facebook     twitter

gripe
eu-galego
Información Comisión Central de Contratacións do 24 de febreiro Imprimir
Contratacións - Contratacions xeral
Luns, 27 Febreiro 2017 07:42


Previsión de publicacións.


Por fin aceptan publicar entre marzo e abril a primeira inscrición das categorías de albanel, carpinteiro/a, perruqueira/o, telefonista e costureira/o, que son as categorías que tiveron OPE no 2009 e que, segundo eles, tiveron chamamentos.

 

Queda sen actualizar a categoría de pintor/a.

 

Dende CIG-Saúde solicitamos a apertura das listas das especialidades de Enfermaría, a Admón indica que están traballando na súa próxima apertura, sen dar previsión de data.

 

Marzo:

- Publicación das listas provisionais das categorías de enfermaría (Enfermeira/o, Enfermeira Especialista en Saúde Mental, Enfermeira Especialista en Obstetricia e Xinecoloxía, Enfermeira Especialista do Traballo, Enfermeira do 061), Médica/o de Familia, Médica/o de Urxencias Hospitalaria e Pediatra de Atención Primaria.

 

- Publicación das listas definitivas das categorías de Técnicas/os superiores sanitarias/os, TCAE e Técnica/o de Farmacia. (2ª quincena)

- Publicación das listas provisionais da Lei 17 (Saúde Pública) na primeira quincena.

 

Abril:

 

- Publicación das listas provisionais de PSX, Calefactor/a, Condutor/a, Electricista/a, Fontaneiro/a e Mecánico/a.

 

Maio:

 

- Publicación das listas definitivas de enfermaría (Enfermeira/o, Enfermeira Especialista en Saúde Mental, Enfermeira Especialista en Obstetricia e Xinecoloxía, Enfermeira Especialista do Traballo e Enfermeira do 061), Médica/o de Familia, Médica/o de Urxencias Hospitalaria e Pediatra de Atención Primaria.

 

 

Provisionais de Psicóloga/o Clínica/o, Farmacéutica/o de Atención Primaria, Fisioterapeuta, Logopeda, Médico/a Coordinador/a do 061, Médica/o Asistencial do 061, Médica/o do Traballo, Odontóloga/o, Terapeuta ocupacional e Traballador/a social.