CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Resumo da xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde da Área

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Podedes descargar o resumo da xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde do pasado día 28 de outubro . A xuntanza durou 5 horas e media, dende as 8:30 horas ata as 14 horas. Todo este tempo para volver a falar unha e outra vez o xa falado en reunións anteriores, sen que a Dirección de RRHH sexa capaz de darlle solución a ningún dos temas, levando a cabo actuacións sen estudo previo do seu impacto, que non solucionan os problemas senón que aínda os empeoran (lavandería, rampa de raios), solicitando presuposto tras presuposto (nave do Polígono do Pozo), subcontratando medicións que non valen de nada (anatomía patolóxica), negándose a cumprir coa lexislación vixente (Regulamento de Réxime Interno)... en definitiva: un desastre absoluto.

 

Xuntanza tras xuntanza do CSS, o único que se fai evidente é a incapacidade desta Dirección de cumprir cos requirimentos legais na PRL, e o escaso interese que ten en facer unha integración real e efectiva da PRL na xestión da área. Quizais a causa sexa que, ao igual que a maioría d@s mand@s intermedi@s, a Dirección tampouco ten formación en PRL, e por iso moitas veces non sabe da importancia do que se está a falar, nin ten a mínima idea de por onde comezar a solucionar os problemas. Parece ser que o persoal ten que vir motivado ao seu posto de traballo de por seu, sen que a empresa lle facilite mellores condicións de traballo que lle solucionen os problemas do día a día. É unha mágoa que a Dirección non sexa capaz de ver que a satisfacción do persoal no seu posto de traballo é resultado directo dunha boa saúde laboral, o que repercutiría nun menor absentismo laboral, nun menor índice de siniestralidade laboral, tamén nun menor número de  solicitudes de adaptación do posto de traballo... e por suposto, nunha maior calidade do servizo prestado.

Moitos foron os temas tratados, entre eles, temas relativos ao C.S. Fontenla Maristany, á Lavandería, ao Rexistro, á Anatomía Patolóxica, ao Arquivo, á Cafetería, aos Vestiarios, etc etc

 
Descargar resumo

 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48