CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

INFORMACIÓN PACTO DE CONTRATACIÓNS

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
O novo pacto xa está publicado no DOG de hoxe, día 9 de Maio. 
Unha vez que se publique debería ser convocada a Comisión de Seguimento do Novo Pacto para empezar cos traballos de realizar as instrucións e aclaracións que fallan (din que xa teñen bastante avanzado). Tamén  se deberá convocar durante o mes de maio a Comisión Técnica de OPE para ultimar as cuestións do baremo.

· Infórmannos sobre unhas instrucións que se enviaron aos centros explicando o tema do expedient-e  e que deben nomear as persoas que se encargarán da validación dos méritos do expedient-e.


· O expedient-e xa dispón dunha base de datos de 120.000 cursos.

· Prevén que a plataforma informática estea visible a partir de xuño para que a xente poida ir metendo nela os datos que falten. Publicarán unha resolución ao efecto. Polo momento só o poderá facer o persoal que xa traballara algunha vez no SERGAS e farano a través do FIDES. A xente que nunca traballara no SERGAS deberá esperar a setembro para poder acceder e actualizar os seus méritos. O feito de actualizar méritos non implica inscrición nas listas. Para inscribirse haberá que facelo en setembro, no momento en que se publique outra resolución que dará instrucións sobre como facelo. Nesta primeira posta en marcha do expedient-e TODO O MUNDO, é dicir, @s que xa figuraban en listas e @s que non, deberán facer a inscrición, inda que só as persoas que se inscriban por primeira vez pagarán taxas.

· Os cursos e demais méritos que se vaian engadindo serán catalogados en Servizos Centrais, para que haxa unidade de criterio e non se produzan as disparidades que se producían co sistema anterior. Deste xeito o mesmo mérito puntuará igual para todo o mundo e non en función da Dirección Provincial de quenda.

· O baremo non será cargado ata setembro, inda que esperan que saia publicado en maio, unha vez que se clarifique na Comisión Técnica de OPE.

 EN BREVE ESPAZO DE TEMPO, CONVOCAREMOS ASAMBLEA DE AFILIACIÓN PARA ANÁLISE DO NOVO PACTO E SOLVENTAR DÚBIDAS.

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48