facebook     twitter

gripe
eu-galego
Formación
Cursos formación 2010 Imprimir
Formación - Xeral
Domingo, 17 Xaneiro 2010 11:54

forga

 

CIG-SAÚDE ven de aprobar na primeira quincena de xaneiro a proposta formativa para o ano 2010.

 

Cursos en Vigo: boton

 
Cursos de galego CELGA Imprimir
Formación - Xeral
Xoves, 14 Xaneiro 2010 08:57

celga

Cursos organizados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística

Os cursos que se organicen e impartan deberán estar finalizados antes do 19 de novembro de 2010.

O prazo para a inscrición nas probas rematará o día 25 de marzo de 2010 para a convocatoria de maio e o 7 de outubro de 2010 para as probas de novembro.

O número máximo de asistentes a cada curso será de 30. Se quedasen prazas vacantes, poderán admitirse candidatos ata 3 días antes do inicio do curso.

Os cursos terán unha duración de 75 horas lectivas, distribuídas en sesións de dúas horas ou de dúas horas e media cada día.

As solicitudes dirixiranse aos gabinetes provinciais de normalización lingüística da provincia que corresponda.

Presentaranse preferentemente no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou nas oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, incluindo os rexistros dos hospitais, Dirección Provincial, Xerncia de A. Primaria. etc.

 

Prazo de presentación de solicitudes.


Establécense distintos prazos de presentación de solicitudes segundo as datas de comezo das diferentes quendas de programación dos cursos:

 

-Ata o día 10 de febreiro de 2010, para os particulares que desexen participar nos cursos programados entre os meses de marzo e xuño (primeira quenda).

-Ata o día 21 de xuño de 2010, para os particulares que desexen participar nos cursos programados para os meses de xullo e/ou agosto de 2010 (segunda quenda).

-Ata o día 10 de setembro de 2010, para os particulares que desexen participar nos cursos programados para os meses de setembro, outubro e novembro (terceira quenda).

-Ata o día 27 de febreiro de 2010, para os colectivos, entidades e asociacións que pretendan organizar cursos entre os meses de abril e novembro de 2010.

Para facilitar a elección dos cursos, infórmase as persoas interesadas de que as próximas probas para acreditación do nivel de lingua galega, Celga, se efectuarán os días 22, 23, 29 e 30 de maio e 20, 21, 27, 28 de novembro do 2010, para os niveis Celga 4, 2, 3 e 1, respectivamente.

DOG: boton

 
Cursos proxecto "IMOS TRABALLAR" Imprimir
Formación - Xeral
Mércores, 27 Maio 2009 07:11

O proxecto “IMOS TRABALLAR”  ten por obxectivo principal a mellora da empregabilidade dos/das demandantes de emprego da cidade de Vigo


A través de dúas accións diferenciadas:

  1. O PACTO LOCAL POLO EMPREGO ESTABLE E DE CALIDADE, asinado polo concello de Vigo  e a CIG, xunto con outras organizacións.
  2. OS ITINERARIOS INTEGRAIS DE INSERCIÓN SOCIOLABORAL (ITI`S).: Titorización personalizada e individualizada para o alumnado na súa busca de emprego, cun ESPAZO EMPREGO ( espazo físico ubicado na CIG) onde facer uso de recursos como ordeador, currículo, directorios de emprego, webs de emprego, prensa virtual, taboleiro de ofertas de emprego público e privado, convocatorias, oposicións,  grupos de traballo, etc.

 A CIG TEN PREVISTO A REALIZACIÓN DE 7 ACCIÓNS FORMATIVAS/CURSOS POR PARTE DE CIG AO LONGO DO PERIODO 2009-2011.

Ler máis...
 
Cursos FIP para desempregados Imprimir
Formación - Xeral
Martes, 17 Marzo 2009 11:32
     Cursos de formación FIP para desempregados 
 
Cursos de formación 2009 Imprimir
Formación - Xeral
Luns, 16 Marzo 2009 18:38

 Cursos de formación 2009 para persoal en activo da sanidade pública, Vigo.

 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>