CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Resumo do Comité de Seguridade e Saúde da Área de Xestión Integrada de Ferrol do pasado 15 de decembro de 2011

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
0sinaisPara deseñar e implantar un sistema de prevención eficaz nunha empresa, en primeiro lugar, hai que querer facelo e a DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS DA ÁREA DE XESTIÓN INTEGRADA DE FERROL, SEGUE SEN QUERER FACELO.
 

A gota que encheu o  vaso, foi a convocatoria da xuntanza do Comité de Seguridade para o día 15 de decembro de 2011, convocatoria feita para as 12:00h. da mañá. A data e hora da convocatoria desta xuntanza reflicten a pouca interese da Dirección de RR.HH. en materia de prevención de riscos laborais, que por cumprir, non cumpre nin cos prazos de convocatoria establecidos na Lei 31/95, artigo 38, que dí textualmente que:  “O comité de Seguridade e Saúde reunirase trimestralmente e sempre que o solicite algunha das representacións no mesmo…”, recordando que a última xuntanza que tivemos do CSS foi o 3 de marzo de 2011.

 

Na referida xuntanza convocada para o día 15 de decembro de 2011, 3 das centrais sindicais representadas neste Comité, entre as que se atopa a CIG, despois de facer unha exposición de motivos, negáronse a participar na mesma xa que, ademais do referido anteriormente destacaron que a documentación enviada pola Dirección de RRHH da ASF, referente ós puntos que se ían a tratar na orde do día (na que non se tiveron en conta os puntos propostos por CIG Saúde para dita orde do día) non chegou ás centrais sindicais nin en tempo nin en forma, de maneira que ata se recibiu documentación para tratar no comité o mesmo día a primeira hora, incumprindo o estipulado no regulamento e nas propias normas de funcionamento do Comité de Seguridade e Saúde da Area de Xestión Integrada de Ferrol, e polo tanto, incumprindo o artigo 38 da Lei 31/95.

 

CIG­- Saúde pregúntase:

 

Para que serve o Comité de Seguridade e Saúde? Quizáis a resposta poderíamola atopar ... SE AS COUSAS FUNCIONARAN COMO DI A NORMATIVA E A DIRECCIÓN DE RRHH DA ÁREA DE XESTIÓN INTEGRADA DE FERROL SE INTERESARA ALGO POLO TEMA ... no artigo 39 da Lei 31/95 que é o que fala das competencias e facultades do Comité de Seguridade e Saúde, pero é inútil o plantexamento de tal pregunta se a Dirección de RRHH segue negándose a cumprir coa legalidade, e en definitiva, SEGUE SEN QUERER FACELO.

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48