CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Concentracións en defensa dos Servizos Públicos

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter


Martes, 17 de de decembro ás 12 horas diante do Parlamento Galego en Compostela. Convoca a Plataforma Galega de Servizos Públicos, da que forma parte a CIG, como protesta e rexeitamento aos orzamentos galegos para o ano 2014 e que está previsto que se aproben ese día. 

 

Xoves, 19 de decembro ás 12 horas diante da Delegación do Goberno na Coruña. Convoca a Plataforma Galega de Servizos Públicos para manifestar o rexeitamento á reforma da administración local que está a debate no Parlamento Español.  

plataformagalegaservizospublicos

 

 ACODE !!!


 

NON Á PRIVATIZACIÓN DOS SERVIZOS PÚBLICOS !!!

CIG-Saúde alerta da posíbel privatización do servizo de esterilización dos centros hospitalarios

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

A CIG-Saúde manifesta a súa preocupación pola información que circula polos centros hospitalarios do SERGAS segundo a que, neste mesmo mes de decembro, se procedería á publicación do concurso para a privatización do servizo de esterilización dos centros hospitalarios. Segundo esa información trataríase dun contrato de 132 millóns de euros por un período de 12 anos.

 

A CIG-Saúde explica que os hospitais públicos do SERGAS contan cos certificados de calidade ISO 9001 que garante a excelencia e calidade do traballo. Este control dos estándares de calidade tamén se fai polos servizos de medicina preventiva dos hospitais. O conxunto do traballo e do control de calidade é prestado por persoal sanitario (TCAEs, enfermiras/os e médicas/os) e se isto pasa a mans dunha empresa privada "estariamos a falar da privatización da 'bata branca', esa que di a conselleira que non se vai producir", di María Xosé Abuín.

 

A CIG-Saúde advirte do encarecemento de todo o proceso se realmente se chega a efectivizar, xa que o material tería que ser trasladado en camións blindados, con sistemas que preserven un determinado nivel de humidade. De non ser así, o traslado deste material contaminado, en medios de transporte convencionais sería un risco para a poboación.

 

Con data de 4 de decembro, a CIG-Saúde remitiu un escrito solicitando do SERGAS unha aclaración a respecto deste asunto sen que a esta altura se teña recibido unha resposta. O escrito foi enviado á Directora de Recursos Humanos do SERGAS, ao Director Asistencial e ao Director de Recursos Económicos, Pablo Torres, que é o encargado de publicar os concursos.

 

A CIG-Saúde solicita que en aras á transparencia da que o PP presume se lle proporcione información a respecto desta inminente privatización ou que, senón se proceda ao seu desmentido.

9 e 10 de decembo, Folga Xeral na Sanidade Pública Galega

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

HORARIO DA FOLGA

Para o persoal do SERGAS(estaturario, funcionario, laboral, en formación e residentes en formación) o horario da folga comeza ás 22 horas do 8 de decembro e remata ás 22 horas do día 10 de decembro de 2013. 

 

TELÉFONOS DE INCIDENCIA

Durante toda a xornada de folga poderédesvos poñer en contacto para todo aquelo que necesitedes nos números:

  • Vicky: 628109130
  • Sandra: 630594691
  • Merche: 670264501
  • Elena: 630257250

CONCENTRACIÓNS

Durante as mañás e as tardes dos días 9 e 10 diante do Hospital Arquitecto Marcide.

 

MANIFESTACIÓN COMARCAL UNITARIA

10 de decembro, con saída ás 18:00 horas de diante do Centro de Saúde Fontenla Maristany en Ferrol.


DESCARGA:

 



CONVOCAN

 

CIG - CCOO

Visita da Conselleira de Sanidade ao Marcide

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

Hoxe, antes das doce da mañá facía presenza no Hospital Arquitecto Marcide a Conselleira de Sanidade. O motivo? Descoñecémolo. A Xerencia da EOXIF non comunicou nin informou desta presenza nin ás traballadoras nin ás súas representates, agora ben, informou puntualmente a prensa que estaba toda agardando a súa chegada no Halll do Hospital.

 

A súa chegada, un grupo de traballadoras recibiunas a berros de "Non ás privatizacións". Posteriormente, un bo grupo de traballadoras levaron a súa protestas á Sala de Xuntas do hospital onde a Conselleira e a Xerencia estiveron tomando o café e uns pinchos durante máis de unha hora ben escoltados pola Policía Autonómica. 

 

 

NON ÁS PRIVATIZACIÓNS

 

 

 

 

O PÚBLICO É SERVIZO O PRIVADO BENEFICIO

 

25 de novembro, concentración no Día Internacional de loita contra a violencia de xénero

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
O vindeiro luns 25 de Novembro (Día Internacional de loita contra a violencia de xénero) a Secretaría da Muller da CIG convoca concentracións nas principais cidades do País baixo o lema “Atentar contra a nosa saúde tamén é violencia de xénero”, a de Ferrol será ás 12h diante do Edf. Administrativo da Xunta. Facemos un chamamento a participar activamente nesta concentración así como nas convocadas para a tarde do luns polo movemento feminista da comarca.
CONCENTRACIÓN

25 DE NOVEMBRO ÁS 12 HORAS

DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALIZA EN FERROL


ASFEDRO: Asemblea para afiliación

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

ASFEDRO

 

ASEMBLEA PARA A AFILIACIÓN

 

Mércores 27 de novembro


ás 17 Hrs no local de ASFEDRO

 

 

Asemblea de Afiliación: Acomodos Internos

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

O vindeiro xoves día 21 de novembro as 17:30 horas, no local do sindicato na rúa Eduardo Pondal 41-43, faremos unha ASEMBLEA coa AFILIACIÓN co fin de abordar a situación actual do proceso de acomodos internos.


 

XOVES 21 DE NOVEMBRO DE 2013 ÁS 17:30 HORAS


LOCAL COMARCAL DA CIG


ASEMBLEA AFILIACIÓN


ORDE DO DÍA: ACOMODOS INTERNOS

Asembleas informativas sobre as Unidades de Xestión Clínica

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

ASEMBLEAS INFORMATIVAS

 

UNIDADES DE XESTIÓN CLÍNICA


Martes 19 de novembro de 2013


 

  • Qué son?
  • Cómo funcionan?
  • Cómo nos afectan?

 

Salón de Actos do Hospital Arquitecto Marcide

  • Ás 14:00 horas
  • Ás 17:30 horas

Centro de Saúde de Narón

  • Ás 8:15 horas

Manifestación en defensa das nosas pensións

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

2013_11_14_ManifasReformaPensions.grande

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48