CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Únete a nós para esixir a volta das contratacións!

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter


CONCENTRACIÓN DIANTE DO SERGAS

( Martes, 15 de Marzo, ás 11hs, San Lázaro-Santiago):


“SRA.FARJAS: DEVÓLVANOS A CONTRATACIÓN”


Únete a nós para esixir a volta das contratacións!


Descarga a postura da CIG e información sobre a situación actual

Descarga, imprime e colga o cartaz da concentración no teu centro de traballo


 

Sobre o novo Pacto de contratacións,

posicións de CIG-Saúde:

 

Durante este proceso negociador, algunhas das propostas de CIG-Saúde foron incorporadas ao texto do Pacto (axilización da xeración de listas, con renovación de méritos anual; puntuación OPE en función da nota acadada; lista separada para os hospitais de Cee, Barbanza e Verín (antigas fundacións); rexistro informatizado para seguimento dos chamamentos; regulación de cambio de área por conciliación...)

 

Mais tamén hai unha serie de puntos que non foron incluidos, nos que fixemos fincapé porque algúns parécennos cuestións moi importantes que deberían estar reflexadas no Pacto.

 

Algunhas delas xa están descartadas por coincidir a postura da maioría das OOSS coa feita pola Administración. Tal é o caso do descanso obrigatorio ao cumprir 360 días traballados, nos que só desde  CIG-Saúde e outra central sindical insistimos en que fora recollido. Finalmente parece que non será así. Para  CIG-Saúde este é un dos puntos básicos que debería figurar no Pacto de Contratacións, un descanso que fose obrigatorio para todas as persoas que cumpran un ano de servizos prestados para, deste xeito, aumentar a rotación nas listas. Nestes momentos de grande escaseza na oferta de contratación (algo que debemos á política de falsa austeridade deste goberno amparándose na crise) esta medida é importante e necesaria, pois, entre outras cousas, deste xeito,solucionaríase un dos problemas cos que sempre se tropeza a Administración (e que lle serve á súa vez de excusa para seguir contratando sempre ás mesmas persoas) como é a falta de formación ou experiencia en certos servizos das persoas aspirantes. Coa rotación que se produciría por mor do descanso obrigatorio habería máis persoal con experiencia disposto para traballar.

 

Nesta recta final da negociación do Pacto, existen unha serie de puntos que quedan por debatir e incorporar. Para nós algúns de grande importancia, como son, entre outros:

 

Puntuación das listas Pool. A nosa proposta é de contratos de ata un máximo de 3 días continuados, con

dez de máximo mensual e manter unha puntuación adicional.

 

Baremo pre-establecido que se adecúe tanto a OPE como a pacto, e que se estableza antes da sinatura,

para que todo o mundo saiba a qué aterse.

 

Algunha variación na proposta de áreas especiais: introducción da lista de área especial de

esterilización para TCAE.

 

Necesidade dunha regulación da contratación de FEAS.

 

En base a como finalmente se acheguen posturas e se redacte o texto final do novo pacto, e tendo en conta

todas as variables, CIG-Saúde decidirá no seu momento se asina ou non asina este pacto.

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48