CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Listas Contratacións SERGAS

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Se estás interesada/o en seguir formando parte ou anotarte por primeira vez nas listas de contratación do SERGAS, desde o 21 de xullo podes introducir ou actualizar os méritos profesionais a través de Internet, na plataforma Expedient-e (http://fides.sergas.es).

 

Probablemente, a partir do mes de setembro abrirase unha convocatoria para inscribirnos a través do Expedient-e nas listaxes de contratación que desexemos.


O proceso de aportación de méritos e inscrición en listas poderase facer de forma continuada ata 15 días antes da publicación das novas listas. A previsión de publicación de listas que da o SERGAS é o 31 de Outubro de 2011.

 

Tedes toda a normativa oficial sobre o Expedient-e na nosa web www.cig-saude.org/ferrol e ademais deixámosvos de seguido un resumo ou podedes descargalo aquí .

 

ACCESO E FUNCIONAMENTO DO EXPEDIENT-E

 

Persoal que actualmente ten contrato:

-          A través da INTRANET: FIDES (co usuario e contrasinal do SERGAS)

-          A través de INTERNET (http://fides.sergas.es): con certificado dixital

 

Persoal que traballou algunha vez no SERGAS :

-          Documentación:

  1. Conta de correo electrónico
  2. Última nómina
  3. Data de cese do último vínculo

-          A través de INTERNET (http://fides.sergas.es):

  1. Con certificado dixital
  2. Sen certificado dixital:
Solicitamos unha conta:
  • Paso 1. Dende o FIDES prememos no apartado “acceso sen certificado”
  • Paso 2. Cumprimentamos o formulario.
  1. Se a alta foi correcta: teremos dúas mensaxes no noso correo electrónico, un confirmando o formulario e outro cos datos de acceso ao FIDES.
  2. Se houbo algún erro na cumprimentación: o sistema enviará ao correo electrónico do usuario un código que a/o interesada/o terá que presentar no PAE (Punto de acreditación electrónica, situado en fronte ao PAT da Área), xunto cun documento de identificación válido.
  • Paso 3. Cubrimos os recadros de usuario e contrasinal de FIDES, no apartado “acceso sen certificado”.
  1. A primeira vez que accedamos a FIDES tralo proceso de alta, o sistema pediranos que cambiemos o contrasinal.

Persoal que nunca traballou no SERGAS:

-          Documentación:

  1. Tarxeta sanitaria para consultar o CIP
  2. Obrigatorio dispoñer de correo electrónico persoal

-          A través de INTERNET (http://fides.sergas.es):

  1. Con certificado dixital.
  2. Sen certificado dixital (procedemos como no caso anterior)

 

1. Información contida no expedinte profesional:

a) Datos persoais (os campos de nome, apelidos e DNI, unha vez cubertos non se poden modificar)

b) Formación. (Aquí se introducirá a titulación)

c) Experiencia profesional

d) Actividade docente

e) Idiomas

f) Actividade investigadora

g) Informe (situación do expediente en canto a méritos pendentes de validar)

 

 

2. Estados do expediente

a) Validada (V)

- Información acreditada documentalmente

- ou información que procede dos propios sistema de información do organismo.

De non estar de acordo cos datos que figuran como validados: escrito motivado, presentado a través de rexistro de entrada, dirixido ao centro orixe de tales datos.

b) Pendente de validar (P)

- Os datos introducidos deberán ser debidamente acreditados mediante a documentación oportuna.

- Unha vez rexistrado o formulario cos documentos, aparecerá no apartado INFORME a data de entrada na unidade de validación correspondente e os datos figurarán cunha P.

No apartado “Formación académica” debe rexistrarse e acreditarse o título esixido para o acceso a categoría correspondente. O persoal fixo non terá que achegar a documentación do título que lle foi requirido para o seu ingreso na praza.

c) En trámite (ET)

- Información incluída no expediente electrónico que non se encontra clasificada en ningún dos catálogos. Pendente de Catalogación.

d) Descartada (DE)

- Información que non pode ser validada por algún erro. O usuario poderá corrixir o defecto rexistrando novamente o citado mérito no expediente electrónico, e presentando a documentación acreditativa.

e) Non catalogable (NC)

- Información rexistrada no expediente que despois de ser sometida ao proceso de catalogación, non resulta posible catalogala.

- A información neste estado non resultará computable. O usuario poderá facer un escrito de reclamación ante Recursos Humanos da ASF.

f) Acreditación documental incompleta (DI)

- Información rexistrada no expediente que non pode ser validada por resultar insuficiente a documentación achegada.

- Estará incompleta mentres o profesional non aporte a totalidade da documentación.

g) Duplicada (DPL).

- A información rexistrada polo usuario coincide con outro elemento idéntico xa incluído previamente no expediente.

- A información que se atope neste estado non resulta computable.

h) Outros.

- A medida que avance o proceso poden existir máis estados da información.

 

3. Proceso

1. Introdución de datos no expediente profesional.

2. Cando teñamos actualizado o expediente, imprimir a solicitude que aparece na pestana “Informe”.

3. Presentar o Informe xunto coa documentación acreditativa no rexistro da Área, para darlle rexistro e proceder a súa validación polo persoal da administración.

 

A información incorporada ao Expedient-e atoparase nun primeiro momento, no estado de pendente de validar (P). Unha vez validada aparecerá cunha (V).

 

Importante mirar os datos, servizos prestados e resto de méritos que xa están cargados no noso expediente.

RECLAMACIÓNS: Se detectamos algún erro nestes datos deberemos facer constar mediante escrito motivado, presentado a través de rexistro de entrada, e dirixido ao centro de orixe dos datos correspondentes e a Dirección de Recursos Humanos da ASF, xunto coa documentación xustificativa que motive a reclamación ou rectificación.

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48