CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

CIG-SAÚDE DENUNCIA A CAÓTICA SITUACIÓN DE COLAPSO QUE SE ESTÁ A EVIDENCIAR NO SERVIZO DE URXENCIAS DO CHUF DENDE FAI MESES

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Son diversas e variadas as situacións que de forma reiterada se están a evidenciar no servizo de urxencias no Hospital Arquitecto Marcide en Ferrol.

 

Amoreamento de pacientes e familiares nas salas e pasillos do servizo. Falla de espazo físico e espazos inadecuados e insuficientes para pacientes e traballadoras/es.

 

As diminutas salas de espera sen ventilación están cheas de pacientes amoreados que se atopan en condicións indignas, xunto con profesionais que teñen que facer a súa labor en condicións, cómo pouco, infrahumanas para eles e os seus pacientes; xa que a capacidade do servizo está máis que sobrepasada.

 

As salas asistidas están infradotadas a nivel de recursos humanos e os pacientes que requiren de especial atención e vixiancia atópanse, moitos días en situación de amoreamento, en salas nas que se supera a capacidade física e o que resulta todavía máis grave se sobrepasa a capacidade de traballo dos profesionais o que pon en risco a seguridade de pacientes e traballadoras/es.

 

O amoreamento no servizo de urxencias de pacientes que deberan estar en servizos de hospitalización, (p.ex…. o pasado luns día 4 de marzo, mais de 40 pacientes permanecían no servizo de urxencias á espera de ser trasladados a unha planta) trae consigo situacións de colapso que son xa unha situación do máis habitual, unha norma, no canto de ser excepcionais ou mal chamadas situación puntuais.

 

Carecer dunha simple camilla ou de sillas para tumbar ou sentar a un paciente, carecer de profesionais suficientes que teñan unha mínima posibilidade de proporcionar unha atención digna e cun mínimo de calidade, carecer de espazo físico para o volumen de pacientes que se atopan no servizo e en resumo carecer dos medios físicos, materiais e humanos para unha prestación de atención urxente adecuada as necesidades e dereitos de pacientes e profesionais.

 

Por moito que a Xerencia a través do seu gabinete de prensa informe que o que está a ocurrir no servizo de urxencias é algo puntual propio da estación….queremos e debemos desmentir esta afirmación, polo ben de usuarios e das/os traballadoras/es.

 

As situacións nas que numerosos pacientes permanecen horas no servizo de urxencias é habitual, o amoreamento é habitual, a falla de profesionais nestas situacións é habitual, a falla de medios físicos e materiais é habitual. Negar esta situación é negar a realidade porque cando se fala de colapso no servizo de urxencias as variables para que esta situación se produza son múltiples, e non achacables tan só ao nº de urxencias que acoden ao servizo, senón a calidade das urxencias, medios físicos e humanos para atendelas, tempos de espera e permanencia no servizo... Debemos saber que a atención no servizo depende tamén de outros servizos…laboratorio…radioloxía….plantas de hospitalización….se a Xerencia non habilita as camas necesarias de hospitalización ou estes servizos están infradotados de recursos humanos….os pacientes se amorean en urxencias. Se os servizos antes mencionados son incapaces de asumir máis carga de traballo por infradotación de recursos humanos…os pacientes se amorean en urxencias. Se a política da Xerencia se basea en “altas precoces” os pacientes retornan ao hospital a través do servizo de urxencias.

 

As/os profesionais atopanse realizando a súa labor en condicións miserables de enorme estrés laboral físico e emocional, as posibilidades de erros nesta situación, multiplícanse e tanto a Xerencia como o SERGAS lavanse as máns depositando toda a responsabilidade nuns profesionais que se atopan sufrindo e asumindo as consecuencias das políticas de recortes, cargando con toda a responsabilidade ao seu lombo pois a Xerencia e o SERGAS non se sentan no banquillo dos acusados, cando ocurre algo que nunca debera ter ocurrido, todo o contrario, os seus ingresos/retribucións aumentan directamente proporcional ao aforro que realizan a conta de traballadoras/es e usuarias/os, retribucións que permanecen ocultas aos ollos do público.

 

E os doentes ¡!!!!!!!!!!!!!!! principais afectados e victimas de toda esta situación.

 

Non debemos permitir nin aturar por máis tempo o que está acontecendo, mermando a calidade asistencial de forma intencionada e maltratando a persoal e usuarias/os.

 

Ferrol 6 de marzo 2013.

 

CIG Saúde Ferrol

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48