CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Concentración contra a corrupción e a destrucción social e cultural.

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

 

 

CONCENTRACIÓN EN FERROL

 

 VENRES 22 DE FEBREIRO ÁS 20 HORAS 

 

DIANTE DA SEDE DO PARTIDO POPULAR


 

 

Organizacións sindicais, políticas e estudantís lanzan unha campaña de mobilizacións en defensa dos dereitos sociais e nacionais


MANIFA

Mirian Rodríguez, Xulio Vicente e Laura Arjonilla presentaron esta mañá en rolda de prensa, en representación do BNG, o CCPI, a CIG, COG, FRUGA, MPB, Nós-UP, AGIR, AMI, BRIGA, os Comités, Galiza Nova, ISCA! e a Liga Estudantil Galega unha campaña de mobilizacións que comezará mañá venres, día 22 de febreiro, con concentracións nas cidades de Galiza, ás 20:00 horas, e que confluirá nunha manifestación nacional o vindeiro día 3 de marzo, en Compostela, con saída ás 12:00 horas da Alameda.
Laura Arjonilla, que presentou a campaña, lembrou o contexto político, social e económico actual e sinalou que as organizacións que botan a andar esta campaña consideraron que este era o momento para mobilizarse de forma conxunta “en defensa do dereito ao traballo, á igualdade e os servizos sociais públicos, contra a destrución social e cultural que estamos a vivir e, fundamentalmente, contra a lacra da corrupción”.

 

Arjonilla chamou a unir forzas para darlle continuidade no tempo a esta campaña que agora se inicia porque “é necesaria unha ruptura co actual sistema e para iso hai que saír á rúa para denunciar a corrupción, en defensa dos dereitos da cidadanía, dos dereitos das mulleres, que tamén están a ser recortados, e pola soberanía nacional. Unha reclamación que debe ser central”.

 


Xunto a iso, lembrou que o proceso iníciase agora pero “está aberto a todas as organizacións e movementos que poidan compartir estes obxectivos” e insistiu na importancia de que se unan “para que toda a cidadanía galega faga parte para poder mudar o actual estado de cousas”.

 

Xulio Vicente, da Plataforma de Afectados polas Preferentes, explicou que se demanda un cambio de modelo social porque o actual está “caduco, defende os intereses do capitalismo e está corrupto”. Así lembrou a situación que se está a xerar por mor dos desafiuzamentos, “vulnerando de forma brutal a Constitución” ou das preferentes, para o que só obteñen como resposta que “nos teñen que roubar os cartos porque senón Bruxelas non lles dá os miles e miles de millóns de euros necesarios para sanear a banca”. Do mesmo xeito, denunciou os recortes que están a padecer servizos públicos esenciais como o ensino público e a sanidade e que “aquí a cidadanía se está empobrecendo día a día e cando os movementos sociais saen á rúa cando se deixa ás familias sen casa o propio sistema utiliza as forzas da orde para reprimilos”.  Fronte a isto, asegurou que “o poder pode roubar, sexa o sr. Bárcenas, sexa a Casa real, pero os que realmente rouban e empobrecen o noso país teñen o sistema que os defende e aí as forzas da orde non actúan”.

 

Pola súa banda Mirian Rodríguez, tamén da plataforma de afectados polas Preferentes, fixo un chamamento á sociedade para que se sume a estas mobilizacións comarcais e á nacional, “a prol dos dereitos nos que todos e todas estamos implicadas, porque todas estamos afectadas”. E fixo un chamamento á unidade  “para mudar este sistema caciquil”.


Soberanía nacional

As organizacións políticas convocantes articularon esta alianza para producir un novo proceso que permita “recuperar os nosos dereitos políticos, económicos, sociais, lingüísticos e culturais como pobo”.

 

Subliñan que esta é a base para que “non teñamos que emigrar para gañar a vida, que non sexa posíbel sufrir un desafiuzamento, que as mulleres e homes que viven e traballan en Galiza, con independencia da súa situación administrativa, teñan acceso libre aos servizos públicos da nosa sociedade” e manifestan que non haberá dereitos, liberdades e soberanía nacional “se non sobardamos os estreitos e antidemocráticos muros deste réxime e damos carta de natureza ás prácticas da democracia participativa e directa”.


Lugares e horas das concentracións de mañá venres:

 


Ferrol: Ás 20:00 horas, diante da sede do PP

 

Ler o manifesto da Plataforma

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48