Preguntas frecuentes
cabeceiraweb2

Qué votamos? 

Votamos as xuntas de persoal e os delegados/as de persoal ao servizo das institucións sanitarias do SERGAS.

 

Cantos representantes escollemos?

Para a determinación do número de representantes que vaian ser elixidos, hai que estar ao disposto no artigo 39 da Lei 7/2007 do Estatuto Básico do Empregado Público, que establece a seguinte escala para fixar os compoñentes das xuntas de persoal de cada área:

  • De 50 a 100 funcionarios: 5
  • De 101 a 250 funcionarios: 9
  • De 251 a 500 funcionarios: 13
  • De 501 a 750 funcionarios: 17
  • De 751 a 1000 funcionarios: 21
  • De 1.001 en adiante, dous por cada 1000 ou fracción, cun máximo de 75.

Así pois, no SERGAS escollemos o seguinte:

  • A CORUÑA - 33 delegados/as a escoller
  • FERROL - 25 delegados/as a escoller
  • COMPOSTELA  - 31 delegados/as a escoller
  • LUGO - 27  delegados/as a escoller
  • MONFORTE - 17 delegados/as a escoller
  • CERVO - A MARIÑA - 17 delegados/as a escoller
  • OURENSE - 29 delegados/as a escoller
  • O BARCO DE VALDEORRAS - 17 delegados/as a escoller
  • PONTEVEDRA - 27 delegados/as a escoller
  • VIGO - 33 delegados/as a escoller
  • O SALNÉS - 17 delegados/as a escoller

 

Onde están situadas as mesas de votacións?

  • FERROL - Tres mesas situadas no Salón de Actos do Hospital Arquitecto Marcide
  • COMPOSTELA -  17 mesas situadas no Hospital Clínico (4 mesas), H. Psiquiátrico, H. Conxo, H. Barbanza, C.S. Arenal, C.S. Ordes, C.S. Arzúa, C.S. Lalín, C.S. A Estrada, C.S. Padrón, C.S. Ribeira, C.S. Noia, C.S. Muros e C.S. Santa Comba
  • CERVO - A MARIÑA - Mesa única na Biblioteca do Hospital da Costa
  • OURENSE - 12 mesas electorais situadas no Hospital de Piñor, Hospital Xeral (5 mesas), Hospital Santa María Nai, C.S. Valle Inclán (2 mesas), C.S. O Carballiño, C.S. Ribadavia e no Hospital de Verín.  
  • O BARCO DE VALDEORRAS - Mesa única situada no Salón de Actos do Hospital Comarcal de Valdeorras
  • PONTEVEDRA - Sete mesas situadas no Hospital Provincial (2 mesas), no Hospital de Montecelo (2 mesas), na Virxe Peregrina, no Centro de Saúde de Marín e unha no Centro de Saude de Baltar Portonovo
  • VIGO  - 18 mesas situadas no Hospital Meixoeiro (3 mesas), Hospital Xeral (3 mesas), Hospital Nicolás Peña, Hospital de Rebullón e nos Centros de Saúde de Coia, A Doblada, Rosalía de Castro, Cangas, A Cañiza, A Guarda, Ponteareas, Porriño, Redondela e Val Miñor. 
  • O SALNÉS - Dúas mesas situadas no Hospital do Salnés e no Centro de Saúde de San Roque
  • A CORUÑA - Vinte mesas situadas no Hospital Teresa Herrera, CHUAC (3 mesas), Hospital de Oza, Hospital Abente y Lago, Hospital Virxe da Xunqueira e nos centros de saúde do Ventorrillo, Casa do Mar, Betanzos, Carballo, Vimianzo, Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros, Sada, Cuntis, Ponteceso e A Laracha.
  • LUGO - 5 mesas situadas no Hospital Lucus Augusti
  • MONFORTE - Mesa única situada no Hospital Comarcal de Monforte

Para máis información, contacta coa CIG Saúde da túa Área: +info.

 

Cal é o horario das votacións?

O horario de votación comeza ás 8 horas do mércores día 6 de maio de 2015 e remata ás 23 horas do mesmo día. 

Excepcións: 

- Mesas de Atención Primaria de Ourense: Remate ás 20 horas.

 

O voto é secreto?

Os locais onde se constitúan as mesas para a votación deben contar cunha furna para cada unha das mesas e cunha cabina ou espazo habilitado onde se poida preparar o voto de xeito confidencial.

 

Quén pode estar nos locais de votación?

Terán dereito a acceder ao local habilitado para a votación, as persoas ás que lles corresponda votar na mesa alí situada, os representantes das candidaturas e os candidatos das mesmas, os seus apoderados e interventores, así como os representantes da Administración.

 

Como se realiza o voto?

O voto será libre, secreto, persoal e directo, depositándose na furna precintada o sobre de votación. Nas eleccións a membros das xuntas de persoal, cada elector poderá dar o seu voto a unha soa das listas proclamadas. Tamén existe a posibilidade do voto por correo previo á xornada de votación.

 

Qué documentación hai que presentar para votar?

O dereito a votar acreditarase pola inclusión no censo definitivo e pola identificación da persoa electora, mediante a exhibición do DNI, pasaporte ou permiso de conducir nos que apareza a fotografía da titular.

 

Cál é o calendario das eleccións sindicais?

A campaña electoral vai do 21 de abril de 2015 ao 4 de maio de 2015.

O día 5 de maio de 2015 conforma a xornada de reflexión.

O día 6 de maio de 2015 é a xornada de votacións.

 

Se estou nunha mesa, teño permiso?

A resolución do 10 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, regulan os permisos derivados do proceso electoral para órganos de representación do persoal ao servizo das institucións sanitarias. Descargar PDF

 

Cales foron os resultados anteriores?

resultadosgaliza

resultadosarea2011

         As celas en branco indican que a citada organización sindical non se presentou na correspondente área
 
 

Necesitas axuda

Contacta coa CIG Saúde da túa comarca nos seguintes enderezos ou teléfonos: +info. 

euvotocigsaude

Calendario Electoral

21 abril 2015

Inicio Campaña Electoral


5 maio 2015

Xornada de reflexión


6 maio 2015

Votacións. De 8 a 23 horas.


Compartilla


contigo grande

 

 

favicon

 Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde

Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela - Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82