Información carreira profesional Imprimir
Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 
Inicio
Xoves, 26 Xullo 2018 10:33

Carreira-informacion-xullo-2018

REUNIÓN DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DE CARREIRA PROFESIONAL O 24 DE XULLO DE 2018.

 

O acordo de carreira profesional vaise publicar no DOG o 6 de agosto de 2018.

 

Aprobouse a Resolución pola que se inician os procedementos para solicitar o grao de carreira do réxime excepcional de encadre, e para solicitar o grao inicial.

 

- O prazo de solicitudes para os dous réximes (encadre e grao inicial) será do 7 de agosto até o 28 de setembro.

 

- O SERGAS aceptou para este primeiro encadre que os criterios requiridos (40 hs de formación, investigación...) sexa a realizada até o día 28 de setembro de 2018.

 

Promoción interna temporal: o persoal que se atope nesta situación poderá solicitar os dous réximes de carreira, encadre e grao inicial.

 

- Por un lado, poderá solicitar o grao correspondente de carreira na praza base na que se mantén en activo, que é a praza que ten como persoal fixo.

- Por outro lado, e ao mesmo tempo, poderá solicitar o grao inicial na categoría promocionada sempre que se atope nun contrato de interinidade en praza vacante.

 

O persoal que está no SERGAS en comisión de servizo, con praza fixa noutra comunidade, non poderá acceder a carreira, en tanto non acade destino definitivo a través do concurso de traslados aberto e permanente.

Para presentar a solicitude de carreira hai que ter certificado electrónico, para poder asinar o formulario.

 

É o mesmo procedemento que as solicitudes de OPE e concurso de traslados aberto e permanente.

 

De que se publique no DOG da resolución que inicia o prazo, no FIDES, vai a aparecer o formulario de carreira. A cada profesional lle vai saír a súa situación, con todos os datos cubertos, e terá que comprobalos antes de confirmar a solicitude.