CIG Saúde Ferrol

             
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

O hospital Juan Cardona logrou pechar 2009 con beneficios

Correo-e Imprimir
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter
marDeixámosvos aquí este artigo extraído do Diario de Ferrol de hoxe. Lendo entre liñas pódese deducir como se transforma a sanidade pública en negocio. O concerto co SERGAS suponlle ao Hospital privado un 65% do seu negocio. E os beneficios deste ano máis de 210.000 euros, máis de trinta e cinco millóns das antigas pesetas.
 
A SAÚDE NON É UN NEGOCIO
 
SANIDADE PÚBLICA 100%
 
O hospital Juan Cardona logrou pechar 2009 con beneficios
A pesar da crise, o hospital Juan Cardona, que acaba de presentar o informe de actividade e resultados do ano 2009, pechou o exercicio cun resultado positivo, cambiando así a tónica xeral de anos anteriores nos que as perdas eran habituais. Deste xeito o balance de contas reflexa unha diferenza positiva entre a de ingresos e a de gastos cun saldo de 213.702 euros.
 
Este cambio "radical" con respecto a outros exercicios débese, en parte, a que a pesar de ter unha actividade moi similar ao 2008, conseguíronse rebaixar os gastos totais, podendo manter, ao mesmo tempo, un persoal constante, como indican desde o centro hospitalario. Do mesmo xeito, sinalan que tamén influíu neste cambio de resultados unha "mellora na xestión de compras, así como a realización de investimentos acertados coas que se conseguiu, á súa vez, mellorar o rendemento e a calidade asistencial". Boa proba diso é o aumento que se produciu con respecto ao 2008 na actividade cirúrxica en xeral e cirurxía ambulatoria, explican desde o Juan Cardona.

Por outra banda, a política prevista para este ano pasa por manter e reforzar as accións que permitiron obter estes resultados positivos, é dicir, continuar coa "xestión acertada dos recursos humanos e a mellora da xestión de compras e infraestruturas, como é o caso do novo aparcadoiro", indican desde o hospital.
Por outra banda, os investimentos previstos para este exercicio "2.2331.592 euros", destinaranse á mellora substancial da imaxe e a eficacia do centro hospitalario.


Sergas > Do informe de actividade tamén se desprende que o Sergas segue sendo, con moita diferenza, o "cliente" máis importante do Juan Cardona, xa que do total da facturación de 2008, o 65,60% correspóndese con facturas ao Servizo Galego de Saúde.
 
 
 
 

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48