CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Mobilizacións polos compañeiros despedidos en ASFEDRO

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
No mes de outubro tivo lugar o despedimento en ASFEDRO (Asociación Ferrolá Drogodependencias) de dous compañeiros. A traballadora, unha mestra, gañou en primeira instancia o xuízo. Lembrámosvos que estes despedimentos déronse despois de moito tempo de ter a estes traballadoras/es sen carga de traballo e feitos a un lado.
  
A Directiva de ASFEDRO decide facer os despedimentos no mes de Outubro, amparada nos recortes orzamentarios, que son certos, pero que non xustifican unha saida tan indigna das/os compañeiros con 20 anos de prestación de axuda á nosa mocidade. Os despedimentos tiveron outros motivos que nada tiñan que ver cos económicos ainda que se aproveitase a ocasión como se desprende da primeira sentencia.
  
FIXEMOS CONCENTRACIÓNS NO MES DE XANEIRO, CÓMO PROTESTA E EN APOIO DA COMPAÑEIRA DESPEDIDA; NO MESMO SENSO FAREMOS VARIAS CONCENTRACIÓNS EN PROTESTA POLO DESPEDIMENTO DO OUTRO COMPAÑEIRO EDUCADOR SOCIAL.
  • VENRES DÍA 3 DE FEBREIRO ÁS 11.30 HORAS NA Rúa Cádiz, s/n CARANZA.DIANTE DE ASFEDRO.
  • LUNS DÍA 6 DE FEBREIRO ÁS 11.30  HORAS NA Rúa Cádiz, s/n CARANZA.DIANTE DE ASFEDRO.
  • MÉRCORES DÍA 8 DE FEBREIRO 2012 ÁS 09.00 HORAS NOS XULGADOS DE FERROL.
 Pedimos a vosa colaboración, en apoio do compañeiro e denuncia dun inxusto despedimento.
 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48