CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A CIG rexeita o borrador do novo decreto porque supón unha involución na normalización lingüística e unha agresión ao galego

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

A central esixe a retirada deste documento e o mantemento da normativa vixente.

A CIG rexeita rotundamente a proposta de novo decreto presentado hoxe por Núñez Feijoo para derrogar o Decreto 124/2007. Este borrador é unha nova agresión ao noso idioma e un paso máis do Partido Popular para reducir os dereitos lingüísticos das galegas e dos galegos. Unha agresión que se efectiviza durante as festas do Nadal, en plenas vacacións escolares, agardando ao día 30, con nocturnidade e covardía, procurando que non haxa contestación social, o que pon en evidencia a mala conciencia deste goberno que sabe que está a atacar os dereitos das galegas e dos galegos.
undefined
Máis...

Vozeiro

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
DESCARGA O NOSO VOZEIRO:

Deixámosvos aquí o novo vozeiro. Este mes de xaneiro tratamos diversos temas como a Privatización do novo Hospital de Vigo ou o vindeiro Vº Congreso Nacional de CIG Saúde.

Vozeiro nº7: xaneiro de 2010

Especial folga 16 de decembro de 2009

Vozeiro nº6: decembro de 2009

Vozeiro nº5: outubro de 2009

Vozeiro nº4: xullo de 2009

Vozeiro nº3: xuño 2009

Vozeiro nº2: maio de 2009
Vozeiro nº1: xaneiro de 2009

 

Afilíate

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter


Queres afiliarte á Cig Saúde Ferrol?
Pois só tes que encher a ficha de afiliación cos teus datos persoais e despois poñerte en contacto con nosoutras. Podes facelo achegándote ao Local da Cig Saúde Ferrol nos baixos do Centro de Especialidades ou chamando ao 981 33 45 66, ou se o prefires enviandonos unha mensaxe electrónica a  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

 

Que significa afiliarse?

A afiliación na CIG-Saúde é un acto de compromiso e solidariedade. Compromiso, porque no acto, manifestas que as túas inquietudes e pensamento sindical coinciden en gran parte cos postulados e opinións nosas, e solidariedade porque a cota sindical que pagas non é a compra dun servicío senón a contribución desinteresada para o mantemento da organizacións sindical.

 

Tamén e un acto no que te comprometes a respaldar as mobilizacións e actos convocados polo sindicato sempre que poidas asumilos.

 

E que se financia coa túa cota sindical?

Pois a adquisición de edificios e locais do sindicato, así como o seu mantemento.

 

s campañas de mobilización e concienciación social.

 

A contribución a caixa de resistencia é que se utiliza só en conflictos longos e duros, e de desgaste económico para o afiliado de inmensa contía.

 

Os servicios técnicos como a Asesoría Xurídica e normalización liguística.

 

Servicios Sociais como a Secretaría da Muller ou Atención o Emigrante retornado ou Inmigracion.

 

Tódolos que xere o sindicato pola súa actividade instituciónal.

 

A asesoría xurídica esixe para a súa utilización por parte do traballador unha antigüidade mínima de 6 meses, ou o pago dos mesmos se queres utilizala, nunha medida que ten como fin promocionar a afiliación de conciencia e compromiso colectivo, e non a de interese individual exclusivo.

 

Ademais nas demandas nas que o traballador reclama diñeiro o sindicato estableceu unhas comisións sobre os cartos reclamados no caso de que a demanda sexa estimada e que diminue atendendo a antigüidade do afiliado que no caso de ter máis de 5 anos a comisión e 0%.

 

Servizos de apoio á acción sindical 

Para apoio da nosa acción sindical e para unha mellor defensa dos intereses da clase traballadora galega, creamos todo un conxunto de servizos e mecanismos que podemos resumir nos seguintes:

 

-O departamento de servizos xurídicos, que cobre todo tipo de asesoramento e defensa en casos de despedimentos, reclamación de cantidades, vacacións, xornada laboral, pensións, prestacións por desemprego, etc, sendo totalmente gratuíto este servizo a partir de levar cinco anos afiliado/a. 

 

-Os departamentos de asesoramento económico, laboral e de igualdade, que cobren todo tipo de asesoramento en materia de informes para ERES, descolgues de convenios, economía social, plans e políticas de igualdade e conciliación, informes sobre novas ordes, decretos ou leis, etc. Totalmente gratuíto.

 

-O departamento de formación profesional, que a través dun convenio coa fundación FORGA leva anos impartindo cursos de formación, nos nosos propios centros, nos que se formaron miles de traballadores/as, con fondos públicos e de forma totalmente gratuíta.

 

-O Plan de Axuda Alimentaria Solidario da CIG, creado nos últimos tempos coas achegas solidarias da afiliación para dar apoio a todos aqueles afiliados/as que como consecuencia da crise teñen dificultades para poder cubrir as necesidades máis básicas de alimentación. Somos a única central sindical en Galiza que temos operativo este servizo de axuda á afiliación. 

 

-A Caixa de Resistencia, de apoio en caso de folga, posibilitando que os afiliados/as, que levan máis de tres meses de afiliación á central sindical, poidan cobrar até o equivalente do salario mínimo interprofesional, a partir do cuarto día de folga, este incluído, compensando así unha parte importante do salario perdido como consecuencia da folga. Este mecanismo tenlle servido até hoxe a moitos compañeiros/as afiliados/as para aguantaren a folga na súa empresa e permitirlle así gañar o conflito fronte á patronal. Somos a única central sindical en Galiza que temos operativo este servizo de apoio á afiliación. 

 

 

Para informarte e afiliarte 

-Ponte en contacto coa representación sindical da CIG na túa empresa.

 

-Chama por teléfono ou envía un correo electrónico ao local da CIG máis próximo ao teu enderezo.

 

-Descarga a folla de afiliación da páxina web da CIG, cúbrea e envíaa ao local da CIG ou entrégalla á representación sindical da CIG no teu centro de traballo.

 

Documentos


Agardámoste!!! 

 

Contacta con nós

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

Podes atoparnos en:

  • Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos(Google maps):

- Baixos do Centro de Especialidades

- 981334566(Tlfn/fax)

- Rúa Eduardo Pondal, 41-43 entrechán(Ferrol)

- Tlfn: 981358750  Fax: 981358760

  • Email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Quen somos?

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

  • Ana Arto Blanco: Contratacións e delegada da Xunta Persoal da ASF
  • María Mercedes Díaz López: Delegada da Xunta de Persoal ASF e Secretaría da Muller
  • Francisco Xavier Iglesias Mouriz: Delegado da Xunta de Persoal da ASF
  • Alicia Dosil: Delegada de sección sindical
  • Julia Lorenzo Casteleiro: Delegada sección sindical da ASF e Formación e FEGAS
  • Alejandra Martínez Yáñez: Secretaria Comarcal, Delegada da Xunta de Persoal da ASF e Especializada ASF
  • Azucena Sordo Fraga: Delegada Sección Sindical e Primaria da ASF
  • Berta Lópes Permuy: Acción Sindical
  • Xaquín Bouza Leirachá: Mocidade
  • Ana Domínguez Montero: Delegada Comité Empresa Juan Cardona e Sanidade Privada e Eleccións

Contacta con nós

CIG Saúde

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
A CIG-Saúde e a Federación de Sanidade da CIG; e dicir ocúpase de tódolos asuntos sindicais que se producen no Sector da Sanidade.

Como federación integrada na CIG practicamos un sindicalismo de clase e nacionalista nos que os principio de solidariedade e acción sindical global é o eixo da nosa actividade como sindicato.

Ademais os nosos obxectivos principais establecidos nos  estatutos de CIG-Saúde son os seguintes:
1) A defensa do dereito á protección e promoción da saúde integral das/os galegas/os.
2) A defensa do carácter de servicio público da atención de saúde, e por tanto a consolidación dun sitema sanitario público, universal, gratuito e de calidade.
3) A loita contra o coorporativismo e a integración dos lexitimos intereses particulares dos diferentes colectivos nunha concepción sindical global, de clase, e unha acción común.
4) A organización, o asesoramento e a defensa das condicións laborais, profesionais e sociais das/os traballadoras/es do sector sanitario alí onde estean.

Como podedes observar no nosa web  para dar cauce os léxitimos intereses particulares dos diferentes colectivos existen as agrupacións ou grupos de traballo que ocúpanse de forma especializada dos intereses exclusivos que lles afectan, un exemplo de todo isto é a Agrupación Médica que defende os intereses sindicais dos traballadores médicos ante os órganos que correspondan e poñen en coñecemento do sindicato as reivindicacións do seu colectivo, sempre no eido dun sindicalismo global, de clase e solidario.

Noutros colectivos existen grupos de traballo que fan a mesma función que as agrupacións e que posibilitan as propostas sindicais do seu colectivo nunha alternativa real solidaria os sindicatos coorporativistas e nunha forma de atende-los problemas do día a día que como ben sabemos moitas veces son os que máis prexuizos e molestias ocasionan os traballadores.

No referente a organización da nosa Federación podemos resumila da seguinte forma:
1.-Son órganos nacionais de governo da CIG-Saúde:
   a) O Congreso
   b) O Consello Federal
   c) A Executiva Federal
2.- Son órganos comarcais de governo da CIG-Saúde:
   a)    A Asemblea Comarcal
   b)    O Consello Comarcal
3.- Son órganos locais de governo da CIG-Saúde:
   a)    A Asemblea Local
   b)    O Consello Local
3.- É órgano unipersoal da CIG-saúde:
   a)     A Secretaría Nacional
   b)     A Secretaría Comarcal
   c)     A Secretaría Local
 

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48