CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Contratacións

INFORMACIÓN PACTO DE CONTRATACIÓNS

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
O novo pacto xa está publicado no DOG de hoxe, día 9 de Maio. 
Unha vez que se publique debería ser convocada a Comisión de Seguimento do Novo Pacto para empezar cos traballos de realizar as instrucións e aclaracións que fallan (din que xa teñen bastante avanzado). Tamén  se deberá convocar durante o mes de maio a Comisión Técnica de OPE para ultimar as cuestións do baremo.

· Infórmannos sobre unhas instrucións que se enviaron aos centros explicando o tema do expedient-e  e que deben nomear as persoas que se encargarán da validación dos méritos do expedient-e.


· O expedient-e xa dispón dunha base de datos de 120.000 cursos.

· Prevén que a plataforma informática estea visible a partir de xuño para que a xente poida ir metendo nela os datos que falten. Publicarán unha resolución ao efecto. Polo momento só o poderá facer o persoal que xa traballara algunha vez no SERGAS e farano a través do FIDES. A xente que nunca traballara no SERGAS deberá esperar a setembro para poder acceder e actualizar os seus méritos. O feito de actualizar méritos non implica inscrición nas listas. Para inscribirse haberá que facelo en setembro, no momento en que se publique outra resolución que dará instrucións sobre como facelo. Nesta primeira posta en marcha do expedient-e TODO O MUNDO, é dicir, @s que xa figuraban en listas e @s que non, deberán facer a inscrición, inda que só as persoas que se inscriban por primeira vez pagarán taxas.

· Os cursos e demais méritos que se vaian engadindo serán catalogados en Servizos Centrais, para que haxa unidade de criterio e non se produzan as disparidades que se producían co sistema anterior. Deste xeito o mesmo mérito puntuará igual para todo o mundo e non en función da Dirección Provincial de quenda.

· O baremo non será cargado ata setembro, inda que esperan que saia publicado en maio, unha vez que se clarifique na Comisión Técnica de OPE.

 EN BREVE ESPAZO DE TEMPO, CONVOCAREMOS ASAMBLEA DE AFILIACIÓN PARA ANÁLISE DO NOVO PACTO E SOLVENTAR DÚBIDAS.

ASEMBLEA AFILIACIÓN: VALORACIÓN NOVO PACTO CONTRATACIÓNS NO SERGAS

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

ASEMBLEA AFILIACIÓN: VALORACIÓN

NOVO PACTO DE CONTRATACIÓNS NO SERGAS



MÉRCORES 23 MARZO, ÁS 10H

SALÓN DE ACTOS CIG, AVDA DE ESTEIRO



ACUDE, IMPLÍCATE NO TEU FUTURO!


INFORMACIÓN GRUPO DE NEGOCIACIÓN PACTO DE CONTRATACIÓNS (SERGAS) DO 15 DE MARZO DE 2011. 

Para comezar a reunión, a Administración dí que non lle parece de recibo o que está a acontecer fóra (en alusión á concentración), que isto é un grupo de traballo e que se sinten presionad@s. Que non entenden o porqué, posto que no grupo de traballo do que se trata é de achegar posturas e non se pode facer baixo presión. 

Máis...

Únete a nós para esixir a volta das contratacións!

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter


CONCENTRACIÓN DIANTE DO SERGAS

( Martes, 15 de Marzo, ás 11hs, San Lázaro-Santiago):


“SRA.FARJAS: DEVÓLVANOS A CONTRATACIÓN”


Únete a nós para esixir a volta das contratacións!


Descarga a postura da CIG e información sobre a situación actual

Descarga, imprime e colga o cartaz da concentración no teu centro de traballo


Máis...

Resumo das negociacións sobre o pacto de contratacións

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Entregáronnos un novo documento, o que podedes descargar nesta ligazón, no que aparecen subliñados varios cambios con respecto ao anterior. Estes recollen algunhas das nosas alegacións, como en Promoción Interna, valoración do Galego, cambios de área por conciliación, prelación de áreas limítrofes, listaxes de tempo parcial, categorías compatibles ou orde de prelación da subsidiariedade de listas. A pesar de que algunhas alegacións foron recollidas as posturas son aínda moi contrapostas nalgúns temas de calado.


Desde CIG-Saúde manifestamos de entrada que seguimos mantendo as alegacións que enviamos, nomeadamente esiximos unha redacción clarificadora sobre cal vai ser a situación das categorías reclasificadas por privatizacións. Mantemos a esixencia de que figure un descanso obrigatorio despois de 360 días traballados, e preguntamos a qué se refiren con órganos competentes e qué quere dicir o que se engade na valoración da capacidade funcional. Tamén pedimos que se recolla a nosa  alegación sobre Pool, en canto á duración dos contratos e ao máximo de días por mes, así como a puntuación adicional e que se redacte dalgún xeito que non se poden encadear contratos de Pool para cubrir ausencias longas.


Falamos tamén do requisito de formación para as áreas especiais, 40 horas de formación sen máis séguenos parecendo insuficiente. 

Máis...

CIG Saúde Ferrol denuncia a actuación da Dirección nas adxudicacións dos bloques vacacionais

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

573-64679-a-chamamentoA Área sanitaria de Ferrol realiza de forma delegada da Dirección Provincial, os chamamentos as/os aspirantes dos listaxes de contratacións. Na segunda semán do mes de xuño realizaron a oferta dos bloques vacacionais seguindo uns criterios de oferta que esta central sindical quere denunciar. O pacto vixente debe garantir a oferta a/ó primeiro aspirante dispoñible de tódolos vínculos solicitados dende o Área Sanitaria. Este debe ser o criterio que se siga na oferta, feito que non acontece na oferta de este ano na categoría de DUE.

 

A Área seguindo un criterio puramente asistencial non respetou o pacto vixente de contratacións nin respectou os dereitos dos aspirantes.

 

Quedamos a vosa disposición para as denuncias oportunas a maiores da que esta central sindical está a realizar.

 

Descarga, imprime e reparte no teu centro de traballo o texto completo

 

 

Nova concentración polo dereito ás contratacións

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

 

CONCENTRACIÓN POLO DEREITO ÁS CONTRATACIÓNS

 

XOVES DÍA 10 DE XUÑO 2010

 

AS 11:15 HORAS

 

NA ENTRADA DO HOSPITAL MARCIDE

 

CIG UGT CCOO CSIF SAE SATSE CIAS

 

Nova concentración polo dereito ás contratacións

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

 

CONCENTRACIÓN POLO DEREITO ÁS CONTRATACIÓNS

 

XOVES DÍA 3 DE XUÑO 2010

 

AS 11:15 HORAS

 

NA ENTRADA DO HOSPITAL MARCIDE

 

CIG UGT CCOO CSIF SAE SATSE CIAS

 

Nova concentración polo dereito ás contratacións

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

 

CONCENTRACIÓN POLO DEREITO ÁS CONTRATACIÓNS

 

XOVES DÍA 27 DE MAIO 2010

 

AS 11:15 HORAS

 

NA ENTRADA DO HOSPITAL MARCIDE

 

CIG UGT CCOO CSIF SAE SATSE CIAS

 

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48