facebook     twitter

gripe
eu-galego
Formación
Actividades formativas 2º semestre CHUVI 2013 Imprimir
Formación - Xeral
Martes, 28 Maio 2013 12:27

 

O martes 28 de maio de 2013 ás 10 horas iniciase o prazo de preinscripción para as actividades formativas do segundo semestre de 2013.

 

Accédese a través da Intranet do CHUVI pinchando na icona de Formación Continuada.

 

Recordar que as actividades formativas on line poden realizarse dende calquera ordenador con conexión a internet.

 

 

 

UNIDADE DE FORMACIÓN CONTINUADA              

Hospital Xeral  Planta 16  Telf: 986  815978 -815922                          

Hospital Meixoeiro   Planta 6    Telf.:986  811129

Hospital Rebullón     Planta 0    Telf.:986  219772

 

 
Cursos de formación CIG-Saúde Imprimir
Formación - Xeral
Luns, 13 Maio 2013 09:30

cursos-forga-sade-2013

 
Plan AFEDAP: falta transparencia e sobran intermediarios Imprimir
Formación - Xeral
Martes, 12 Febreiro 2013 07:47

Publicouse o luns 11 de febreiro no DOG a Resolución de convocatoria dos cursos FEGAS:

 

  • RESOLUCIÓN conxunta do 26 de decembro de 2012, da Dirección de Recursos Humanos e da Escola Galega de Administración Sanitaria, pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal do Servizo Galego de Saúde.  Descargar PDF 

 

Nesta resolución indícase que foi negociada cos sindicatos CIG, CCOO, UGT e CSIF mais o que non se aclara é que a CIG non asinou o Plan AFEDAP para este ano. Os nosos motivos temos. Desde a CIG-Saúde solicitouse, xa o ano pasado, e neste ano de novo, que se nos remitira un informe de orzamento dos cursos xestionados e ofertados a través da FEGAS, desglosando nese informe os custos de prezo/hora, formadores/as, material, instalacións etc... de cada curso, para ter coñecemento de en qué se están gastando os cartos que o SERGAS achega á fundación FEGAS e ver se este gasto é acaído ás necesidades formativas. Deste xeito, ademais de cumprirse co suposto compromiso de transparencia deste goberno, as organizacións sindicais poderíamos tamén facer as nosas propostas de cara a un mellor aproveitamento dos recursos existentes, posto que a formación no SERGAS este ano finánciase exclusivamente coas achegas dos/as traballadores/as e sendo o SERGAS unha "empresa do coñecemento", a formación debe de ter un importante peso específico, e as traballadoras e traballadores deben de ter a posibilidade de participar na súa planificación a través dos/das seus/súas representantes.

 

A petición de orzamentos remitiuse a Pablo Galego Feal, Director da FEGAS, e a Rocío Mosquera, Conselleira de Sanidade, o pasado 11 de decembro. Hoxe, día 11 de febreiro, dous meses despois, publícase a resolución no DOG sen que a CIG-Saúde asinara, posto que non tiñamos recibido resposta á nosa petición. Casualmente, esa resposta chegou hoxe mesmo, e nela, ademais dun percorrido pola existencia da FEGAS e o seu financiamento, remítesenos un cadro onde, sen desglosar curso por curso, se indican os custos das actividades formativas da FEGAS no ano 2012 e onde atopamos custos de empresas contratadas (non é a FEGAS o ente encargado da formación? inda ten que andar subcontratando?). Efectivamente, falta transparencia e sobran intermediarios.

 

Por se fora pouco, ademais de terse retirado este ano a achega que o SERGAS facía á FEGAS para a formación do persoal, e basearse o financiamento da mesma só nas achegas que fai o persoal a través da súa nómina, na propia resolución publicada hoxe indícase: "a execución das accións formativas recollidas neste Plan queda condicionada á existencia de credito orzamentario adecuado e dispoñible", ou sexa, que poidera ser que a metade de ano se suspendan as actividades formativas programadas como aconteceu o ano pasado?

 

Desde a CIG-Saúde pensamos que a formación do persoal do SERGAS é algo o suficientemente importante como para que haxa un exercicio de transparencia e se recollan as achegas que se fan desde as organizacións que representan as/os traballadoras/es, e, desde logo, como para que se fagan esforzos para garantir e mellorar a formación, que, non o esquezamos, vai repercutir nunha mellor da calidade asistencial.

 
Cursos de formación 2012 Imprimir
Formación - Xeral
Mércores, 01 Agosto 2012 08:47

cursos-forga_2012

A solicitude deberá entregarse con un mes de antelación ao comenzo do curso.

 

 
Cursos FEGAS para o ano 2012 Imprimir
Formación - Xeral
Martes, 31 Xaneiro 2012 08:19

RESOLUCIÓN conxunta do 10 de xaneiro de 2012, da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde e da Escola Galega de Administración Sanitaria, pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal do Servizo Galego de Saúde.  CIG-SAUDE

FEGASPrazos de inscrición:

 

  • Para as edicións das accións formativas do primeiro semestre, o prazo comezará o día 1 de febreiro de 2012 e rematará o día 20 de febreiro de 2012.
  • Para as edicións das accións formativas do segundo semestre, o prazo comezará o día 1 de xuño de 2012 e rematará o día 20 de xuño de 2012.

Oferta de Cursos para o ano 2012: CIG-SAUDE

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>