CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Posición da CIG Saúde respecto dos Plans de Autoprotección dos Hospitais Naval e Marcide

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Logo de 2 anos de discusión veñen de aprobarse os documentos relativos ós plans de emerxencia interna ou Autoprotección de dous Hospitais da Comarca correspondentes ó Hospital Arquitecto Marcide e o Hospital Naval coa oposición de CIG SAÚDE e CC.OO.

Os plans aprobados na Xerencia de Ferrol foron alegados en profundidade por CIG SAÚDE en sucesivos Comités de Seguridade e Saúde, foro de representación dos traballadores/as, dende a responsabilidade e o rigor que merece un tema de importancia capital como é “un plan de emerxencia interna hospitalario”. Alegacións de importante calado que se realizaron para tentar subsanar as importantes deficiencias detectadas nas propostas de plans de emerxencia presentados no seo do Comité de Seguridade e Saúde.

As alegacións realizadas dende a CIG SAÚDE foron desestimadas e non incorporadas o que fai que a organización sindical se opoña á aprobación duns plans, que pretenden cumplir formalmente coa lexislación que se incumpreu ata o momento, pero que non nos preparan de cara a unha situación de emerxencia interna hospitalaria na comarca de Ferrolterra; un plans de emerxencia que non garanten un mínimo de seguridade para traballadoras e usuarias/os no caso dunha emerxencia, que por sorte non tivo lugar ata o día de hoxe pero que pode producirse en calquera momento.

Case dez anos esperando por uns plans de emerxencia interna, que foron aprobados por esta Xerencia con “deficiencias e múltiples xeneralidades”.

Entre outras cousas, os documentos aprobados, se caracterizan pola xeneralidade dos mesmos, inconcreción nas actuacións dos traballadores e traballadoras no caso dunha emerxencia; segundo a CIG SAÚDE, as deficiencias máis importantes, se atopan nunha mala configuración dos equipos de emerxencia, non se fixo un estudo xeral dos centros de traballo anotando as deficiencias estructurais que presentan por tratarse, na maioría dos casos de edificios antigos, non se comprobaron se os percorridos de evacuación e saídas de emerxencia cumpren ou non coa normativa que lles é de aplicación, non se identificaron correctamente as situacións de alto risco no caso de emerxencia, etc.

A CIG SAÚDE denunciou reiteradamente, perante a Inspección de Traballo e Seguridade Social, a falta de medidas de emerxencia e evacuación nos centros de traballo da Área Sanitaria de Ferrol, por considerar que se incumpría a normativa de riscos laborais e a específica de emerxencias. A denuncia abarcou tanto ós Hospitais Marcide, Naval, Novoa Santos coma os centros de Atención Primaria, que tampouco dispoñen de medidas de emerxencia implantadas . Como consecuencia, a Inspección de Traballo realizou a Área Sanitaria de Ferrol requerimento sobre a obriga de ter implantados os plans de emerxencia interna nos centros de traballo da Área
Sanitaria de Ferrol.

A CIG SAÚDE Ferrol denuncia e pon de manifesto que resulta inaudito que a Administración incorra neste tipo de prácticas, que desprezan os dereitos dos e das traballadoras e que supoñen un risco notable para o persoal do centro, para as do resto de empresas que operan no mesmo e para os usuarios e usuarias, sobre todo no caso de centros de importantes dimensións como son os dous principais hospitais da comarca de Ferrol do SERGAS.

A CIG SAÚDE, en cumprimento das obrigas para co/as traballadores/as e usuario/as, estudou e realizou aportacións de forma continuada para acadar uns plans de emerxencia interna, que realmente poidan tentar garantir o máximo posible unha correcta actuación ante unha situación de emerxencia interna hospitalaria; despois de tanto tempo a CIG SAÚDE lamenta que se aproben uns plans, deficientes para dar tan só, cumprimento normativo a unha obriga legal e que non se profundice seriamente na seguridade e saúde de traballadore/as sanitario/as e usuarios/as da comarca de Ferrol .


Ferrol, a 18 de setembro de 2013.
CIG Saúde Ferrol

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48