facebook     twitter

gripe
eu-galego
Mobilidade Interna
Asembleas Mobilidade Interna CHUVI Imprimir
Traslados - Mobilidade Interna
Mércores, 20 Maio 2009 12:23

Diante da paralización indefinida do Concurso de Mobilidade Interna no CHUVI, CIG-SAUDE convoca ao persoal a asembleas informativas nos seguintes centros e días de maio:   

                                                                    

Hospital Xeral

 Hospital  Meixoeiro

Hospital N. Peña
 

Día: Venres 22

 

  Día: Martes 26

 

Día: Martes 26

 

Hora: 11

 

    Hora: 11:30

 

Hora: 14

 

Lugar: Salón de actos

 

Lugar: Salón de actos 

 

Lugar: Aula de formación

 

 
Mobilidade Interna CHUVI Imprimir
Traslados - Mobilidade Interna
Venres, 15 Maio 2009 08:39
Paralización Mobilidade Interna CHUVI

CIG-SAUDE informa que a Mobilidade Interna no CHUVI,  que se estaba negociando coa Dirección, quedou paralizada indefinidamente ó decidir a Dirección que mentres non reciban instrucións do Servizo Galego de Saúde o proceso non se levará a cabo. Esta decisión ó parecer ven xustificada por unha sentenza a unha demanda efectuada por unha traballadora do CHU de Santiago defendida pola asesoría xurídica de CCOO. Esta sentenza emitida polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ditaminou que a Dirección do Centro e a Comisión de Centro non teñen capacidade de negociación no ámbito da Xerencia, sendo esta unha competencia da Mesa Sectorial do Servizo Galego de Saúde (Santiago) dita Mesa está composta polos sindicatos e os responsables do Servizo Galego de Saúde. Polo tanto isto supón un frenazo e a puntilla á negociación nos Centros.

Con esta situación nos tememos que a partires de agora a mobilidade do persoal pode quedar á libre elección da Dirección, sen garantías de transparencia e obxectividade.

Con dita sentenza se lle deu armas á administración e limita a actuación dos representantes sindicais para negociar nos Centros.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>