CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

OFERTAS VÍNCULOS LONGA DURACIÓN PARA FACULTATIVOS ESPECIALISTAS

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

DOG 23 de maio: Anuncios de convocatorias de vinculacións temporais de FEAS en distintas xerencias.

ANUNCIO do 12 de abril de 2011, da Dirección da Área Sanitaria de Ferrol, polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se convocan, para vinculación temporal, por concurso de méritos, prazas de diversas especialidades de persoal licenciado sanitario.

ANUNCIO do 20 de abril de 2011, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, polo que se publica a resolución da mesma data pola que se convoca, para vinculación temporal mediante nomeamento temporal de substitución do titular con dereito a reserva de praza, a cobertura dunha praza de facultativo especialista de área.

ANUNCIO do 6 de abril de 2011, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca, para vinculación temporal de interinidade, unha praza de facultativo especialista da Área de Pneumoloxía.

ANUNCIO do 4 de abril de 2011, da Xerencia do Hospital do Salnés, pola que se procede a dar publicidade á resolución 7/2011 da mesma data pola que se convoca para vinculación temporal mediante nomeamento eventual de substitución, por concurso de méritos, unha praza reservada na categoría de facultativo especialista da Área de Oftalmoloxía.

ANUNCIO do 1 de abril de 2011, da Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca, para vinculación temporal mediante nomeamento estatutario temporal de persoal interino, por concurso de méritos, unha praza de facultativo especialista da Área de Oncoloxía.

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48