facebook     twitter

gripe
eu-galego
Apertura de listas de contratación de categorías de oficios Imprimir
Contratacións - Contratacions xeral
Venres, 24 Marzo 2017 11:49

 

Publicouse o venres 24 de marzo a resolución que abre o prazo de inscrición para as listas das categorías de Telefonista, Albanel, Carpinteiro/a, Costureiro/a e Perruqueiro/a.

Contratacion

  • RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito das institucións sanitarias do Sistema público de saúde de Galicia. Descargar PDF

 

Para esta primeira xeración de listas, poderanse formalizar as solicitudes desde mañá ata o 25 de abril de 2017, ambos incluídos. Os méritos computables serán os causados ata o 10 de abril de 2017 e que consten acreditados na data límite de finalización do prazo de presentación de solicitudes.