facebook     twitter

gripe
eu-galego
Mobilidade Interna
PROCESO EXTRAORDINARIO DE MOBILIDADE INTERNA 2015 Imprimir
Traslados - Mobilidade Interna
Luns, 16 Novembro 2015 09:21


O MARTES 17 DE NOVEMBRO SAE PUBLICADA A RELACIÓN DO PERSOAL DO CHUVI REASIGNADO DA CATEGORÍA PROFESIONAL DE ENFERMEIRAS e TCAEs CON MOTIVO DO CAMBIO DA ESTRUTURA HOSPITALARIA DE VIGO

 traslados-chuvi

 

O 10 de xuño de 2015, asinouse o Acordo entre a Dirección da EOXI Vigo e a Comisión de Centro do CHUVI para a asignación/redistribución de postos de traballo con motivo do cambio da estrutura hospitalaria. No apartado 2 do mencionado Acordo establécese:

 

Finalizado o proceso de cambio da estrutura hospitalaria, convocarase en primeiro lugar un proceso extraordinario de mobilidade interna voluntaria para o persoal reasignado con

consolidación, regulado pola Comisión Paritaria, no que se ofertarán o 100% dos postos vacantes existentes na EOXI – CHUVI (100% de postos ocupados por interinos e postos ocupados por persoal non consolidado)

 

Por acordo coa Comisión de Centro, neste proceso extraordinario de mobilidade interna voluntaria, poderá participar o persoal reasignado consolidado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (en adiante CHUVI) por calquera dos Concursos de Mobilidade Interna Voluntaria realizados ata a data, así como os traballadores fixos con praza en propiedade no CHUVI con continuidade no desenvolvemento do seu posto de traballo no Hospital Xeral dende 1990 ou no Hospital Meixoeiro dende 1993, que como consecuencia deste proceso de cambio de estrutura hospitalaria do CHUVI tivese cambiado de Centro, Unidade ou quenda.

 

Finalizado o proceso de asignación/reasignación de determinadas categorías profesionais, procede o inicio do proceso extraordinario de mobilidade interna voluntaria e a fin de facilitar a determinación do persoal con dereito á participación neste Proceso Extraordinario, procede a publicación das relacións do persoal que cumpre os requisitos esixidos no Acordo, por categoría profesional, outorgando un prazo para a presentación das reclamacións polos interesados.

 

Por todo isto, a Dirección de Recursos Humanos procede a Publicar na Intranet da EOXI Vigo a relación provisional de persoal das categorías profesionais de ENFERMEIRAS e TCAEs que poden participar no proceso extraordinario de mobilidade interna voluntaria previsto no mencionado Acordo do 10 de xuño de 2015, outorgando un prazo que finalizará as 14:00 horas do día 4 de decembro de 2015, para que os interesados poidan presentar as alegacións que consideren oportunas, aportando a tal efecto a documentación xustificativa das mesmas. As ditas alegacións deberán ser presentadas en calquera dos rexistros da EOXI, dentro do prazo establecido.

 

As alegacións formuladas contra a publicación da relación provisional serán rexeitadas ou admitidas por medio da relación definitiva do persoal que poida participar neste proceso extraordinario.

 

 Para o persoal non sanitario estase pendente de negociar as condicións.

 

Listaxes enfermeiras

 

Listaxes TCAES 

 

Reclamación inclusión nas listaxes

 

 

 

 
Bases e acordo de Mobilidade Interna CHUVI 2014 Imprimir
Traslados - Mobilidade Interna
Xoves, 27 Febreiro 2014 09:33

Bases: CIG-SAUDE


Acordo: CIG-SAUDE

 
Mobilidade Interna Voluntaria no CHUVI Imprimir
Traslados - Mobilidade Interna
Xoves, 13 Xuño 2013 08:43

 

Logo da xuntanza mantida o martes 12 de xuño entre os responsables de Recursos Humanos da Xerencia Integrada de Vigo e os representantes sindicais para concretar o proceso de Mobilidade Interna Voluntaria no CHUVI,  acordouse que o proceso sería a principios de outubro de 2013. O próximo mércores 19 de xuño volveremos a manter outra xuntanza para pechar o documento de Mobilidade Interna Voluntaria.

traslados-chuvi


Valoramos positivamente a vontade e axilidade co que a Dirección está a por neste proceso. Tamén temos que dicir que quedan algúns atrancos por definir nas bases de Mobilidade que esperemos se podan superar na vindeira xuntanza. 

 
Mobilidade Interna Atención Primaria de Vigo Imprimir
Traslados - Mobilidade Interna
Martes, 05 Marzo 2013 13:00

Mobilidade-interna-Primaria

 

 

Resolución: CIG-SAUDE

 

 
Convocatoria mobilidade interna na Xerencia de Atención Primaria de Vigo Imprimir
Traslados - Mobilidade Interna
Martes, 17 Xaneiro 2012 12:50

RESOLUCION DA XERENCIA DE ATENCION PRIMARIA DE VIGO DE 13 DE XANEIRO DE 2012 POLA QUE SE CONVOCA PROCEDEMENTO DE MOBILIDADE INTERNA PROVISIONAL AO ABEIRO DA DISPOSICION ADICIONAL QUINTA DO DECRETO 206/2005, E DO ACORDO DE 30 DE MARZO DE 2.009 SOBRE MOBILIDADE INTERNA NA XAP DE VIGO.


B A S E S


1ª.- Ábrese un prazo dende o día 16/01/2012 ata o día 03/02/2012 ambos inclusives para que os interesados podan presentar as súas solicitudes conforme o anexo I da presente resolución nas que farán constar os destinos nos que puideran estar interesados dentro do ámbito desta Xerencia e ata un máximo de cinco. Por cada centro de destino poderá escollerse unha ou máis quendas.


2ª.- O baremo aplicable será o seguinte:


- Por cada mes completo de servizos prestados no SNS……..0.1 punto
- Por cada mes completo de servizos en Atención Primaria.....0.1 punto adicional.


En caso de empate se terá en conta a data da primeira toma de posesión con praza en propiedade en Atención Primaria, desempatando a favor do que o fixera en primeiro lugar, de persistir o empate terá preferencia o de maior idade.

 

Resolución: CIG-SAUDE

 
Mobilidade Interna no CHUVI, prazos de incorporación Imprimir
Traslados - Mobilidade Interna
Martes, 04 Outubro 2011 12:03

 

 Información que nos comunica a Dirección do CHUVI sobre a Mobilidade Interna:

 traslados-chuvi

Comunícase que con data 10 de outubro de 2011 iniciaranse os movementos do persoal que, obtivo posto no 2º Concurso de Mobilidade Voluntaria deste Complexo Hospitalario por resolución da Xerencia de data 27 de maio de 2011, así como do persoal asignado provisionalmente, como consecuencia da súa incorporación do concurso-oposición e concurso de traslados 2008-2010.

 

Por outra banda, infórmase que o persoal que se atopaba adecuado por motivos de saúde no tempo en que se convocou o Concurso de Mobilidade Interna do CHUVI e que non presentou a correspondente solicitude para a súa participación (incumprindo o recollido na Base 11 da presente convocatoria), será desprazado do posto que ocupe en calidade de adecuado por motivos de saúde.

 
Elección posto provisional CHUVI persoal OPE e Traslados externos Imprimir
Traslados - Mobilidade Interna
Mércores, 08 Xuño 2011 11:50

chuvi

 

O luns 13 e o martes 14 de xuño en horario de tarde procederase á elección de posto provisional para o persoal que se incorporou de traslados externos e OPE. Estes postos son provisionais ata que saía o próximo concurso de Mobilidade Interna.

 

Os actos de elección e horarios serán os seguintes:

 

Luns 13 de xuño :

Salón de actos do Hospital Meixoeiro.

 

15h.

  • DUE
  • Fisioterapeutas.

 

Martes 14 de xuño:

Salón de actos do Hospital Meixoeiro.

 

15:30h

  • Cociñeiros
  • Pinches

 

15:45h.

  • Celadores
  • Auxiliares administrativos

 

17h.

  • TEL
  • TER
  • TEAP

 

17:30h.

Auxiliares de enfermaría

 

As/os aspirantes deberán ir provistos da documentación que acredite a súa personalidade.

No caso de non poder acudir ao acto de elección de posto, a traballadora/or poderá solicitar a outra persoa que o represente mediante a sinatura do correspondente apoderamento ( nas oficinas de Recursos Humanos do CHUVI disponse de dito modelo)

 

Non e obrigatorio acudir á elección de destino, en caso de non facelo, o posto asignado seralle asignado por parte da Dirección.

 

Postos persoal sanitario: boton

 

Postos persoal non sanitario: boton

 

 

 

 
Elección de posto na Mobilidade Interna do CHUVI Imprimir
Traslados - Mobilidade Interna
Venres, 20 Maio 2011 07:22

Eleccion-Mobilidade_interna

 

O xoves 19 de maio comezou a elección de postos de traballo no proceso de Mobilidade Interna no CHUVI.  Ás 15:30h comezou a elección do persoal de oficios e posteriormente, ás 16:30h a de celadores e celadoras.

 

O proceso transcorreu con absoluta normalidade e de forma áxil, as 17:30h rematou esta primeira quenda de elección. a próxima cita de elección será o sábado 21 de maio no salón de actos do H. Meixoeiro coa participacións ás 8h de DUE (áreas específicas) e as 9h DUE procedemento xeral.

 

Aclarar que o persoal que teña previsto renunciar a participar na elección non é necesario que acuda ao acto de elección, tamén o persoal que estando presente e non lle interese ningún posto dos que quedan tamén poden ausentarse sen esperar a súa quenda de elección.

 

IMPORTATE acudir con documento que acredite a personalidade do/a participante (Di, pasaporte, carné de conducir)

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>