facebook     twitter

gripe
eu-galego
Milleiros de persoas toman Compostela en defensa da sanidade pública Imprimir
Inicio - Outras novas
Luns, 05 Febreiro 2018 10:14

Exixen a retirada do proxecto de modificación da Lei Galega de Saúde e o desenvolvemento da Lei de 2008.

Mani-4-feb-Santiago

Miles de persoas percorreron as rúas da capital de Galiza para manifestar o seu rexeitamento ao proxecto de modificación da Lei Galega de Saúde e en demanda de que se desenvolva a existente desde 2008. Na mobilización, convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública, exixiuse ademais que se poñan os medios para cumprir os prazos que estipula o Decreto Lei de Garantías das prestacións sanitarias e a apertura dun proceso de negociación para abordar as consecuencias do deterioro do sistema sanitario público galego, polos recortes e privatizacións.

Persoal sanitario, doentes, plataformas das áreas sanitarias afectadas polo desmantelamento dos hospitais comarcais e miles e miles de usuarios e usuarias da sanidade pública galega desprazáronse este domingo a Compostela para defender o sistema sanitario público e universal.

 

En nome da plataforma Isabel Risco, que foi a encargada de ler o manifesto, e posteriormente o seu portavoz, Manuel Martín, agradeceron ao persoal sanitario o seu labor por garantir, malia os recortes, unha asistencia sanitaria de calidade.

 

 

Enlace da da noticia e Avantar