facebook     twitter

gripe
eu-galego
CIG-Saúde esixe do SERGAS e do Sr Feijoo que recoñeza que as medidas de conciliación tamén son para o persoal do SERGAS Imprimir
Inicio - Afiliación
Luns, 16 Marzo 2020 10:23

 cig_informa

 

O xoves 12 de marzo publicouse no DOG a Resolución da Consellaría de Presidencia e Administracións Públicas, na que se recolle o protocolo de actuación para o persoal empregado/a público/a da Administración da Xunta de Galiza en relación co coronavirus COVID-19.


Cando Función Pública decreta unha resolución coma esta, aínda que non o recolla expresamente, somos conscientes que estas medidas están dirixidas as/os empregadas/os da Administración Autonómica, das cales o persoal do SERGAS ficamos excluídas/os.

 

Entre outras medidas recolle as seguintes:
4. Persoal especialmente sensible.
Se nalgún momento as recomendacións sanitarias así o aconsellan, poderanse adoptar medidas para que o persoal especialmente sensible se poida ausentar do posto de traballo, entendendo por este o seguinte:
– Empregados/as públicos/as con patoloxías concorrentes ou enfermidades crónicas.
– Empregadas públicas embarazadas.
– Empregados/as públicos/as con fillo/s ou filla/s menores de idade ou con persoas dependentes.

 

Fronte a isto o persoal do SERGAS recibimos unha instrución do Xerente do SERGAS nas que só nos comunica, que como xa sabíamos, como persoal dun servizo esencial, de ser necesario aplicaríanse recortes nos nosos dereitos laborais tales como:


• Suspensión de días libres, vacacións, suspensións dos cómputos de xornada e incremento da mesma.


Como sempre, como durante estes 10 anos de recortes, as/os traballadoras/es da Sanidade Pública imos facer todo o posible para que as persoas reciban a mellor asistencia posible, aínda que este goberno siga recortando dereitos e cadro de persoal e nunca se lembre de devolvelos.


Só queríamos subliñar que para esta Consellaría e para o Sr Feijóo non contamos como persoas, xa que na instrución que envían non transmiten ningunha sensibilidade coas necesidades familiares que o persoal do SERGAS poida ter, xa que tamén temos fillas/os e persoas maiores ao noso cargo.

 

CIG informa