facebook     twitter

gripe
eu-galego
Publicadas baremacións provisionais de listas de contratación das categorías de Técnicos/as Imprimir
Contratacións - Contratacions xeral
Martes, 31 Xaneiro 2017 11:33

Contratacion

Publícase o martes 31 de xaneiro no DOG a resolución que dá publicidade ás baremacións provisionais das listas de contratación de varias categorías de Técnico/a: técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en dietética e nutrición, técnico/a superior en documentación sanitaria, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en radioterapia, técnico/a en farmacia e técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

 

  • RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario. Listas de contratación, puntuacións provisionais (categorías de Técnicos/as) Descargar PDF

Contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez días hábiles contados a partir de mañá.
.
As baremacións provisionais poden verse na páxina do SERGAS.