CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

CIG Saúde esixe que o servizo de mantemento do Naval se cubra con persoal estatutario

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
Despois da integración do Hospital Naval na estrutura do Servizo Galego de Saúde, en novembro de 2008, procédese a licitación do contrato para os traballos de mantemento das instalacións deste hospital. A resolución da Dirección de Área do día 22 de xullo de 2009 resolveu a adxudicación definitiva á empresa EULEN, establecendo que o prazo de execución destes traballos terá unha duración dun ano cunha prórroga non superior o período inicial fixado, polo que vencería o próximo 22 de xullo de 2011.

Dado que este hospital agora forma parte da rede de centros da Área Sanitaria Pública, e ao existir un servizo propio de mantemento encargado destes traballos nos outros hospitais do complexo, esiximos da Dirección de Área que ao vencemento deste contrato se pasen a realizar estas tarefas por este mesmo persoal do servizo de mantemento da Área Sanitaria, dimensionar os equipos en función das necesidades a través dos métodos regulados de selección temporal e definitiva rexido polos principios de publicidade, mérito e capacidade.

Como xa indicamos no 1º parágrafo vai producirse o vencemento do prazo do contrato, e a intención da Dirección é volver licitar o concurso para que empresas privadas opten a seguir facendo estes traballos, en lugar de que o persoal estatutario ocupe os postos de traballo que lle corresponden, sobre todo cando había un compromiso de reverter estes traballos ao sistema sanitario público. Unha vez mais vemos que se volven incumprir compromisos e acordos existentes. No sentido desta reivindicación, 35 traballadores cursaron por escrito, no presente mes, á Dirección da Área Sanitaria de Ferrol a solicitude de reversión ao sistema público, da carga de traballo no servizo de mantemento do Hospital Naval de Ferrol na Área Sanitaria de Ferrol.

Dende CIG-Saúde, seguimos crendo e defendendo o emprego público de calidade, co investimento necesario en medios técnicos e humanos e sen enganos ao persoal que paga unhas taxas para a súa inclusión nunhas listas de contratación onde están á disposición do Sergas as 24 horas do día, para o fin comprobar, como a Dirección de Área confía o mantemento a empresas privadas que non está demostrado sexan máis eficientes nin eficaces.

Ferrol, a 17 de xuño de 2011.
 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48