CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

CIG Saúde cos traballadores/as de ASFEDRO

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

O pasado 30 de setembro a Asociación Ferrolá de Drogodependencias extingueu o contrato de tres traballadores/as. Os motivos esgrimidos para a extinción fundaméntase en causas económicas, certamente a Xunta de Galicia diminueu os ingresos directos a esta entidade, que dende 1985 desenvolve unha moi importante laboura na comarca a nivel de prevención e asistencia de drogodependencias.

 

Dende a CIG queremos denunciar a arbitrariedade dos despidos, de traballadores que se atopan na asociación case que dende os seus inicios, realizando unha importante laboura na nosa comarca e que dende fai máis de dous anos, se atopaban nunha situación complexa dentro da asociación, pois a pesar de terse mantido os orzamentos, a Asociación abandoou sectores de actividade que anteriormente realizaban.

 

Asfedro recibe orzamentación de forma directa dende a Xunta de Galicia para a prevención e asistencia a drogodependencias pero tamén desenvolve actividades e programas mediante orzamentación de administración estatais e locais. Ao mesmo tempo que se esgrimen causas económicas para tomar a decisión dos despidos das/os traballadores da asociación, ésta realiza subcontratas de traballadores/as a empresas externas, se amplia a plantilla da asociación con outro persoal para desenvolver labouras que perfectamente poderían ser desenvoltas polos traballadores/as despedidos, ou se aumenta a plantilla en categorías profesionais sen xustificación aparente da necesidade das mesmas.

 

A Directiva da Asociación evitou calquer tipo de proposta ós traballadores da asociación e os traballadores despedidos que limitase a extinción de postos de traballo, esta falla de reorganización laboral para tentar garantir postos de traballo cunha antiguedade superior aos 20 anos, sumado ás novas contratacións realizadas nos últimos meses e á que os despedidos foron apartados das súas cargas de traballo habituais dende fai ,xa dous anos , amosan que existen outros motivos para os despidos que non son os económicos ou organizativos.

 

A CIG denuncia a improcendencia dos despidos e solicita que a Directiva da Asociación retome as decisións de despido adoptadas.

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48