CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Salvemos Galiza

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

"SALVEMOS GALIZA, 100 medidas para crear emprego en Galiza"


 

A CIG, dentro da campaña polo emprego que está a desenvolver, ten programadas marchas a pé por todas as comarcas durante a semana do 14 ao 19 de outubro, para dar a coñecer a iniciativa da central sindical e pór no centro do debate social e institucional o grave problema do desemprego e as medidas que se deberían adoptar para afrontalo.

 

Ademais, nesta semana previa estanse a realizar repartos na rúa, nos centros de traballo e nas oficinas do Inem, así como outro tipo de accións polos barrios, para informar das propostas e mobilizacións da CIG. A primeira fase da campaña concluirá o sábado 19 de outubro cunha manifestación nacional, que sairá ás 12:00 horas da Alameda compostelá.

 

Na comarca de Ferrol as marchas desenvolveránse nos días 14 e 16 de outubro cos seguintes percorridos:

 

Luns 14 de outubro: ás 10:00 horas marcha dende San Valentín (fronte a antiga Astano) até a rotonda de Freixeiro (Narón), pasando por Fene e Neda.

 

Mércores 16 de outubro: ás 10:00 horas marcha dende o Polígono de Río do Pozo até a o Concello de Ferrol, pasando pola estrada de Cedeira e a estrada de Castela até a praza de Armas.

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48