facebook     twitter

gripe
eu-galego
CIG-SAÚDE esixe do SERGAS a maior transparencia na xestión do proceso do Coronavirus. Imprimir
Inicio - Outras novas
Domingo, 08 Marzo 2020 09:34
  • Demanda información e formación para todo o persoal do SERGAS, e a dotación necesaria dos EPIs (equipos de protección individual).

 

  • Tamén esixe do SERGAS o correcto comportamento coas/os profesionais da Sanidade Pública.

 

O persoal do SERGAS está actuando, tal e como se caracterizou sempre, coa maior profesionalidade, cumprindo as indicacións das/os expertos para manterse en situación de activo e poder dar a asistencia que se requira.
Como o resto de persoas, xa hai traballadoras/es en illamento preventivo, polo tanto en situación de incapacidade laboral.
CIG-SAÚDE esiximos que esta incapacidade laboral teña a consideración de continxencia profesional a todos os efectos, dende o inicio do período de observación.
Esiximos que naquelas/es traballadoras/es que resulten infectadas/os, a situación de incapacidade teña a consideración de enfermidade profesional.
Así o comunicou a Directora de RRHH na reunión do Comité Central de Seguridade e Saúde do día de hoxe.
CIG-SAÚDE esiximos do SERGAS que todo o persoal afectado, perciba íntegras as súas retribucións. Estamos a falar das retribucións correspondentes á atención continuada: noites, domingos, festivos e gardas, que só se perciben se hai unha prestación efectiva das mesmas.

O persoal contratado que estea en illamento, e que cese no contrato, deberá ter a consideración de situación en activo, a todos os seus efectos: cómputo de servizos prestados.
Estes dúas cuestións serán abordadas na próxima Mesa Sectorial de Sanidade.
Agardamos que o SERGAS e a Consellaría de Sanidade, recoñezan o esforzo das/os profesionais, faciliten o seu traballo e non penalicen as situacións de incapacidade laboral.