Eu voto CIG Saúde
cabeceiraweb2

CARTAZcontigoAs políticas do PP e da Consellaría de Sanidade nestes anos de goberno caracterízanse por:

 

DESPRESTIXIO

DESREGULACIÓN

PRIVATIZACIÓN

 

Desprestixio: Anulan os acordos retributivos e de dereitos laborais coa xustificación de que eran inmerecidos. Intentan culpar o persoal das consecuencias nefastas da súa política sanitaria.

Desregulación: A normativa creada por este goberno foi dirixida a poñer no mesmo plano a Sanidade Pública e a sanidade privada, para poder detraer recursos da Sanidade Pública e desvialos á sanidade privada.

Privatizacións: converteron a Sanidade Pública nun nicho de negocio para as empresas amigas, perdemos calidade e encarecéronse os servizos.

Con recortes salariais de máis dun 30% nas nosas retribucións, perda de días libres e paga extra. Anularon o complemento de I.T., impuxéronnos un imposto cando enfermamos. Suspenderon a carreira profesional e intentaron desprestixiar o noso traballo. Coa taxa de reposición perdéronse e precarizáronse moitos postos de traballo. 

 

Como sufrimos estas políticas as/os traballadoras/es

Con recortes salariais de máis dun 30% nas nosas retribucións, perda de días libres e paga extra. Anularon o complemento de I.T., impuxéronnos un imposto cando enfermamos. Suspenderon a carreira profesional e intentaron desprestixiar o noso traballo. Coa taxa de reposición perdéronse e precarizáronse moitos postos de traballo.

 

Que conseguiron con estas medidas

Nun principio intentaron provocar a desmotivación das/os profesionais, mais conseguiron o efecto contrario: a nosa reacción como traballadoras/es públicos foi facerlles fronte, defendendo os nosos dereitos laborais e a Sanidade Pública como dereito universal.

A CIG-SAÚDE, co apoio dos traballadores e traballadoras da Sanidade Pública, encabezamos todas as denuncias e mobilizacións que se fixeron no sector sanitario. 

Denunciamos o intento de exterminio que a Consellaría de Sanidade quere facer co persoal da Sanidade Pública. Convertémonos no seu inimigo, somos o maior obstáculo nas súas políticas privatizadoras.

Fomos e somos o maior altofalante en contra da privatizacións. Non somos nin seremos cómplices da privatización da Sanidade Pública. Queren converter a sanidade en negocio encarecendo os servizos que se prestan, e a nós, a poboación, quérennos converter en clientes dese negocio. Como clientes, se temos cartos poderemos comprar os seus servizos sanitarios, se non ficaremos excluídos da asistencia.

 

folleto1

Pero outras políticas sanitarias son posibles para modificar esta situación

Necesitamos seguir contando co apoio de todas/os traballadoras/ es da Sanidade Pública. 

O día 6 de maio, coma cada catro anos, volvémonos someter á vosa avaliación, nestes anos tivemos erros e acertos, pero sempre intentamos desenvolver o noso traballo con Compromiso, Rigor, Seriedade e Transparencia, dedicando unha parte importante do noso traballo á defensa da Sanidade Pública. Isto fixo que a Administración nos definise como un dos maiores perigos sociais ao que se enfrontan. Non nos puideron calar, e non conseguirán calarnos. O teu apoio é importante para que poidamos continuar con esta loita.

 

Quédanos moito traballo por facer:

Temos que recuperar todo o que nos foi arrebatado inxustamente: retribucións, días libres, complemento de I.T., carreira profesional, paga extra, postos de traballo e dignidade profesional. Temos que poñer o noso traballo como valor en alza.

Temos que conseguir que se anulen os decretos lexislativos deste goberno: lei de garantías, xestión clínica, axencia do coñecemento en saúde e axencia de tecidos e órganos. Temos que exixir unha lexislación pensada nos intereses da Sanidade Pública e non nos intereses das empresas privadas.

Temos que ser quen de volver atrás asprivatizacións deste goberno e as realizadas anteriormente. O público é servizo, o privado, beneficio para unhas poucas mans. 

Temos que recuperar unha Sanidade Pública, de calidade e universal.

Outras políticas sanitarias son posibles, recuperar os nosos dereitos e a Sanidade Pública é unha tarefa de todas e todos. Ti e a Sanidade Pública sodes o que importa.

Coa CIG-SAÚDE e coa túa participación imos mudar esta situación, e para iso o día 6 de maio necesitamos o teu apoio.

Co teu voto a CIG-SAÚDE será máis forte para dicir NON ás políticas de privatización e recortes. 

 

SI Á NOSA DIGNIDADE COMO TRABALLADORAS, 

COMO TRABALLADORES

 

SI Á DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

 

COA CIG-SAÚDE E CONTIGO,

A SANIDADE PÚBLICA TEN FUTURO

 

folleto2

euvotocigsaude

Calendario Electoral

21 abril 2015

Inicio Campaña Electoral


5 maio 2015

Xornada de reflexión


6 maio 2015

Votacións. De 8 a 23 horas.


Compartilla


contigo grande

 

 

favicon

 Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde

Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela - Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82