Propostas de CIG-Saúde para o Consello Técnico de Atención Primaria Imprimir
Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 
Atención Primaria
Xoves, 13 Xuño 2019 06:33

 

 

En cumprimento do acordo de mesa sectorial de 8 de maio, o proxecto de Plan de atención primaria que a Consellaría presenta, ten que ser a guía inicial de traballo para este consello, non pode ser un documento pechado.

 

Por iso, desde CIG-SAÚDE enviamos  as seguintes propostas, que desenvolven liñas de traballo para conseguir que ese Plan de atención primaria dea respostas ás necesidades asistenciais e laborais, e cunha execución inmediata.

 

1ª liña. Dotación de RRHH.


Proposta CIG-SAÚDE:

a.- Negociar, no último trimestre do 2019, un Plano de Ordenación de RRHH (PORRHH) no ámbito da mesa sectorial. Este plano identificará as necesidades de persoal a curto e medio prazo, e incorporará as propostas de solución.

b.- Para recuperar o equipo básico de atención primaria, as/os profesionais deberán prestar servizo na mesma quenda de traballo. Ampliando o concepto de equipo básico.


2º liña. Coordinación e comunicación entre niveis de asistencia: Atención Primaria-Atención Hospitalaria-061.


Proposta CIG-SAÚDE:

O consello acordará crear unha comisión de traballo, en principio, de persoal facultativo, para abordar este tema. No prazo máximo de 7 días as organizacións que forman parte do consello designarán a/o seu representante.

Dita comisión terá a primeira reunión de constitución antes do remate do mes de xuño de 2019.


3º liña. Creación de Equipos de Atención primaria e mapa de competencias.

Proposta CIG-SAÚDE.

a.- Creación de grupos de traballo:

  • Enfermaría: carteira de servizos, protocolos e formación.
  • Matronas: carteira de servizos.
  • Fisioterapeutas: carteira de Servizos.
  • PSX: definición do traballo administrativo.
  • Traballo social.
  • Grupo multidisciplinar para acordar a carteira de servizos.

 

No prazo máximo de 7 días as organizacións presentes no consello designarán as/os súas/seus representantes nos diferentes grupos de traballo.

Os devanditos grupos terán a 1ª reunión de constitución antes de finalizar o mes de xuño de 2019.

 

4º Liña. Orientar a demanda.


Proposta CIG-SAÚDE


O grupo multidisciplinar creado para acordar a carteira de servizos, terá tamén como competencia, facer unha proposta de como xestionar a demanda na atención primaria.


5º Liña. Formación, docencia e investigación.


Proposta CIG-SAÚDE.


No último trimestre do ano 2019, negociarase na mesa sectorial do SERGAS o estatuto da/o titora/or e colaborador docente.

Todos os grupos de traballo terán que presentar as súas conclusións ao consello técnico antes do 31 de outubro de 2019.


Outra proposta CIG-SAÚDE.

O consello técnico convocará unha reunión no mes de xullo de 2019 para abordar os seguintes temas:

ü  Xerencia de Atención Primaria.

ü  Orzamento específico de Atención Primaria.

Así mesmo remitimos alegacións á Acta do Consello técnico de atención primaria do pasado 14 de maio, nos seguintes termos:

 

"Recibimos con sorpresa a acta da devandita reunión, un documento de 12 páxinas, nas que se reproducen textualmente as intervencións da Administración, e non as intervencións do resto dos asistentes.

Non pretendemos que as actas sexan testamentos, máis si que de xeito breve se recollan as intervencións de todo o persoal, co correspondente nome da persoa que intervén e a organización á que corresponde.

Por todo isto, solicitamos que se incorporen na acta do día 14 de maio as seguintes manifestacións realizadas pola CIG-SAÚDE.

1.- Constitución do Consello. Reiteramos a nosa petición de incorporar no consello técnico os seguintes colectivos:


• Psicólogas/os clínicos.
• PSX
• Terapeutas ocupacionais
• Logopedia.

 

2.- Información mesa sectorial celebrada o día 26 de abril. Esiximos o censo de profesionais para poder comprobar o verdadeiro incremento, ou non. Rexeitamos o contrato de estabilidade, coñecido como contrato precario, esiximos a retirada da base 7º do contrato.


3.- Dar conta das actuacións previstas no plano de atención primaria a curto, medio e longo prazo.
Como CIG-SAÚDE manifestamos que non recoñeciamos ese documento como o plano de atención primaria, que o obxecto do consello era crear ese novo plano, con representación e participación de todos os colectivos. O documento que se nos presenta pode ser unha guía, mais non imos aceptar que esas sexan as medidas que se teñen que aplicar a curto, medio e longo prazo. E que o novo modelo será o resultado das comisións que se cren e do traballo deste consello.

 

Cando mínimo estas manifestacións realizadas na reunión deben ser incorporadas a acta".