”, concluíu.

 

Noticia extraída de Avantar

Protesta nos xulgados de Ferrol coincidindo coa celebración do xuízo polo despedimento da traballadora de Ferroser

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
fFerroser.grandeSolicitouse a nulidade do despedimento ao entender que non existen causas nin económicas nin organizativas.
Este xoves continuaban as mobilizacións para esixir a readmisión dunha traballadora do servizo de limpeza do Hospital Arquitecto Marcide, inxustamente despedida pola empresa Ferroser (que ten a contrata do servizo). Desta volta, a protesta trasladouse até as portas do xulgados de Ferrol, coincidindo coa celebración do xuízo polo despedimento, que logo de máis de tres horas quedou visto para sentenza.

A este respecto, o co-responsábel comarcal da CIG, Xesús Anxo López Pintos, explicou que se solicitou a nulidade do despedimento, pois en contra do argumentado pola empresa, “nin existen causas económicas nin produtivas para xustificar este despedimento”. De feito, matizou, “todo apunta máis ben a unha persecución da empresa contra esta traballadora”, que leva case 20 anos neste servizo.

 

Cómpre lembrar que Ferroser (que ten a contrata do servizo de limpeza do Arquitecto Marcide) xustificou o despedimento en base a unha suposta redución dos metros cadrados e un recorte da contía da contrata por parte do Sergas. Cuestións que dende a CIG de Ferrol se desmentiron rotundamente dende o primeiro día, “pois segue habendo os mesmos metros cadrados para limpar e dende o Sergas non se recortou a contía”.

 

Máis ben pola contra, de existir algún problema de carácter económico a responsabilidade, sinala Pintos, sería da propia empresa, xa que licitou un prezo do servizo máis baixo co que estaba consignado para o ano anterior.

 

Nos últimos dous meses o persoal de Ferroser, acompañado por traballadores/as do Sergas, estiveron realizando semanalmente concentracións na entrada do Hospital e reclamando a mediación do xerente do hospital, que deu a calada por resposta. Agora, á espera da sentenza xudicial, dende a CIG de Ferrol non desbotan continuar coas mobilizacións, se finalmente se resolve que o despedimento é improcedente e a empresa opta pola indemnización en lugar da readmisión.   


Noticia extraída de Avantar

Manifestación Día Internacional da Clase Traballadora

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

Cartaz20Primeiro20de20Maio202013_grande

MANIFESTACIÓN COMARCAL

Saída ás 12 horas do Local Comarcal da CIG

Manifestación Comarcal en defensa dos Servizos Sociais de Ferrolterra

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Cartz

O Comité de Empresa de Traballo e Benestar da provincia da Coruña convoca esta manifestación contra a política dos Gobernos do PP ao respecto dos recortes na prestación servizos sociais de carácter público en xeral, e en particular na nosa comarca, que non fan máis que empeorar as condicións dos servizos para as usuarias e usuarios e as condicións de traballo das empregadas e empregados.

 

 

Hai que dicir basta a tanta destrución de servizos básicos na comarca por parte da Xunta de Galicia: Souto de Leixa con destrucción de postos de traballo de persoal cualificado e paso a unha xestión privada que non garantiza a mesma calidade e atención prestada; abandono da política de protección de menores co peche do Centro de Menores Soutomaior para convertilo en non se sabe qué aínda; amortizacións e desmantelamento da Oficina de Valoración da Dependencia; condicións abusivas para os traballadores/as na Residencia de maiores de Caranza...

 

 

Pero ademais tamén se incluirá a reivindicación dos recortes en servizos sociais públicos dependentes doutras administracións públicas, como no CAMF-IMSERSO e a ameaza que supón a nova reforma da Administración local para os servizos sociais municipais.

 

CONTAMOS CON TODAS/OS PARA DEFENDER O DE TODAS/OS

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48