CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Comunicado da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol ao respecto do concerto do SERGAS co Hospital "Juan Cardona"

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
A Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ferrol diante do acordo tomado polo Consello da Xunta de Galicia esta semana no que se acorda prorrogar por un ano máis o concerto que o Servizo Galego de Saúde mantén co Hospital "Juan Cardona" queremos manifestar o seguinte:

Mentres a Xunta de Galicia suspende o compromiso coa Sanidade Pública de investir os 63 millóns de euros para a reforma do Hospital Naval que se faría en tres anos do 2009 ó 2011, nese mesmo período paga o "Juan Cardona" 40 millóns de euros ( máis de 13 millóns cada ano).

 

A política da Xunta de Galicia na Área sanitaria de Ferrol é a de levala ós tempos nos que eramos a peor área de Galicia tanto en servizos como en persoal. Esta situación mudou coa incorporación do Hospital Naval que permitiu gañar persoal, quirófanos e ampliar a oferta de servizos.

 

A Xunta de Galicia pretende que a Sanidade Pública en Ferrol teña que depender sempre do "Juan Cardona" por iso inviste neste Hospital, a través do concerto, pero non inviste no Plan Director do Complexo Público.

 

Resulta sorprendente que o concerto co "Juan Cardona"(13 millóns de euros no 2011) supere ó concerto co Centro Oncolóxico de Galicia(11,1 millóns de euros) e mesmo supera en 3 millóns de euros anuais á suma dos concertos co Hospital San Rafael(4,8 millóns de euros) e co Santa Teresa (5,5 millóns de euros) na cidade da Coruña.

 

Mentres que para a Área Sanitaria non se consigna para o Plan de Alta Tecnoloxía nin un so euro no 2010 e no 2011 o "Juan Cardona" acaba de mercar unha resonancia magnética de última xeración.

 

Na Área Sanitaria de Ferrol non se está a poñer en funcionamento o servizo de Diálise de Crónicos que estaba comprometido e que tamén se presta no "Juan Cardona".

 

Desde esta Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ferrol queremos denunciar o trato de favor que a actual Xunta de Galicia mantén coa Sanidade Privada Concertada en Ferrol en detrimento da sanidade Pública.

 

Esta Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ferrol demandamos a incorporación do Hospital "Juan Cardona" á Rede Socio Sanitaria da Xunta de Galicia nunha comarca que escaseza de recursos sociosanitarios.

 

Demandamos da Administración Pública que se aplique a Lei de Incompatibilidades. Nesta comarca o incumprimento desa Lei é un secreto a voces que a Administración coñece e sobre o que non actúa.

 

Imos seguir defendendo unha Sanidade Pública universal e gratuíta e opoñéndonos á privatización da xestión tanto de Hospitais como de Centros de Saúde. Imos seguir defendendo que a Sanidade Pública é un dereito e non un negocio como é a pretensión da Xunta de Galicia.

 

Ferrol a 21 de decembro de 2010.

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48