CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Asemblea para a afiliación

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

ASEMBLEA AFILIACIÓN CIG SAÚDE

 

23 de Abril de 2014 ás 17:30 horas

 

Salón de Actos do Local Comarcal da CIG en Esteiro

 

Orde do Día: Futuras Mobilizacións

O Sergas recortou nun 30% o persoal do arquivo de historias clínicas de Río do Pozo

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

O PP avanza nas súas políticas de desmantelamento e privatización da sanidade pública

Nos últimos meses o persoal do arquivo de historias clínicas situado no Polígono do Río do Pozo sufriu un recorte dun 30% no seu cadro de persoal. A CIG Saúde Ferrol denuncia este novo recorte na Sanidade Pública da Área Sanitaria, que dende a Xerencia escusan cunha suposta baixada de carga de traballo.

Desde CIG Saúde Ferrol desmentiuse esta afirmación, pois aínda que coa implantación da historia clínica dixital diminuíu a carga de traballo programada, tamén a Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol diminuíu o número de traballadoras contratadas, en concreto, apuntan, reduciuse un total de 4 traballadoras.

 

CIG Saúde Ferrol deixa constancia de que a diminución da carga de traballo programada se compensou cun aumento de maneira considerábel da carga de traballo por localización de historias por goteo. Sumado a isto realízase unha nova tarefa que antes non se facía, como é a dixitalización das historias clínicas.

Polo tanto, CIG Saúde Ferrol denuncia que a carga de traballo que soportan as traballadoras é a mesma dos últimos anos, cunha diminución do cadro de persoal contratado por parte do SERGAS, “polo que no arquivo do Río do Pozo, se conta para realizar a mesma carga global de traballo con catro traballadoras menos”.

 

Con esta medida, o Partido Popular retoma as bases da privatización deste servizo, comezada anos atrás coa entrada dunha empresa privada para dar servizo ao transporte destas historias, así como a súa xestión durante a fin de semana e festivos. Emprega a táctica habitual da privatización consistente no adelgazamento, baixo supostos ficticios, dos cadros de persoal no sector público para posteriormente externalizar o servizo.

 

CIG Saúde denuncia que a Xerencia de Ferrol está a pagar á empresa privada o alugueiro dunhas instalacións no Polígono do Río do Pozo onde está situado o Arquivo de Historias Clínicas da Xerencia de Ferrol, tendo espazo libre no Hospital Naval ou no Novoa Santos. “Aos gastos de alugueiro hai que sumarlle o importante gasto de enerxía que se deriva do uso de devanditas instalacións asumido pola Xerencia de Ferrol, pese a que as traballadoras do SERGAS se queixan de maneira reiterada de que se traballa en condicións extremas de frío e correntes de aire no inverno e calor no verán, até o momento non subsanadas”.

 

Por todo isto, CIG Saúde Ferrol esixe á Xerencia da EOXIF que restabeleza o cadro de persoal do arquivo do Polígono do Pozo, se oferte unha sanidade de calidade e se paralice a política de privatizacións que se está a levar a cabo polo SERGAS.

 

Noticia en Avantar

Manifestación en Defensa da Sanidade Pública e en contra das privatizacións

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

MÉRCORES 26 DE MARZO DE 2014


MANIFESTACIÓN COMARCAL


EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

E EN CONTRA DAS PRIVATIZACIÓNS

 

Ás 18 horas con saída de diante do Centro de Saúde Fontenla Maristany


manifa26032014

Asembleas para a afiliación

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

ASEMBLEA AFILIACIÓN PARA PERSOAL DO SERGAS

 

25 de marzo de 2014 ás 17:30 horas

Aula de Formación do Local Comarcal da CIG en Esteiro

 

Orde do día:

  • Acordo de vacacións

 

ASEMBLEA AFILIACIÓN PARA PERSOAL EVENTUAL DO SERGAS

 

1 de abril de 2014 ás 17:30 horas

Aula de Formación do Local Comarcal da CIG en Esteiro

 

Orde do día:

  • Contratacións

Recollida de sinaturas en defensa da Sanidade Pública

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

RECOLLIDA DE SINATURAS EN PROL

 

DUNHA SANIDADE PÚBLICA E EN CONTRA DAS PRIVATIZACIÓNS


Dos días 19 a 26 de marzo de 2014 de 11 a 12 horas na entrada do Hospital Arquitecto Marcide

haberá unha mesa onde se recolleran sinaturas en defensa da Sanidade Pública dentro da campaña contra

as privatizacións que estamos a levar xunto ao resto de organizacións sindicais con representación na EOXIF.

 

Achégate e asina a prol dunha Sanidade Pública e en contra das privatizacións.

 

NON ÁS PRIVATIZACIÓNS

A SANIDADE NON SE VENDE

Cursos de Formación do Gabinete de Saúde Laboral 2014

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

Podedes realizar xa, a preinscrición para calquera das actividades formativas do ano en curso. Formación dirixida ao persoal destinatario, tanto en activo como en situación de desemprego. Achegade esta folla de preinscrición  por correo interno ou ben en persoa ao local do sindicato no Arquitecto Marcide.

 

Preinscrición ate 15 días antes do comezo de cada formación

 

 

Cursos 2014:


 

1.-Curso Monográfico: Prevención de Riscos Laborais en centros de Atención Especializada.

  • Horas: 10.
  • Datas: 28 de abril e 5 de maio de 2014.
  • Horario de tarde
  • Destinatarios: Profesionais Centros Atención Especializada.
  • Lugar: Hospital Novoa Santos.

 

 

2.- Curso: Prevención Lesións musculo-esqueléticas no ámbito sanitario

  • Horas: 10.
  • Datas: 12 e 19 de maio de 2014.
  • Horario de tarde
  • Destinatarios: Profesionais sanitarios e celadores/PSX.
  • Lugar: Hospital Novoa Santos

 

 

3.-Curso Monográfico: Prevención de Riscos Laborais en Centros de Atención Primaria

  • Horas: 10.
  • Datas: A determinar.
  • Horario de tarde
  • Destinatarios: Profesionais de Centros de Atención Primaria.
  • Lugar: Hospital Novoa Santos.

 

 

Manifestación Día da Clase Obreira Galega

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Manifestacións 10 de marzo.


Ás portas dunha nova conmemoración do Día da Clase Obreira Galega, a CIG fai un chamamento a todos os traballadores e traballadoras galegas para que participen nas manifestacións que a central sindical ten convocadas en Ferrol, Compostela e Vigo, na tarde do luns 10 de Marzo. Unha conmemoración que chega nun momento no que o sindicalismo nacionalista de clase resulta máis necesario ca nunca.


Horarios e lugares das manifestacións

  • Ferrol, ás 20:00 horas dende os locais da central sindical. Ás 12:30 horas realizarase a ofrenda floral no monumento 10 de Marzo.
  • Vigo, ás 19:30 horas dende Vía Norte.
  • Compostela, ás 20:00 horas dende a Praza Roxa.

Mobilizacións contra as privatizacións

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
FAIXAPRIVATIZACONS



1.- Concentracións  os días 6, 7, 10, 11, 12 , 13 e 14  de marzo de 10:30 horas a 12.00 horas na entrada do Hospital A. Marcide.

               

2.- Manifestación en todas as comarcas o día 26 de marzo. Ferrol (18 h)Saída: Praza de España, Fontenla Maristany

 

As mobilizacións están convocadas por: CIG-SAÚDE, CCOO, CSIF, UGT, SATSE, CESM-OMEGA, e SAE

 

XUNTAS PODEMOS !!!

Protesta contra a conselleira no Marcide: Trasladan a dous membros da CIG a comisaría para a súa identificación

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
A policía autonómica desaloxa a representantes de CIG do Arquitecto Marcide por protestar contra as políticas do PP durante unha visita da conselleira de Sanidade

Representantes da CIG de Ferrol foron desaloxadas/os este mediodía do Hospital Arquitecto Marcide, tras protestaren contra as políticas privatizadoras do PP coincidindo coa visita da conselleira de Sanidade. Dous membros da central sindical foron trasladados a comisaría para proceder á súa identificación, onde aínda continúan.

 

A Xunta de Persoal do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol recibiu onte a convocatoria dunha xuntanza, ás 13:00 horas de hoxe, coa conselleira de Sanidade. A CIG e CCOO decidiron non asistir á reunión, considerando que a proposta chega tarde, porque tras moito demandar cambios nas políticas privatizadoras do PP e que se poña freo aos recortes orzamentarios, de persoal e de dereitos a consellaría non fixo mudanza algunha.

 

Ante a protesta, a conselleira foi trasladada ao despacho do Xerente, a onde se dirixiron tamén os representantes sindicais. A eles se dirixiu o Xerente, indicando que tiñan que aproveitar a presenza da conselleira para falar con ela e asegurando que non entendía como impedían a celebración da xuntanza.

 

Ás 14:00 horas, estaba prevista outra reunión, de novo no Salón de Actos, con mandos intermedios do hospital e as/os representantes da CIG e CCOO regresaron á entrada do mesmo para repatir tamén entre este persoal os panfletos informativos.

 

Unha vez alí a policía autonómica indicoulles que se continuaban coa protesta procederíase ao seu desaloxo. As/os representantes de CCOO optaron por retirarse e as/os representantes da CIG-Saúde continuaron co acto de protesta e repartindo panfletos.

 

De contado uns 15 policías autonómicos procederon ao seu desaloxo, pero continuaron manifestando a súa oposición ás políticas sanitarias do Partido Popular no exterior do centro hospitalario.

 

Tras do desaloxo, persoal sanitario do Arquitecto Marcide tras ver como desaloxaban ás súas/seus compañeiras/os, baixou á entrada principal do hospital para manifestar a súa solidariedade, berrando desde o interior do centro “Non á represión”.

 

Entre mentres chegaron 15 efectivos máis, desta volta da Policía española, e procederon a solicitar a identificación de todas as persoas presentes na concentración da CIG-Saúde. Porén, dous compañeiros da CIG de Ferrol que non se identificaron foron trasladados á comisaría onde a esta altura continúan. Por eles agardan representantes da central sindical.

 

panfleto_Arquitecto_Marcide.preview

Descarga o panfleto entregado hoxe na entrada do Marcide

 

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48