facebook     twitter

gripe
eu-galego
Publicación da oferta de destinos e relación provisional de admitidos/a do concurso de traslados aberto e permanente do ano 2019 Imprimir Correo-e
Traslados
Luns, 01 Abril 2019 07:35

Traslados

O xoves 28 de marzo publícouse a RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e se aproba a oferta de destinos no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2019 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.

 

 

As listas coa relación provisional de admitidos/as e excluídos/as en cada unha das categorías están publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

A relación de prazas ofertadas por categoría e os centros, e mais aquelas en que poden existir resultas, está publicada na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), na sección de emprego público/concurso de traslados/concurso de traslados aberto e permanente 2019.

 

Prazo para poder modificar a relación de prazas: 15 días naturais ( do 29 de marzo ao 12 de abril de 2019).

 
Publicación listas provisionais contratacións diversas categorías Imprimir Correo-e
Contratacións
Mércores, 27 Marzo 2019 12:47

 Contratacion

O mércores 27 de marzo de 2019 publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

 

  • enfermeiro/a,
  • enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061,
  • enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo, enfermeiro/a especialista de saúde mental,
  • enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía,
  • enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria,
  • médico/a de familia,
  • médico/a de urxencias hospitalarias,
  • pediatra de atención primaria,
  • persoal de servizos xerais


Prazo de reclamacións: 10 días hábiles ( do 28 de marzo ao 10 de abril de 2019).

 

Aclaración: o baremo que se aplica para as listas de enfermeiro/a e enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 é o que figura na convocatoria de OPE da categoría de enfermeiro/a de 12/03/2018, no que o valor mes dos servizos prestados diminúe.

 
Cursos online para persoal non sanitario Imprimir Correo-e
Formación
Mércores, 27 Marzo 2019 12:41

 

Inscríbete en https://costalugoformacion.com/saude

Prezos especiais para afiliados/as

 

20190326 RESOLUCIÓN DE CONFLITOS

 

 

 

20190326 MANEXO DE SITUACIÓNS DE VIOLENCIA EXTERNA EN INSTITUCIÓNS

 
OPE AUX ADMTVO Imprimir Correo-e
OPE
Mércores, 20 Marzo 2019 09:32

 

Infórmase que está previsto que o luns, 25 de marzo, se publiquen no Diario Oficial de Galicia, o lugar e as datas de realización dos exercicios da fase de oposición para o ingreso na categoría de grupo auxiliar da función administrativa.

 Ope

Os exames da fase de oposición terán lugar no Recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda, o domingo, 7 de abril, ás 15:30 horas.

 
Plantilla de respostas exame celadoras Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 11 Marzo 2019 11:42

Plantilla-respostas-provisorias-Celador-2019

 

Preguntas exame común 


Preguntas exame específico

 

 

 

Preguntas exame galego 

 

 

Preguntas Especifico discapacidade 

 

 

Respostas específico discapacidade

 
10 de marzo Día da Clase Obreira Galega: recuperar dereitos para avanzar Imprimir Correo-e
Inicio
Venres, 08 Marzo 2019 08:13

Na Galiza emprego, salarios e pensións dignas.

10-marzo

A CIG chama a mobilizarse o vindeiro domingo, 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, para exixir que se derroguen as reformas laborais e as políticas executadas coa escusa da crise porque cada día que pasa medra a precariedade, a pobreza laboral e continúa a perda xeneralizada do poder adquisitivo da clase traballadora galega.


Mobilizacións

Vigo: Manifestación desde a Dobrada ás 12h

Pontevedra: Praza da Peregrina, 12h

Vilagarcía: Praza de Galiza, 12h

Compostela: Praza Roxa, 11:30h

A Coruña: Manifestación desde a Praza de Vigo ás 12h

Ferrol: Manifestación desde o Monumento ao 10 de marzo ás 12h

Lugo: Manifestación desde o Edificio Sindical ás 12h

Ourense: Praza do Ferro, 11:30h


Os contratos por horas, días ou como máximo semanas; a utilización dos contratos a tempo parcial, das ETT, de falsos/as autónomos/as, das empresas multiservizos, dos centros especiais de emprego; e o intento da imposición de convenios colectivos estatais fronte aos provincias e de ámbito galego son as novas realidades no mundo do traballo que están a fomentar o empobrecemento xeneralizado da clase traballadora e a afondar na perpetuación das desigualdades de xénero.


A perda de emprego, o desmantelamento industrial e o peche de empresas, xunto coa emigración, son unha constante, evidenciándose de forma dramática o dano que están a provocar as políticas neoliberais en Galiza.


O Goberno español do PSOE seguíu a manter o modelo económico e de relacións laborais nacido das reformas laborais aprobadas en 2010, pero sobre todo en 2013, que teñen significado un verdadeiro atentado e un golpe de Estado aos dereitos laborais e sociais e á negociación colectiva.


De feito, as medidas aprobadas nos últimos meses, e as que se anuncian nos Orzamentos Xerais do Estado para 2019, son claramente insuficientes (decreto sobre salario mínimo, etc.) e inxustas (decreto contratos relevo e xubilación parcial, etc.), cando non continuístas das políticas do PP (des censo da inversión en Galiza, mantemento da reforma das pensións do 2011 e 2013, etc.)


Nesta situación, e neste momento de inestabilidade política e institucional, temos que ser conscientes e non caer no engano de crer que as solucións virán polas concesións que nos faga o poder económico. Como tampouco as conseguiremos dun poder político que está ao servizo do capital e non da clase traballadora. Así mesmo, denunciamos unha vez máis a lacra que representa o chamado diálogo social, a concertación social que lamentabelmente seguen a practicar a diario UGT e CCOO coa patronal e cos Gobernos español e galego, colaborando na desmobilización e afondando na mentira de que por esta vía a clase traballadora poderá mellorar.

 
Convocatoria de OPE de PSX Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 08 Marzo 2019 08:05

O xoves 7 de marzo de 2019, publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de persoal de servizos xerais.

SISTEMAS DE ACESO: acceso libre, acceso de persoas con discapacidade ou promoción interna.

 

As 9 prazas da quenda de discapacidade intelectual non están incluídas nesta convocatoria, incluiranse nunha convocatoria específica e diferenciada.

 

CATEGORÍA

Subgrupo

Acceso libre

Promoción interna

Reserva discapacidade xeral

Total

Titulación

Persoal de servizos xerais

C2

24

38

4

75

Graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria, Técnico (Formación Profesional de Grao Medio) ou equivalente.


PRAZO DE PRESENTACIÓN SOLICITUDES: do 15 de marzo ata o 30 de abril de 2019, ambos inclusive.

O formulario de inscrición atópase no FIDES no apartado de Procesos.

As solicitudes de participación no concurso-oposición dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición.

Poderán presentarse:

  • por  (requirirase un certificado dixital válido: FNMT,DNI electrónico ou Camerfirma),rexistro electrónico
  • de forma presencial no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde,
  • ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Valoraranse os méritos ata o día inmediatamente anterior ao da publicación da convocatoria no DOG.

Como novidade no formulario de inscrición, inclúese a verificación automática de determinados requisitos, sen necesidade de ter que aportalos en papel. Tal é o caso de:

- DNI ou NIE.

- Certificado de discapacidade emitido na Comunidade Autónoma.

- Desempregados/as de máis de 6 meses a nivel estatal.

- Condición de familia numerosa recoñecida na Comunidade Autónoma.

No caso de que non se queira autorizar dita verificación terase que marcar esa opción na inscrición, e daquela presentará en papel toda a documentación.

O resto de requisitos teranse que aportar fisicamente (título, pasaporte...).


PAGO DE TAXAS25,81 euros, salvo, exencións totais por discapacidade igual ou superior ao 33%, e membros de familias numerosas da categoría especial; e exencións parciais do 50% dos membros de familias numerosas de categoría xeral, e dos demandantes de emprego desde, polo menos, os 6 meses anteriores e que non estean a percibir ningunha prestación ou subsidio por desemprego.

Reparto PSX

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>