facebook     twitter

gripe
eu-galego
INFORMACIÓN COMISIÓN CENTRAL DE CONTRATACIÓNS DO 13 DE XUÑO DE 2017. Imprimir
Contratacións - Contratacions xeral
Xoves, 15 Xuño 2017 09:55

 

Previsións de publicación das listas:

 

XUÑO

 

- Listas definitivas de calefactor/a, condutor/a, electricista, mecánico/a, fontaneiro/a e PSX.

- Apertura da primeira inscrición da categoría de Enfermeira/o especialista en Familiar e Comunitaria

- Listas provisionais de baremación de Grupo técnico e xestión da función administrativa, Técnico/a superior e grado medio de prevención de riscos laborais, e Técnico/a superior, de grado medio e especialistas en sistemas e tecnoloxías da información.

 

XULLO

 

- Listas provisionais de baremación de albanel, carpinteiro/a, costureira/o, telefonista e perruqueira/o.

 

AGOSTO

 

Non haberá publicacións neste mes.

 

SETEMBRO

 

- Listas definitivas de Psicólogo/a clínico/a, Farmacéutico/a de atención primaria, Fisioterapeuta, Logopeda, Médico/a asistencial e coordinador do 061, Médico/a do traballo, Odontólogo/a de atención primaria, Terapeuta ocupacional e Traballador/a social.

- Listas definitivas de Grupo técnico e xestión da función administrativa, Técnico/a superior e grado medio de prevención de riscos laborais, e Técnico/a superior, de grado medio e especialistas en sistemas e tecnoloxías da información.

- Listas definitivas de baremación de albanel, carpinteiro/a, costureira/o, telefonista e perruqueira/o.

 

Resolución apertura de listas de novas categorías/especialidades.

 

A Admón nos informou de que só van a abrir as listas de Enfermeira/a especialista en Familiar e Comunitaria. Como CIG-Saúde esiximos a apertura das listas de Enfermeira/o especialista en Pediatría cunto cas de Familiar e Comunitaria porque se non se estaría a agraviar a esa especialidade.

 

A Admón di que as especialistas en Pediatría xa acceden ás áreas especiais de pediatría e que polo tanto neste momento non van a abrirlle as listas.

 

Proposta de acordos

 

Apróbanse os seguintes acordos:

 

- Valoración da parte común da fase de oposición ás persoas aspirantes da quenda de promoción interna. Con isto preténdese eliminar a fórmula de corrección que se aplicaba para P.I.

 

- Baremo aplicable ás listas das especialidades de enfermeira/o especialista. Será de aplicación o baremo de matrón/a en tanto non se acorde un baremo específico para esa especialidade para a convocatoria de OPE.

 

- Renuncia sen penalización a vínculos de longa duración nas listas de ámbito autonómico nos supostos de cambio de área de preferencia. Esta foi unha proposta de CIG-Saúde que plantexaramos na comisión anterior.

 

Rogos e preguntas.

 

CIG-Saúde solicitamos que volvesen a habilitar o contabilizador dos servizos prestados no FIDES porque estaba a causar un transtorno importante as/os aspirantes. A Admón contesta que esa suma lles estaba a causar moitas reclamacións e que a/o aspirante pode solicitar os certificados de servizos prestados que considere, incluso establecendo datas de corte concretas.

 

CIG-Saúde solicitamos que cando se publiquen as listas definitivas das listas autonómicas que se poida visualizar no FIDES a dispoñibilidade nas distintas áreas de preferencia. Quedaron en que falarán co expedient-e para ver de facer sublistas por áreas de preferencia.

 

CIG-Saúde esiximos que dende a Comisión Central se defina o que significa urxente e non programado, e que traian unha proposta para a seguinte comisión. Quedaron en que o ían a valorar.

 

CIG-Saúde preguntamos se se entende como mellora de contrato que un/ha aspirante contratada/o no SERGAS renuncie para acceder a un contrato indefinido noutra Administración Pública. Entenden que a mellora de contrato é só de aplicación para o SERGAS, se a/o aspirante renuncia para irse a outra Admón ten que ser penalizada/o.

 

CIG-Saúde solicitamos información sobre os cursos para obter a licencia de operador que se ían a facer dende o SERGAS, e que era unha das nosas peticións para a sinatura do pacto de contratacións. Nos informan de que se van a facer 3 cursos a mediados de outubro en Santiago, Vigo e Ourense. Irá dirixido para TER e Enfermeiras/os tanto persoal fixo como temporal.