CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

ASEMBLEA AFILIACIÓN: VALORACIÓN NOVO PACTO CONTRATACIÓNS NO SERGAS

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

ASEMBLEA AFILIACIÓN: VALORACIÓN

NOVO PACTO DE CONTRATACIÓNS NO SERGAS



MÉRCORES 23 MARZO, ÁS 10H

SALÓN DE ACTOS CIG, AVDA DE ESTEIRO



ACUDE, IMPLÍCATE NO TEU FUTURO!


INFORMACIÓN GRUPO DE NEGOCIACIÓN PACTO DE CONTRATACIÓNS (SERGAS) DO 15 DE MARZO DE 2011. 

Para comezar a reunión, a Administración dí que non lle parece de recibo o que está a acontecer fóra (en alusión á concentración), que isto é un grupo de traballo e que se sinten presionad@s. Que non entenden o porqué, posto que no grupo de traballo do que se trata é de achegar posturas e non se pode facer baixo presión. 

Unha vez feita esa introducción, entramos a debullar, un por un, os temas que quedaron pendentes na acta asinada na anterior reunión: 

  • FEAS. Á Administración dalle a sensación de que xa tiñamos acordo en que a regulación das vinculacións de FEAS non tiñan cabida neste pacto. Propoñen establecer nunha acta final o compromiso para establecer unhas bases para unha bolsa de contratacións de FEAS, para os nomeamentos que non estean regulados no Decreto 206.
  1. CIG: damos lectura a un texto proposta de redacción (que se remite xunto con esta información).
  2. O resto de OOSS están de acordo en que se regule. Sorprendentemente, só CIG-Saúde preparou unha proposta sobre este tema, as demais limitáronse a asentir.
  3. SERGAS: Non queren establecer unha data tope. Comprométense a negociar e a establecer un calendario de materialización.
  • Baremo. A Admon. di que o pacto tén un baremo que é o de OPE. Non pretenden negociar un novo baremo. Sobre a traslación do baremo actual de OPE ao pacto din que pasar os puntos de Outras Actividades a formación (tal e como pedimos na nosa proposta de baremo) conlevaría modificar o decreto 206. Queren coñecer a postura das outras OOSS a este respecto. Desde CIG-Saúde  pedimos a palabra para defender a nosa postura de que se negocie un novo baremo adecuado  para OPE e Pacto. O baremo de OPE actual foi negociado no seu momento pensando só na OPE, non pode facerse o traslado a pacto sen matizar, e sen regular algunhas cousas que daban problemas á hora de baremar. Insistimos en que a puntuación de Outras Actividades vaia en formación.
  1. SERGAS: negociarase un baremo no grupo de traballo de OPE, mentres aplicarase o baremo actual como está.
  • Áreas especiais:
  1. Formación tutelada: propoñen recoller en acta final a forma de desenvolver as prácticas tuteladas (procedemento).  Propoñen chamarlle Formación Práctica Específica. Tratarase o desenvolvemento desta formación, así como o desenvolvemento da formación que se oferte ás persoas sen experiencia na Mesa Central de Seguimento.
  2. Listas 061. Desde CIG: Insistimos nas nosas alegacións: ámbito de área, lista especial incompatible coas demais. Insistimos tamén en que os chamamentos deberían facerse desde un órgano de contratacións de área, con garantía de transparencia. Desde o SERGAS insisten en ámbito autonómico (criterio asistencial) e queda como está no borrador.
  3. Área especial TER RNM e TCAE Esterilización: solicitamos que se retire a área especial de TER para RNM móbil e que se incorpore unha área especial de esterilización para TCAE. Sobre a lista especial de TER a Admon sóltanos un mitin sobre que é moi necesaria porque nas RNM móbiles traballa un técnico só e din que “non poden poñer en risco a prestación nos comarcais”. Manteñen a lista especial.

Sobre a área especial de esterilización, din que se falará ao final da reunión (descoñecemos o motivo).

  • Listas compatibles. SATSE plantexa a compatibilidade das listas de enfermaría coas de matrona. A administración négase ante a escaseza de matronas. A Admon di tamén que corrixirán a alusión ás categorías de prevención.
  • . A Admon di que debe garantir a cobertura das ausencias (?). Indican que a primeira chamada poderá ser rexeitada, sendo de obrigada aceptación a segunda volta. Sobre a orde de subsidiariedade  desde CIG mantemos a nosa postura anterior: a orde de subsidiariedade debe de ser a mesma (non pode ir antes @ Médic@ Asistencial para Urxencias e sen embargo ir antes @ Médic@ Coordenador 061 para Médic@ de Familia). A Admon finalmente opta por facer subsidiarias para urxencias en primeiro lugar a Médic@ Asistencial 061, despois Médic@ coordenador 061 e finalmente Médic@ de Familia.
  • Pool. A Administración indica que menos de 4 días como máximo de contrato non tén sentido. Manteñen os 15 días  mensuais máximo, pero queren escoitar as posturas das OOSS. Desde CIG-Saúde esiximos recoller na redacción que non se encadeen contratos de Pool para cubrir a mesma ausencia. Reiteramos a nosa alegación de máximo 10 días, con puntuación adicional.  SERGAS: unha vez escoitadas as posicións das OOSS fan unha proposta de contratos de máximo 4 días, con 12 como máximo ao mes e incluindo a puntuación adicional. Despois do debate, fíxase a puntuación adicional en 1,5 puntos por ano de permanencia ata un máximo de 4,5. Esta puntuación sumaría para o tope de experiencia profesional.
  • Penalizacións:  Plantéxase retirar a penalización por rexeitar formación, tamén desde CIG-Saúde. A Admon comenta que se trataría de “píldoras formativas”, que están pensadas para sen on-line. Como CIG insistimos en que debe ser unha oferta formativa flexible, porque a xente non está esperando de brazos cruzados a que chamen para un contrato SERGAS, xa que teñen que vivir de algo, e se están traballando, inda que sexa en precario, non poden deixar o traballo para facer esa formación. A Admon comenta que valorarán a posibilidade de que poida ser rexeitada unha primeira oferta. Farán unha proposta.
  • Descanso obrigatorio. Desde CIG e CCOO pedimos que se reconsidere. Como CIG facemos neste momento un chamamento ás outras OO SS para que se pronuncien sobre se reabrir este debate, que nos parece moi importante. Ningunha o fai.
  • Área especial esterilización TCAE. Preguntamos sobre esta cuestión que quedou adiada. A Admon non responde. Insinuan que poderían incluila se aceptamos que a proposta final se eleve xa á Mesa Sectorial. Insistimos na cuestión e comentamos que nos parece unha actitude pouco apropiada por parte da Administración. Non obtemos resposta.

 

Na ronda final, desde CIG-Saúde falamos da proposta de nova redacción sobre capacidade funcional, de introducir na acta final un compromiso para que non se incorpore ao SERGAS a posibilidade de contratar mediante ETT (xa foi aprobado en Madrid), insistimos nas nosas alegacións sobre o descanso obrigatorio, a redacción da regulación de vinculacións de FEAS, a retirada das penalizacións por rexeitar formación.

Chegados a este punto, a Administración dá por rematado o grupo de traballo, van redactar unha acta que recolla os acordos de hoxe para que  despois se poida xa elevar o texto de pacto á Mesa Sectorial.

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48