facebook     twitter

gripe
eu-galego
Outras novas
OS ORZAMENTOS 2020 TEÑEN QUE SER OS ORZAMENTOS DA RECUPERACIÓN SALARIAL DO PERSOAL DO SERGAS Imprimir
Inicio - Outras novas
Martes, 23 Xullo 2019 07:35

 

O persoal do SERGAS non pode seguir tendo unha retribución inferior que o resto do persoal da Xunta de Galiza no seu complemento específico, que está destinado a retribuír, entre outras,  as condicións específicas do posto de traballo en atención á dificultade técnica, dedicación, responsabilidade ou penosidade.

 

Que pretende este goberno?  Que o persoal do SERGAS sexa o único ao que non se recoñeza retribución pola penosidade do traballo en quenda de noite, domingos, festivos e gardas?


Diferencia Salarial que temos todo o ano con respecto ao Persoal da Xunta

Complemento Específico Xunta

Complemento Específico                   + Prod.  fixa SERGAS

Diferencia mensual e nas pagas extras.

Nivel 22= 658.84 €

Nivel 22 = 412.64 €

-246.20 €

Nivel 18= 488.78 €

Nivel 18 = 287.71 €

-201.07 €

Nivel 16= 474.27 €

Nivel 16 = 293.01 €

-181.26 €

Nivel 14 = 452.99 €

Nivel 14 = 346.03 €

-106.96 €

 

No ano 2008 acordouse no SERGAS un incremento retributivo para todas as categorías e que pretendía corrixir esta diferencia.

No ano 2010 o Sr. Feijóo encargouse de suspender este acordo retributivo, mantendo a suspensión na actualidade.

 

ACORDOS SUSPENDIDOS  E QUE TEMOS QUE RECUPERAR NO ANO 2020. LEI DE ORZAMENTOS 2020

INCREMENTO RETRIBUTIVO 2010

INCREMENTO RETRIBUTIVO 2011

INCREMENTO RETRIBUTIVO 2012

Grupo

Anual

Mensual

Grupo

Anual

Mensual

Grupo

Anual

Mensual

A1

425 €

30.36 €

A1

611 €

50.91€

A1

611€

50.91 €

A2

407 €

29.07 €

A2

585 €

48.75 €

A2

585 €

48.75 €

C1

389 €

27.79 €

C1

560 €

46.66 €

C1

560 €

46.66 €

C2

372 €

26.57 €

C2

535 €

44.58 €

C2

535 €

44.58 €

E/AP

354 €

25.29 €

E/AP

509 €

42.41 €

E/AP

509 €

42.41 €


CIG-Saúde esixe que se elimine a discriminación salarial á que nos condenou e segue a condenar o Sr. Feijóo.

POR UNS ORZAMENTOS 2020 DIGNOS PARA TODAS AS CATEGORÍAS

 
CIG-SAÚDE gaña as eleccións sindicais no SERGAS Imprimir
Inicio - Outras novas
Venres, 24 Maio 2019 17:48

 


Histórico resultado da CIG-Saúde nas eleccións sindicais do SERGAS consolidándose como primeira forza,


Incrementa a súa representación pasando de 57 a 66 delegadas/os


A CIG-Saúde vén de reforzar a súa posición como primeira forza nas eleccións sindicais celebradas este xoves no SERGAS, aumentando en votos en todas as áreas sanitarias e incrementando a súa representación ao pasar de 57 a 66 delegadas e delegados. Un resultado histórico co que a central sindical consolida a súa hexemonía na mesa sectorial da que, ademais, quedan fóra os sindicatos médicos corporativos.

Captura EESS 2019

 

A secretaria nacional, María Xosé Abuín, valora moi positivamente os resultados que considera consecuencia do traballo desenvolvido durante estes anos; da súa defensa inquebrantábel da sanidade pública; do seu combate constante contra as políticas do Partido Popular, que recortou os orzamentos provocando un grave deterioro non só das condicións laborais, senón tamén do propio servizo e impuxo unhas taxas de reposición que derivaron nunha grave falta de persoal. Unha situación que foron paliando as e os profesionais a custo de incrementar a súa carga de traballo para garantir a maior calidade na atención das e dos doentes.


 

Enfrontar a precariedade na sanidade pública


A CIG-Saúde leva anos alertando das graves consecuencias que a precariedade laboral ten na sanidade pública. Afecta directamente ao persoal que a sofre, porque se ve obrigado a sobrevivir con contratos por días ou por horas, cunha mobilidade e rotación constante por distintos servizos. Unhas condicións laborais que impiden ter un proxecto de vida, porque están a expensas de ser chamados para unha nova contratación.


Mais esta precariedade laboral tamén ten consecuencias no persoal fixo, porque ao non se dar cobertura a todas as ausencias aumenta a súa carga de traballo, provoca desprazamentos dentro dos hospitais, dun servizo a outro, e dificulta o seu traballo.

 

 

Tanto a rotación do persoal eventual, como os desprazamentos do persoal fixo teñen tamén consecuencias para o conxunto da poboación, usuarios e usuarias da sanidade pública. María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde, denuncia que se racha a continuidade asistencial “porque te atende persoal de atención primaria, facultativos de familia ou persoal de enfermería diferentes cada día” e matiza que “afecta especialmente á atención primaria onde a falta de persoal provoca non só sobresaturación e listas de agarda, senón tamén impide que se realicen tarefas propias como atención domiciliaria ou traballos na comunidade importantes”.

 

Por todo iso a CIG-Saúde avoga por un sindicalismo forte que defenda non só os dereitos das traballadoras e traballadores, senón tamén os intereses das galegas e galegos e, para iso, comprométese a seguir combatendo a precariedade, as taxas de reposición, os recortes impostos polo PP e a súa política de privatizacións. Unha loita que continuará, agora co respaldo reforzado do persoal, ao que agradece que teña depositado novamente a súa confianza na organización sindical.

 

En Vigo CIG-Saúde gaña claramente en votos en Atención Primaria 

 
A reclasificación profesional e os salarios van máis alá da campaña de eleccións sindicais Imprimir
Inicio - Outras novas
Mércores, 22 Maio 2019 08:40

Reclasificación

 
CIG-SAÚDE gaña unha sentenza no TSXG que recoñece como servizos prestados o tempo de maternidade durante a reserva dun contrato de longa duración Imprimir
Inicio - Outras novas
Mércores, 15 Maio 2019 10:58

CIG informa sentenza maternidade web

 
INFORMACIÓN DA MESA SECTORIAL CELEBRADA O DÍA 3 DE MAIO DE 2019. Imprimir
Inicio - Outras novas
Mércores, 08 Maio 2019 07:13

 

1.- Dotación de prazas no ámbito de atención primaria.


 

2019

2020-2021

TOTAL

MÉDICO/A DE FAMILIA

12

68

80

PEDIATRA DE ATENCIÓN PRIMARIA

 

20

20

FARMACÉUTICO/A DE ATENCIÓN PRIMARIA

 

4

4

ENFERMEIRO/A DE ATENCIÓN PRIMARIA

25

105

130

FISIOTERAPEUTA

8

32

40

MATRÓN/A

 

20

20

TRABALLADOR/A SOCIAL

 

14

14

TOTAL

45

263

308

 

Estas son as prazas que ofreceu o Sergas e que serán aprobadas polo consello da Xunta no mes de maio. Esas vacantes ofertaranse a través da lista de contratacións no mes de xuño.

 

Dende CIG-SAÚDE rexeitamos a proposta porque non podemos verificar que o cadro que se nos presenta é un aumento de persoal na atención primaria. O SERGAS segue a actuar de mala fe negándonos a información que corresponde. Nin sequera quixeron dicirnos en que EOXI se van a cubrir as prazas do ano 2019. Na reunión anterior de mesa sectorial do día 26 de abril, solicitamos que se nos facilitara un censo de traballadores/as de atención primaria para poder comprobar as prazas vacantes producidas desde o ano 2010, as prazas cubertas en OPE e traslados e as prazas cubertas por persoal eventual. Para así poder verificar se existe un incremento real no cadro de persoal, ou se pola contra están a cubrir as prazas vacantes que se amortizaron non últimos anos.

 

Dende CIG-Saúde denunciamos as categorías que faltan e que non van ter incremento de persoal no período 2019-2021.

A meirande parte dos sindicatos aceptaron como positivo este “incremento de prazas”.

 

2.- Contrato de precari@s.


Tal e como se acordou o día 8 de abril, volven a "negociarse" na mesa sectorial as condicións laborais do contrato de precari@s.

 

O día anterior, o SERGAS convocou unha reunión con CSIF, CESM, OMEGA, UGT e SATSE, OOSS asinantes do devandito contrato e que forman parte da comisión de seguimento do mesmo.

 

Nesa reunión non fixeron ningunha interpretación do contrato, só matizaron o xa acordado, e non muda as condicións de precariedade do contrato. O mais grave é que manteñen que as novas prazas que se creen se farán no ámbito deste contrato, iso si, previo paso pola comisión de seguimento.

 

Á Mesa Sectorial traen para "negociar" un documento pechado e acordado o día anterior só para que nos sumaramos. Isto non é negociar.

 

Dende CIG-Saúde rexeitamos ese acordo porque segue a manter, entre outras cousas, a base sétima do nomeamento, que recolle que as próximas prazas se van crear neste ámbito, é dicir, prazas con máis de 1 centro e incluso que poden ser de distrito.

 

3.- Condicións laborais do persoal de PACs.

Desde CIG-SAÚDE manifestamos que estamos a agardar pola decisión do persoal de PACs. O día 8 de maio celébrase a consulta e con posterioridade teremos o resultado.

Preguntámoslle á directora de RRHH se estaría o SERGAS disposto a retirar da súa proposta o punto 4.- Computo de xornada, ao que respondeu que si. Pero que se do documento desaparece o punto 4, o SERGAS vai seguir facendo os cómputos como os fai agora, é dicir, seguirá prexudicando os/as traballadores/as.

 

4.- Outros temas.

O SERGAS comunicou aos centros que soliciten ao persoal de enfermaría que incorporen no FIDES o título de enfermeira especialista en pediatría. Está previsto que na primeira semana de xuño se convoque a comisión técnica de enfermeiras/os especialistas.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>