facebook     twitter

gripe
eu-galego
OFERTA INTERINIDADES SELECCIÓN TEMPORAL ENFERMEIRAS E TCAE Imprimir
Contratacións - Contratacions xeral
Xoves, 19 Setembro 2019 06:34

 

NOTA INFORMATIVA XERENCIA VIGO18 de setembro 2019

 Logo-CIG-Saude-Vigo

Está prevista a próxima cobertura de 21 prazas de Enfermeira/o e 25 prazas de TCAE (técnico/a en coidados auxiliares de enfermería) mediante nomeamento de interinidade en praza vacante ou nomeamento de interinidade por substitución de titular do cadro de persoal do Complexo Hospitalario de Vigo (Hospital Alvaro Cunqueiro, Hospital Meixoeiro e Hospital Nicolás Peña). Iniciaranse na segunda quincena do mes de outubro.

 

Tamén se están a cubrir 13 prazas vacantes na categoría de Celadores/as do Complexo Hospitalario para iniciar a prestación de servizos co mes de outubro.

 

O 18 de setembro publicouse na Intranet os postos das unidades de enfermería. Así, o persoal das listas de acceso libre e de promoción interna poderán consultar os postos da súa elección antes de ser chamado/a polo seu número de orde dende o servizo de persoal (chamamentos). Os postos están en unidades como urxencias, UCI, reanimación, diálise, diversas unidades de hospitalización, pediatría e servizo de transfusións.

 

Os chamamentos comenzarán a realizarse o día 23/09/2019 co persoal dispoñible a 16/10/2019, data na que está prevista a formalización dos vínculos e comenzo da prestación. A maior parte do persoal a seleccionar xa ten prestado servizos ou está prestando neste intre cubrindo ausencias de persoal en verán.

 

 

VACANTES ENFERMEIRAS   


VACANTES TCAE