CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Concentracións en protesta polos despedimentos en ASFEDRO

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

No mes de outubro tivo lugar o despedimento en ASFEDRO (Asociación Ferrolá de Drogodependencias) de varias traballadoras/es. Estes despedimentos producíronse despois de moito tempo de telos apartados e sen carga de traballo. A Directiva de ASFEDRO decidiu facer os despedimentos no mes de Outubro, amparada nos recortes orzamentarios, que son certos, pero que non xustifican unha saída tan indigna das/os compañeiros, algún, con máis de 20 anos na prestación de axuda á nosa mocidade. Os despedimentos tiveron outros motivos que nada tiñan que ver cos económicos aínda que se aproveitaron da ocasión.

 

Pedimos a vosa colaboración, a colaboración de todos e todas as traballadoras da sanidade así como dos veciños e das veciñas desta comarca. Pedímosvos, polo tanto, que acudades ás diversas CONCENTRACIÓNS EN PROTESTA POLOS DESPEDIMENTOS.


  • LUNS 9 DE XANEIRO 2012 ÁS 11.30 HORAS NA RÚA CÁDIZ, S/N CARANZA. DIANTE DE ASFEDRO.
  • MARTES 10 DE XANEIRO 2012 ÁS 11.30  HORAS NA RÚA CÁDIZ, S/N CARANZA. DIANTE DE ASFEDRO.
  • MÉRCORES 11 DE XANEIRO 2012 ÁS 09.00 HORAS NOS XULGADOS DE FERROL.


A CIG esixe a readmisión das/os traballadoras/es despedidas/os.

ASFEDRO

 


A política represiva que a Xunta Directiva de ASFEDRO acaba de aplicar con algún e algunha dos/as traballadores/as de ASFEDRO, remóntase anos atrás e culmina con varios despedimentos no mes de outubro do presente ano.

 

A estratexia da Directiva baseouse en deixar de lado algún traballador/a; que sendo profesionais con ata 25 anos de experiencia nas drogodependencias, víronse inmersos nun proceso longo e tortuoso, no que tiveron que pasar por un abandono forzoso do seu labor, quedando relegado ao seu despacho ou sala de traballo, sen apenas contido laboral ningún.

 

Unha estratexia que articulada dende a Xunta Directiva e consentida polos representantes sindicais, culminou con despedimentos de traballadores e traballadoras preparados/as sobradamente e con ampla experiencia na atención ás drogodependencias, ademais da deterioración de prestacións que levou aparellado ter estes profesionais oficiosamente apartados e sen carga laboral ou responsabilidades.

 

Dende a CIG, queremos defender o traballo realizado dende ASFEDRO ao longo de tantos anos, cremos e defendemos o labor desta asociación pero ao mesmo tempo demandamos que se obrigue á actual Directiva a corrixir as liñas de actuación que se están a desenvolver, catalogandoas como intolerables, reclamamos alternativas aos profesionais despedidos que é o mínimo recoñecemento que merecen polo traballo realizado durante tantos anos na asociación. A Xunta Directiva de Asfedro, en vez de valorar a valía dos profesionais e primar a atención aos usuarios e usuarias, parapetouse detrás dos recortes presupostarios para argumentar uns despedimentos que tanto só se sustentan no obxectivo de limpar "elementos críticos dentro da asociación".

 

Para á Xunta Directiva resultou intolerable que dentro de Asfedro algúns traballadores/as, co fin de que Asfedro seguise mellorando nas súas prestacións, criticase certas decisión da XUNTA DIRECTIVA, en materia de recursos humanos, organizativos, técnicos e de xestión e o resultado do espírito crítico foi sufrir o ostracismo e por último o despedimento. A crítica a unha Xunta Directiva que parece, deixou nun segundo plano o principal e primeiro obxectivo que sempre tivo ASFEDRO, que foi o servizo á sociedade e non a intereses particulares, optimizando a prevención e asistencia ás drogodependencias, traballando sempre por conseguir os recursos necesarios que permitiran atender unha poboación especialmente castigada polas drogodependencias como é Ferrolterra.

 

A CIG esixe á Xunta Directiva e aos socios de ASFEDRO, unha análise da situación, unha visión realista do acontecido dentro dunha Xunta Directiva que decide rematar coas críticas, mediante á represión e os despedimentos dalgúns dos profesionais máis cualificados e que "abandona" ou " deixa de loitar" polo bo funcionamento dunha Asociación á que tanto debemos nesta bisbarra.

 

A CIG esixe a readmisión das/os traballadoras/es despedidas/os.

 

Ferrol a 30 de decembro de 2011.

Asdo: Secretaria comarcal CIG-SAÚDE.               

Ana Mª Arto Blanco


 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48